2011/12/29

Consello da Xunta do 29 de decembro de 2011


A XUNTA CREA O INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO PARA REFORZAR O LABOR DE ASESORAMENTO AOS CONCELLOS E AOS CIDADÁNS EN MATERIA DE URBANISMO E PROTECCIÓN DA PAISAXE

  • Neste organismo integraranse a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, e oSistema de Información Territorial de Galicia (SITGA), o que redundará nunha mayor eficacia na  xestión e un aforro económico de máis de 3 millóns de euros, evitando duplicidades innecesarias
  • O Instituto representa un novo avance do Goberno galego en prol da protección, mellora e ordenación do territorio galego, ao tempo que se da resposta ao mandato legal incluído na Lei de ordenación do territorio e Galicia

O Consello da Xunta na súa reunión de hoxe aprobou o decreto polo que se aproban os estatutos do Instituto de Estudos do Territorio, que o Goberno galego prevé poñer en funcionamento no ano 2012. Trátase dun organismo autónomo que dependerá da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, departamento que crea este instituto para reforzar o labor de asesoramento aos concellos en materia de urbanismo, así como unha resposta áxil e eficaz, a través da utilización eficiente dos recursos públicos, ás necesidades dos cidadáns e dos equipos técnicos que traballan en cuestións relacionadas co territorio e a paisaxe.

Coa constitución deste ente non se incrementará o gasto de persoal e mellorarase a eficiencia e a organización administrativa, evitando duplicidades innecesarias. O instituto integrará a actual Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, a Subdirección de Sistemas de Información Territorial de Galicia (é dicir, o SITGA, ata o de agora incluído na Sociedade de Desenvolvemento Comarcal) e a Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartográfica. Así mesmo, no seo do instituto crearase o Observatorio Galego da Paisaxe.

Ademais, coa proposta elaborada estímanse importantes aforros na xestión da información do territorio, dotando a propia Xunta de Galicia, os concellos galegos e os cidadáns, dunha ferramenta necesaria para unha xestión dinámica e eficiente deste.

A incorporación do equipo técnico do SITGA fará posible a realización de traballos de produción, mantemento e actualización das bases cartográficas oficiais da Xunta de Galicia. Estas tarefas producirán un aforro de máis do 30% (estimados nuns 3 millóns de euros en catro anos) na elaboración dos datos e dun 80% na actualización continua destes.

A nova composición implica a modificación da actual estrutura tanto da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe como da Sociedade de Desenvolvemento Comarcal na procura dunha maior eficiencia na súa organización e para evitar a duplicidade de servizos, sen que iso supoña un incremento de gasto de persoal.

Este novo ente constitúe un novo avance do Goberno galego en prol da protección, mellora e ordenación do territorio galego, e unha aposta clara pola eficiencia, o aforro e a sustentabilidade.

Natureza e funcións
O Instituto de Estudos do Territorio crearase como organismo autónomo de carácter administrativo que ten por obxecto a análise, o estudo e o asesoramento das administracións autonómica e municipal en materia de urbanismo, a ordenación do territorio e a protección e xestión da paisaxe. Entre as súas funcións destacan:
  •  Realizar traballos de investigación, análise, estudo e difusión sobre urbanismo e ordenación do territorio.
  • Prestarlles asistencia e asesoramento aos concellos de Galicia para a elaboración do planeamento urbanístico e a xestión e execución do planeamento.
  • Prestarlle apoio á consellaría competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio.
  • A compilación e o tratamento da información do territorio galego, así como a produción cartográfica para as diferentes consellerías e organismos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os órganos de goberno deste organismo serán a Presidencia, que lle corresponderá á persoa titular da consellería competente en materia de ordenación do territorio e ubanismo; e o Consello Reitor, que é o órgano colexiado de goberno integrado pola presidencia, vicepresidencia, secretaría e sete vogais.

En relación coa súa estrutura administrativa destacan o Departamento Xestión Xurídico- Administrativa, que centralizará todo o labor relativo á dita denominación; e o Departamento Técnico de Estudos, no que se integrarán o Servizo de Planificación da Paisaxe, o Servizo de Coordinación e Información Territorial e o Servizo de Estudos respectivamente.

O nacemento do Instituto de Estudos do Territorio obedece á necesidade de dar resposta ao mandato legal inserto na Lei de ordenación do territorio de Galicia. Porén, o cumprimento deste mandato legal faise tendo en conta a oportunidade que supón a aprobación das directrices de Ordenación do Territorio e do Plan de Ordenación do Litoral e a Estratexia Galega da Paisaxe que durante estes dous últimos anos realizou a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe coa estreita colaboración da Subdirección de Sistemas de Información Territorial de Galicia da Sociedade de Desenvolvemento Comarcal.

2011/12/28

NOTA INFORMATIVA






Nota informativa das reunións celebradas o dia 27 de decembro nas dependencias da Barcia é na consellería do Medio Rural




A) Reunión na Sociedade Comarcal

O Director Xerente convoca ao Comité de Empresa para facer entrega do borrador da "Proposta de Resolución Conxunta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e do Medio Rural, pola que se concretran os postos de traballo que se adscriben ao organismos autónomo Instituto de Estudos do Territorio e á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural procedentes da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia e do Bantegal"
 
B) Reunión en MEDIO RURAL

Dende as Consellerías do Medio Ambiente e Medio Rural, convocouse as centrais sindicais para presentarlles a " Proposta de Resolución Conxunta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e do Medio Rural, pola que se concretran os postos de traballo que se adscriben ao organismos autónomo Instituto de Estudos do Territorio e á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural procedentes da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia e do Bantegal"
A esta reunión asistiron tres representantes do Comité de empresa de SODECO, un por cada sindicato, en calidade de "asesores"

Pola administración estaban presentes O Secretario Xeral do Medio Rural e o Vicesecretario Xeral de Medio Ambiente

RESUMO:



1.- Entrega do novo borrador da proposta (achégase copia)



2.- O Secretario do Medio Rural di que o "decreto polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio", se aprobará o dia 29 de decembro no consello da Xunta.



3.- Convocase a unha comisión para o venres 30 que analizará a "proposta de resolución conxunta" das consellerías, onde as centrais sindicais designarán a un representante, podendo facer comentarios ou alegacións sobre o texto.



4.- Unha vez publicado o "decreto dos estatutos do Instituto", constituirase unha "comisión de valoración", como se di na disposición adicional sexta punto catro.

Non se establece data para isto.




5.- A resolución da proposta terá que ser notificada aos interesados comunicandolles a súa adscrición





6.- Logo se dará opción de integración ao persoal laboral fixo (tampouco hai data), o resto de persoal o asumen directamente os novos entes.



7.- Tamen  se nos di que se asumen todos os obra e servizo como persoal indefinido non fixo, como asi aparece nos anexos do borrador da proposta de resolución conxunta.



8.- En resumen, que unha vez publicado o "decreto polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio", este desenvolverase segundo di o seu articulado e disposicións.

2011/12/19

COMUNICADO DE APOIO AOS AFECTADOS POLOS RECORTES DO CONCELLO DE AMES



O grupo CIG do Comité de Empresa da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia amosa o seu apoio aos traballadores/as do Concello de Ames afectados pola persecución que sofren polo goberno municipal mediante unha suposta regulación laboral que pon en risco os seus postos de traballo.

2011/12/16

CONVOCATORIA DE ASAMBLEA


Recibida autorización para celebrar Asamblea de traballadores da Sociedade, o Comité de Empresa convócavos a todos o vindeiro martes 20 de decembro ás 12.00 horas na Sala de Xuntas da Sociedade.

Orde do día:

1.- Análise do estado actual da disolución da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.
2.- Achegas e Preguntas.

Comité de Empresa, 16 de decembro de 2011


2011/12/01

INSITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO, AUGAS DE GALIZA E RPT DO IGC



Nacional - Mesas negociación e órganos representación

Escrito por Alexandre Prieto  
Xoves, 01 Decembro 2011 14:34


O mércores 30 de novembro discutimos na Mesa Xeral de Empregados Públicos unha modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego de Consumo, así como os decretos de creación e estatutos de dous novos entes: o Instituto de Estudos do Territorio (IET) e Augas de Galiza (con nova forma xurídica).

 

Instituto de Estudos do Territorio

O IET nace como organismo autónomo, con persoal funcionario e laboral transferido da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe que manterán o seu actual vínculo xurídico con Función Pública. Para eles, reclamamos máis seguridade coa inclusión explícita de que seguirá a ser persoal funcionario ou laboral da Xunta, non do ente. 

Tamén adscriben ao novo ente parte do persoal da Sociedade Galega para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza (SODECO) e do Banco de Terras (outros irán para a futura AGADER), quedando pendente o seu vínculo xurídico do futuro decreto marco de integración, inda que o actual texto xa nos indica cal vai ser o camiño.

Cremos fundamental o rescate dos servizos públicos que se prestan dende fora da Administración Xeral e finiquitar os chiringuitos, polo que a forma de "organismo autónomo" non a rexeitamos. Non queremos que coa desculpa da adscrición do persoal dos entes haxa perda de postos de traballo, polo que reclamamos ampliar as competencias da comisión paritaria de valoración que vai actuar sobre a futura relación de postos de traballo.

Reclamamos a creación dun órgano paritario, inda que so sexa consultivo, para informar sobre os contratos de asistencias técnicas que se vaian producir, pois estamos fartos de trapalladas e sentenzas xudiciais.
Os demais sindicatos centran a súa intervención na conveniencia de que primeiro se aprobe o futuro decreto marco de integración.

 

Augas de Galiza

Neste caso o cambio é a pior. Refunden nun único ente o actual organismo autónomo Augas de Galiza coa Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH), pero dandolle forma xurídica de empresa pública, polo que esto supón unha nova fuxida da Administración Xeral.

O actual persoal de Augas de Galiza non vai perder o seu vínculo xurídico con Función Pública, e do que ven da EPOSH, está por ver o que di o futuro decreto marco de integración, inda que xa o podemos deducir do decreto e estatutos que nos presentan.

O que nos chama a atención neste caso é que crean un Complemento Persoal Transitorio (CPT) para o persoal que veña transferido da actual EPOSH, o que supón unha garantía de que as súas retribucións non van minguar.

Fixemos memoria das veces en que Función Pública negou a posibilidade da de crear un CPT noutras situacións, e alucinamos de que agora si garantan as retribucións. Sendo mal pensados, e sabendo que o actual presidente de Augas de Galiza é persoal da EPOSH, a cabeza vaisenos a que o presidente actual de Augas quere garantir as suas propias retribucións no novo ente. 

Reclamamos a Función Pública que de manter a intención da consellaría en garantir as retribucións, que o fagan en sentido contrario, equiparando as retribucións do persoal funcionario e laboral da Xunta co persoal dos extintos entes.

O Director Xeral de Función Pública asegurounos que este tema o están a ver na asesoría xurídica, e que nos dará unha resposta o venres, indicando que o que se acorde irá recollido no futuro decreto marco de integración, extensíbel á totalidade de novos entes. 

Novamente reclamamos a creación dun órgano paritario, inda que so sexa de consulta, para informar sobre os contratos de asistencias técnicas que se vaian producir, pois estamos fartos de trapalladas e sentenzas xudiciais.

 

Relación de Postos de Traballo do Instituto Galego de Consumo

Preséntannos unha modificación parcial deste organismo, que en grandes liñas resumimos en:
  • Pechan todas as prazas da RPT para ser cubertas exclusivamente por persoal da Administración da Xunta de Galiza, co que estamos conformes.
  • Como non podía ser doutro xeito (advertimos que iriamos ao xulgado), bótanse atrás na súa intención de crear un complemento de singularidade a unha plaza concreta ocupada.
  • Defendimos sen éxito que o posto da sección de habilitación non debe ser de libre designación.
  • Denunciamos que a maior parte do traballo da Escola Galega de Consumo o están a delegar en asistencias técnicas, e nos opuxemos, tamén sen éxito, á supresión da praza non vacante por concurso asociada a esta unidade administrativa para crear un posto de libre designación e maior nivel (para esto non hai austeridade).
  • Seguen a xustificar o mantemento de requisitos imprescindíbeis de licenciatura en dereito para determinados postos.
  • Denunciamos que non é de recibo modificar unha RPT para satisfacer intereses persoais de localidade como sospeitamos que ocorre en postos de inspección e subinspección.
  • E rematamos coa nosa crítica á infradotación dos servizos periféricos, en especial Lugo e Ourense.

 

Rematando

O venres van á Comisión de Persoal (derradeiro órgano con representación sindical), estes asuntos, polo que en poucos días estará publicado no DOG.

COMISION DE PERSOAL EXTRAORDINARIA



Comisión de Persoal Extraordinaria 

Venres, 2. Decembro 2011, 14:00 

  • RPT do Instituto Galego de Consumo 
  • Estatutos do Instituto de Estudos do Territorio 
  • Estatutos do novo ente de Aguas de Galicia 
  • Proxeto de Orde de notificación telemática das nóminas do persoal da Xunta 

Lugar : Sala Manuel Colmeiro, EGAP, Santiago de Compostela

2011/11/29

CONVOCATORIA DA MESA XERAL EXTRAORDINARIA PARA O 30/11/2011




Nacional - Mesas negociación e órganos representación 
 
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo   
Luns, 28 Novembro 2011 20:37 
A Dirección Xeral da Función Pública vén de convocar unha xuntanza extraordinaria da mesa xeral de empregados públicos coa seguinte orde do día:

1.- Proposta de modificación da RPT do Instituto Galego de Consumo (descargar documentación)
2.- Proxecto de estatutos do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio (descargar documentación)
3.- Proxecto de decreto polo que se aproba o Estatuto de Augas de Galicia. (descargar documentación). A documentación deste punto xa foi para a mesa xeral prevista inicialmente para o 28/10/2011.

Podedes achegarnos as vosas consideracións a través do correo autonomica@cigadmon.org
Descargar a convocatoria da mesa xeral extraordinaria

2011/11/28

RESUMO DAS ÚLTIMAS NOTICIAS DO INSTITUTO DE ESTUDIOS DEL TERRITORIO

 

Xunta:

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas1


Prensa:

El Correo Gallego


PARLAMENTO 25/11/2011

1.7 08/POC-8540 (73331)
(PP).- Rodríguez González, Román
(PP).- Castiñeira Broz, Jaime
(PP).- Gómez Alonso, Alejandro
(PP).- Oubiña Solla, Rosa
(PP).- Goldar Güimil, Jesús Antonio
(PP).- Moreira Ferro, Jacobo

Sobre a oportunidade e as consecuencias prácticas da creación do Instituto de Estudos do Territorio, o incremento de persoal ao servizo da Administración autonómica que vai supor e o papel que vai desempeñar na protección e mellora paisaxística de Galicia
  • Publicación da iniciativa, BOPG núm. 579, do 14.11.2011
http://www.parlamentodegalicia.com/sites/ParlamentoGalicia/ContenidoGal/pargal_HoxeNoParGal.aspx?day=25/11/2011


Orde do dia: http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/AxendaParlamentaria/comision2_25112011.pdf
Documentación: http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/AxendaParlamentaria/documentacion_comision2_25112011.pdf


Rexistro: http://www.parlamentodegalicia.es/axenda/rexistro.aspx?numRexi=0873331K

BOPG 14/11/2011: http://www.parlamentodegalicia.com/sites/ParlamentoGalicia/BibliotecaBoletinsOficiais/B80579_2.pdf

O INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO NACERÁ EN 2012 COMO UNHA FERRAMENTA EFICAZ E ÁXIL PARA PROPORCIONAR INFORMACIÓN A CIDADÁNS, EQUIPOS TÉCNICOS E CONCELLOS

Data: 25/11/2011 

O INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO NACERÁ EN 2012 COMO UNHA FERRAMENTA EFICAZ E ÁXIL PARA PROPORCIONAR INFORMACIÓN A CIDADÁNS, EQUIPOS TÉCNICOS E CONCELLOS 

Santiago, 25 de novembro de 2011.

O Instituto de Estudos do Territorio nacerá o ano que vén coa vocación de dar unha resposta áxil e eficaz ás necesidades dos cidadáns, equipos técnicos e concellos en relación ao territorio e á paisaxe a través da utilización eficiente dos recursos públicos. 

Segundo explicou hoxe en comisión parlamentaria o director xeral de Sostibilidade e Paisaxe, Manuel Borobio, coa constitución deste ente non se incrementará o gasto de persoal e mellorarase a eficiencia e a organización administrativa, evitando duplicidades innecesarias. O Instituto integrará a actual Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, a Subdirección de Sistemas de Información Territorial de Galicia (é dicir, o SITGA, ata o de agora incluído na Sociedade de Desenvolvemento Comarcal) e a Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartográfica. Así mesmo, no seo do Instituto crearase o Observatorio Galego da Paisaxe. 

Ademais, coa proposta elaborada estímanse importantes aforros na xestión da información do territorio, "dotando á propia Xunta de Galicia, aos concellos galegos e aos cidadáns, dunha ferramenta necesaria para unha xestión dinámica e eficiente do mesmo", segundo subliñou Borobio. 

A incorporación do equipo técnico do SITGA fará posible a realización de traballos de produción, mantemento e actualización das bases cartográficas oficiais da Xunta de Galicia. Estas tarefas producirán un aforro, segundo indicou Borobio de máis do 30% (estimados nuns 3 millóns de euros en catro anos) na elaboración dos datos e dun 80% na actualización continua destes. 

O Instituto de Estudos do Territorio créase como organismo autónomo de carácter administrativo que ten por obxecto a análise, o estudo e o asesoramento das administracións autonómica e municipal en materia de urbanismo e ordenación do territorio entendéndose comprendida nela a ordenación, protección e xestión da paisaxe. 

Segundo indicou Manuel Borobio, as funcións do Instituto de Estudos do Territorio serán as seguintes: 
  • Realizar traballos de investigación, análise, estudo e difusión sobre urbanismo e ordenación do territorio.
  • Prestarlles asistencia e asesoramento aos concellos de Galicia para a elaboración do planeamento urbanístico e a xestión e execución do planeamento. 
  • Prestarlle apoio á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio. 
  • A recompilación e o tratamento da información do territorio galego, así como a produción cartográfica para as diferentes consellerías e organismos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia. 
Durante a súa intervención, Borobio explicou que o nacemento do Instituto de Estudos do Territorio obedece á necesidade de dar resposta ao mandato legal inserto na Lei de Ordenación do Territorio e Galicia. Porén o cumprimento deste mandato legal faise tendo en conta a oportunidade que supón a recente aprobación das Directrices de Ordenación do Territorio e do Plan de Ordenación do Litoral e a Estratexia Galega da Paisaxe que durante estes dous últimos anos realizou a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe coa estreita colaboración da Subdirección de Sistemas de Información Territorial de Galicia da Sociedade de Desenvolvemento Comarcal. 

Por último, o director xeral explicou que este novo ente constitúe un paso máis que dende o Goberno "estamos a dar para a Protección, Mellora e Ordenación do noso territorio, desde unha aposta clara pola eficiencia, aforro e sostibilidade cara a un novo modelo de gobernanza do noso territorio e as nosas paisaxes".

FONTE  Xunta de Galicia.

LA XUNTA CREARÁ EN 2012 EL INSTITUTO DE ESTUDIOS DEL TERRITORIO



El director xeral de Sostibilidade e Paisaxe, Manuel Borobio, ha anunciado este viernes que el año próximo se creará el Instituto de Estudios del Territorio, que supondrá un ahorro estimado de tres millones de euros cada cuatro años. 

Este ahorro, según ha explicado en comisión parlamentaria, preguntado por el diputado del PP Román Rodríguez, se consigue después de integrar la Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, la Subdirección de Sistemas de Información Territorial de Galicia y la Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartográfica. 

Con esta unión, según sus palabras, se logrará un ahorro del 30 por ciento en la realización de trabajos de producción, mantenimiento y actualización de las bases cartográficas oficiales de la Xunta --unos tres millones de euros cada cuatro años-- y de "hasta un 80 por ciento" en la actualización de los datos. 

Además, ha destacado que la constitución de este ente --dentro del cual se creará el Observatorio Galego da Paisaxe-- "no supondrá un incremento del gasto de personal" y sí "un ahorro" en términos de gestión, ya que "se mejorará la eficiencia y la organización administrativa" al "evitar duplicidades". 

Entre sus funciones, estará realizar trabajos de investigación y difusión sobre urbanismo y ordenación del territorio y prestar asesoramiento y asistencia a los ayuntamientos para elaborar su planeamiento urbanístico, así como producir cartografía para las diferentes consellerías y organismos públicos de Galicia. 

"RETRASO" EN LOS PLANES ZONALES RURALES 
Por otra parte, en la citada comisión, se debatió sobre la negativa de la Xunta a impulsar los planes de zona de Galicia que parten de la Ley estatal para el Desarrollo Sostenible del Medio Rural de la mano de la diputada socialista Carmen Gallego. "Es el primer intento de hacer una política rural de Estado", ha destacado. 

Enfrente, el director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, ha negado que exista "retraso" en su puesta en marcha y, al contrario, ha asegurado que "sólo" Galicia y La Rioja están en condiciones de comenzar su desarrollo. Dicho esto, ha indicado que la Xunta está pendiente de que el Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino dé la conformidad a sus planes. 

Sin embargo, la parlamentaria socialista ha señalado que comunidades como Aragón, Navarra y Asturias tienen sus planes aprobados "desde febrero" y, frente a las críticas al Ejecutivo central, ha recordado al alto cargo de la Consellería de Medio Rural que su partido tendrá dentro de poco "poder plenipotenciario" para aprobar estos planes e "incrementar" su dotación económica. 

Por último, ha acusado a la Xunta de presentar proyectos sólo para ayuntamientos "liderados por el PP" porque sus dirigentes "ni creen en esta ley ni en el futuro del medio rural" gallego.

FUENTE El Correo Gallego 26/11/2011

2011/11/03

NOTA INFORMATIVA 02/11/2011



O Comité de Empresa foi convocado hoxe mércores 2 de novembro ás 12:00 polo Director Xerente a unha reunión, a petición do propio Comité, na que se nos informou do seguinte: 

Disolución de SODECO: 
  • O 13 de outubro o consello da Xunta autorizou a disolución de SODECO
  • O 11 de novembro é a data prevista para a vindeira reunión do Consello de Administración de SODECO
  • Posteriormente se convocará de novo ao Comité para comunicar o procedemento a seguir na disolución da S.A. para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia

Formación:

O venres 4 de novembro se entregará ao Comité a proposta de cursos de formación para poder realizalos antes de que remate este ano 2011.

2011/11/02

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO 28 DE OUTUBRO DE 2011



ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA
DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL 
DE GALICIA DO 28 DE OUTUBRO DE 2011 
ACTA 5/2011 

PROVISIONAL


ASISTENTES: 

Pola CIG: 
Manuel Jorge Dorrego Taín Gonzalo
González Bernárdez
Roberto Blanco Martínez

Por UGT: 
Dominique Aller González
Inmaculada Serantes Duran María
Elena Bernárdez López

Por CCOO: 
María Dolores Rodríguez Campos

En Santiago de Compostela, sendo as 13:00 horas do día 28 de outubro de 2011, reúnese en sesión ordinaria o Pleno do Comité de Empresa no centro de traballo da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia coa asistencia das persoas anteriormente relacionadas, segundo a seguinte orde do día:

Punto primeiro.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
Punto segundo.- Proposta de solicitude de información do estado do Decreto que desenvolve a Lei 15/2010 no que afecta a SODECO. Debate e aprobación, se procede
Punto terceiro.- Proposta de solicitude de información sobre o Plan de Formación 2011 e demais información laboral pendente. Debate e aprobación, se procede
Punto cuarto.- Achegas e preguntas


Punto primeiro:
Foi lida e aprobada por unanimidade a acta da reunión anterior.

Punto segundo:
M.J. Dorrego expón que este punto é xa unha reiteración de peticións anteriores, coa diferenza de que agora xa están aprobados os orzamentos e neles xa non figura SODECO. Acórdase por unanimidade solicitar información do proceso ao Director Xerente.

Punto terceiro:
Acórdase por unanimidade solicitar por escrito ao Director Xerente a información laboral pendente así como o estado do Plan de Formación 2011.


Punto cuarto:
Non se formularon achegas nin preguntas.

2011/10/24

LEI 37/2007 DO 16 DE NOVEMBRO SOBRE REUTILIZACIÓN DA INFORMACIÓN DO SECTOR PÚBLICO



LEI 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector publico.


APERTURA DE DATOS PÚBLICOS DE LA ADMINISTRACIÓN GENERAL DEL ESTADO

  • Se regula la reutilización de la información pública, que favorecerá la creación de nuevos productos y servicios en el sector de contenidos digitales y contribuirá a la transparencia en la actuación de las Administraciones públicas. 
  • Con esta nueva regulación, España se sitúa al nivel de países de vanguardia en la apertura de datos públicos, como Estados Unidos o Reino Unido, al tiempo que se favorece el crecimiento del sector de las empresas que reutilizan información, que facturó entre 550 y 650 millones de euros en 2010. 

El Consejo de Ministros ha aprobado un Real Decreto por el que se desarrolla la Ley sobre reutilización de la información del sector público, para el sector público estatal. 

El objetivo del Real Decreto es situar a España al nivel de países de vanguardia en esta materia de apertura de datos públicos, como Estados Unidos o Reino Unido, con lo que se favorece la creación de nuevos productos y servicios de valor añadido en el sector de los contenidos digitales y se contribuye a la transparencia en la actuación de las Administraciones públicas, como principio básico de la democracia. 

Además, se potencia el crecimiento del sector infomediario (empresas que reutilizan información) en España, que desarrolla nuevos productos y servicios mediante la reutilización de la información pública y que ha alcanzado en 2010 un volumen de negocio que se sitúa entre 550 y 650 millones de euros, dando empleo directo a entre 5.000 y 5.500 trabajadores. 

El Real Decreto da respuesta a las necesidades de desarrollo normativo detectadas tras los primeros años de vigencia de la Ley sobre reutilización de la información del sector público, en el curso de la implementación del Proyecto Aporta (www.aporta.es). En este sentido, el Real Decreto detalla para la Administración General del Estado las disposiciones de la citada Ley, contemplando el régimen para el uso por parte de terceros de la información que obra en poder del sector público para fines comerciales o no comerciales, en un marco de libre competencia. 

Información potencialmente reutilizable 

El sector público produce información que es potencialmente reutilizable por los ciudadanos y por la industria de contenidos digitales, como, por ejemplo, información social, económica, geográfica, estadística, meteorológica, turística y sobre educación. 

El Real Decreto precisa las obligaciones de las Administraciones y organismos del sector público estatal para promover la reutilización de la información. En particular, autoriza con carácter general la reutilización de la información disponible en la Administración General del Estado y define las responsabilidades en materia de reutilización de la información en cada organismo público, siendo plenamente respetuosa con la normativa de protección de datos personales. 

El Real Decreto también establece normativamente un Catálogo de Información Pública reutilizable, creado en el marco del Proyecto Aporta (www.aporta.es), que permite acceder desde un único punto a los distintos recursos de información pública, en principio, en el ámbito de la Administración General del Estado. 

Modalidades de reutilización 

En cuanto a las modalidades de reutilización, la regla general será la puesta a disposición sin sujeción a condiciones específicas y serán aplicables unas condiciones generales previstas en el Real Decreto. No obstante, se permite que los ministerios y organismos que así lo deseen establezcan condiciones específicas cuando lo consideren necesario. 

En definitiva, gracias a este Real Decreto, las empresas y ciudadanos sabrán con certeza que, en general, los datos públicos son reutilizables, podrán localizar con facilidad dichos datos a través del Catálogo de Información Pública y contarán con condiciones claras y sencillas para la reutilización de la información. 

Proyecto Aporta 

El Ministerio de Industria, Turismo y Comercio y el Ministerio de Política Territorial y Administración Pública desarrollan desde el año 2009 el Proyecto Aporta, que promueve una cultura de reutilización de la información en el ámbito de la Administración pública. Desde su puesta en marcha ha llevado a cabo diferentes actuaciones de concienciación e impulso de la reutilización, a través de jornadas de formación y conferencias. 

A lo largo de 2009, 2010 y el primer semestre de 2011, han participado en estos eventos de difusión más de ochocientas personas de todos los sectores implicados, consiguiendo aumentar el interés por la reutilización de la información del sector público. Asimismo, el portal www.aporta.es se ha constituido como punto de encuentro entre todos los interesados en la reutilización de la información del sector público, en particular, a través de su blog y sus herramientas web 2.0.

2011/10/18

EXTRACTO BORRADOR ANTEPROXECTO LEI ORZAMENTOS Titulo II Gastos de persoal

Extracto Borrador Anteproxecto Lei Orzamentos Titulo II Gastos de persoal

A Xunta ven de presentar este luns 17 de outubro de 2011 aos sindicatos nunha Mesa Xeral Extraordinaria o Anteproxecto de Lei de Orzamentos de 2010 no seu Capítulo I, de retribucións do persoal.

No que afecta a SODECO, recollesenos na Disposición Adicional Duodécima e na Disposición Transitoria Terceira.

Previsiblemente este Anteproxecto de Lei de Orzamentos será aprobado hoxe martes 18 de outubro nun Consello da Xunta Extraordinario.

Deixámosvos o texto para a súa descarga.


2011/07/15

PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE APROBAN OS ESTATUTOS DO INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO

 Descarga

Proxecto de decreto polo que se aproban os estatutos do Instituto de Estudos do Territorio


Órgano administrativo:
Direccion Xeral de Sostibilidade e Paisaxe.
Obxecto:
Aprobar os Estatutos polo que debe rexerse a entidade Instituto de Estudos do Territorio , previsto na Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, de acordo co mandato legal contido no artigo 31 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, crea o Instituto de Estudos do Territorio

Estado de tramitación:
Trámite de audiencia.
Forma de remitir as suxestións:
As suxestións poderán ser formuladas ben vía telemática a través desta páxina web ben mediante escrito dirixido á Direccion Xeral de Sostibilidade e Paisaxe. da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras que poderá presentarse en calesquera dos lugares establecidos no artigo 38.4 da lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. 

Para enviar o formulario por correo ordinario debe vostede remitilo á:
Direccion Xeral de Sostibilidade e Paisaxe.
Consellería de MedioAmbiente, Territorio e Infraestruturas, San Lazaro, 15781 Santiago de Compostela.

Formulario
de suxestión, proposición ou recomendación respecto a esta disposición. Ir a >>



Documentación adicional
Noticias

2011/07/11

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO 7 DE XULLO DE 2011

 .
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA
DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL
DE GALICIA DO 7 DE XULLO DE 2011
ACTA 4/2011

PROVISIONAL

ASISTENTES:

Pola CIG:
Manuel Jorge Dorrego Taín
Roberto Blanco Martínez
Carolina Sevilla Carbón
Ana Isabel Paz Villar

Por UGT:
María Elena Bernárdez López

Por CCOO:
María Dolores Rodríguez Campos

En Santiago de Compostela, sendo as 12:00 horas do día 7 de xullo de 2011, reúnese en sesión ordinaria o Pleno do Comité de Empresa no centro de traballo da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia coa asistencia das persoas anteriormente relacionadas segundo a seguinte orde do día:

Punto primeiro.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
Punto segundo.- Proposta de solicitude de información do estado do Decreto que desenvolve a Lei 15/2010 no que afecta a SODECO. Debate e aprobación, se procede
Punto terceiro.- Proposta de solicitude de información relativa ao peche actual do Centro Comarcal da Paradanta. Debate e aprobación, se procede
Punto cuarto.- "Confidencial"
Punto quinto.- Achegas e preguntas

Punto primeiro:
Foi lida e aprobada por unanimidade a acta da reunión anterior.

Punto segundo:
CIG propón solicitar información sobre o estado de desenvolvemento da Lei 15/2010. Acórdase por unanimidade solicitar esta información ao Director Xerente. 

María Dolores Rodríguez propón incluír na solicitude ao Director Xerente información relativa ao último Consello de Administración celebrado o pasado 9 de xuño. Apróbase por unanimidade.

María Elena Bernárdez propón incluír na solicitude ao Director Xerente que se axilice o proceso de desenvolvemento da Lei 15/2010 no que afecta a SODECO. Apróbase por unanimidade.

Punto terceiro:
Ana Isabel Paz expón que o Centro Comarcal da Paradanta leva sobre tres meses pechado no que respecta ás actividades de SODECO debido ás baixas laborais das dúas xestoras. CIG propón solicitar información dos motivos desta situación e previsión de cobertura destes postos de traballo. Acórdase por unanimidade solicitar esta información ao Director Xerente.

Punto cuarto:
"Confidencial"

Punto quinto:
Non se formularon achegas nin preguntas.

Dáse por finalizada a sesión ás 13:00h. En proba de conformidade todos os asistentes asinan a
presente Acta no lugar e data recollidos no encabezamento desta.

2011/06/21

EL PLAN DE REACIONALIZACIÓN NO AFECTARÁ A 40 ORGANISMOS Y SOCIEDADES PUBLICAS

El plan de racionalización no afectará a 40 organismos y sociedades públicas

La Voz de Galicia / 21/6/2011

La iniciativa desplegada por la Xunta para reducir su censo de fundaciones y sociedades públicas no afectará a todos los órganos autónomos. El proceso, con 64 entes ya evaluados en la primera etapa y 52 que están siendo examinados en la segunda, dejará fuera a 41 organismos en los que las consellerías entienden que no hay «marxe de mellora».

Esa relación incluye a los entes que el Gobierno de Feijoo considera imprescindibles, como el Servizo Galego de Saúde (Sergas), el Consello da Cultura Galega, la Real Academia Galega, la Xefatura da Policía Autonómica de Galicia, la Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, el Instituto Galego de Estatística (IGE), el Igape, el Consello Galego de Relacións Laborais, el Instituto Enerxético de Galicia (Inega) y, entre otros, la Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, que permitió cerrar 34 fundaciones comarcales.

Con todo, algunos entes que no serán objeto de examen ya están sentenciados. Así sucede con el actual organismo Augas de Galicia y con la Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, que de acuerdo con la ley sectorial se fusionarán en la nueva Axencia Augas de Galicia. El mismo camino seguirán la Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG), Radio Televisión de Galicia y Televisión de Galicia, tres empresas diferenciadas que, según la reforma normativa pactada por PP y PSdeG, se integrarán en una.

En otros casos, el futuro de organismos incluidos en la segunda fase del plan también está escrito. La Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, que conformará un único ente junto a la Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia (Turgalicia), el Instituto de Estudos Turísticos de Galicia y la Secretaría Xeral para o Turismo.

Además de rebajar costes, esa segunda fase del plan aumentará el número de contratos amortizados. La primera suprimió 489 puestos, de los que 13 correspondían a personal de alta dirección y de confianza. La mayoría de esos contratos eran asistencias técnicas y temporales. La reordenación del sector público también creará entes de nuevo cuño. Además de la Axencia Augas de Galicia, están previstas otras tres: Innovación, Infraestruturas, y Modernización e Innovación Tecnolóxica.

La Xunta cifra en 21 millones el ahorro por la supresión de 42 entes y 489 contratos 21 millones de euros


LOS ENTES DE LA XUNTA TENDRÁN QUE ACREDITAR RESULTADOS PARA PODER OBTENER FINANCIACIÓN

Los entes de la Xunta tendrán que acreditar resultados para poder obtener financiación

El Ejecutivo tutelará a los chiringuitos con contratos programa a partir del 2012

serafín lorenzo / santiago / la voz 21/6/2011

El plan de la Xunta para racionalizar el lastre presupuestario que supone la Administración paralela va más allá del recorte y reordenación de los entes que la integran. El Gobierno de Feijoo también pretende modificar las pautas de actuación de los organismos autónomos que superen la criba, y de los que tiene previsto crear, a través de la firma de contratos programa en colaboración con las consellerías de las que dependen. Esta nueva cultura de gestión abocará a los chiringuitos a comprometer periódicamente unos objetivos y acreditar su debido cumplimiento para recibir financiación de las arcas autonómicas.

En una coyuntura de recorte de la inversión pública, la Xunta abrirá el grifo de los recursos en función de que cada organismo rinda cuenta de los resultados alcanzados, de forma que no solo se garantice su ejecución, sino que esa actividad se realice a un coste razonable. Con el propósito de procurar esa eficiencia, el contrato programa tendrá carácter concertado y combinará las prioridades políticas del Ejecutivo gallego con las propuestas de cada ente. Se trata de transformar un ámbito caracterizado por su opacidad y crecimiento descontrolado en una Administración paralela orientada a la consecución de resultados, eficiente en el uso de los recursos y transparente.

Aunque la implantación progresiva de estos contratos programa comenzará en el 2012, la Xunta ya trabaja en una puesta en marcha que involucra a las consellerías de Presidencia y Facenda, a los entes y a los departamentos autonómicos de los que dependen. En esta fase previa quedarán perfiladas las líneas de actuación estratégicas y se definirán los objetivos operativos para cada organismo, un esquema que en cierto modo trasladará a los chiringuitos el modelo acuñado por Facenda en el Plan Estratéxico 2010-2014, que establece las áreas prioritarias de inversión para la legislatura. El departamento que dirige Marta Fernández Currás se ocupará de los aspectos presupuestarios de los contratos programa. Bajo su supervisión, será Presidencia la consellería encargada de proponer la firma progresiva de esos contratos.

La incorporación de esta cultura de gestión culminará el proceso que la Xunta inició hace 14 meses, con la apertura del primer plan de racionalización de sus entes. Esa primera evaluación, que concluyó con la extinción o integración de 42 de las 64 sociedades analizadas, tiene continuidad ahora con el análisis de otros 52 chiringuitos. Con los contratos programa, el Gobierno de Feijoo quiere introducir la eficiencia en un discurso sobre la Administración paralela que hasta ahora ha girado solo en torno a un ahorro que cifra en 21 millones de euros.

2011/06/17

RESOLUCIÓN DO 16 DE XUÑO DE 2011, INTEGRACIÓN DO PERSOAL PROCEDENTE DAS FUNCADIÓNS NOS ENTES INSTRUMENTAIS DO SECTOR PÚBLICO

DOG Núm. 116                      Venres, 17 de xuño de 2011                                Páx. 15417

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade á proposta de integración do persoal procedente das fundacións de desenvolvemento comarcal nos entes instrumentais do sector público dependentes desta consellería.

O 16 de xuño de 2011, a comisión designada para a valoración dos méritos alegados polo persoal procedente das fundacións de desenvolvemento comarcal nos entes instrumentais do sector público dependentes da Consellería do Medio Rural, emitiu proposta de integración do dito persoal, de conformidade co previsto no Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 3 de xuño de 2011, publicado no Diario Oficial de Galicia do 6 de xuño.

De conformidade co previsto nese acordo, procede dar publicidade á dita proposta.

En consecuencia,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar a proposta de integración do persoal procedente das fundacións de desenvolvemento comarcal nos entes instrumentais do sector público dependentes da Consellería do Medio Rural, na páxina web e no taboleiro de anuncios da Consellería do Medio Rural.

Segundo. Poñer en coñecemento dos interesados que, contra a dita proposta, poderán presentar as alegacións que xulguen oportuno no prazo de sete días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación.

As alegacións dirixiranse ao conselleiro do Medio Rural e presentaranse preferentemente no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou nos das delegacións territoriais ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Terceiro. Informar os interesados de que, de conformidade co previsto no punto 3 do anexo I do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 3 de xuño de 2011, á vista das alegacións presentadas e realizadas, se é o caso, as oportunas correccións á priorización proposta aos interesados, o conselleiro do Medio Rural resolverá estimando ou desestimando a solicitude de integración e adscrición, así como sobre a puntuación asignada a cada participante. A resolución de integración, así como a puntuación asignada a cada participante, publicaranse na páxina web e no taboleiro de anuncios da Consellería do Medio Rural a partir do mércores día 29 de xuño.

A resolución ditada, segundo o disposto no punto anterior, porá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro competente en materia de desenvolvemento rural, no prazo dun mes a partir da publicación da resolución, ou ben impugnala directamente, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses se a resolución fose expresa, de acordo co disposto no artigo 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Cuarto. Unha vez resoltas as solicitudes de integración e publicados os resultados do proceso, quedan convocados os participantes para a elección de destino o sábado, 2 de xullo, na sala 11 (1.ª planta), da Escola Galega de Administración Pública, ás 11.00 horas.

Advírtese que en caso de inasistencia ao acto de elección, a Consellería do Medio Rural, de oficio, adscribirá o interesado a algún dos destinos resultantes dentro da categoría que lle corresponda, logo de efectuada a elección polos demais solicitantes. A mesma adscrición de oficio se efectuará no suposto de que non haxa máis dun solicitante por categoría.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2011.

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural

XORNADA DE TRABALLO DE VERÁN

Comunicado da empresa aos traballadores: 

________________________________________________________

Para o persoal vinculado a esta empresa no centro de traballo de A Barcia e en Agader durante o periodo abranguido entreo o 20 de xuño e o 20 de setembro, ambos inclusive. establécese unha xornada intensiva de traballo, a razón de seis horas diarias de que se desenvolverán entre as oito horas e trinta minutos e as catorce horas e trinta minutos, de luns a venres. 

A fransa horaria de entrada será no intervalo de 8:00 h. a 9:00 h. e a franxa horaria de saída no intevalo de 14.00 h. a 15:00 h. sendo obrigatoria a presenza de 9:00 h. a 14:00 h.

Para aqueles que deban completar a xontada ordinaria en horario de tarde, poderán facelo na franxa que vai desde as 16:00 h. ás 20:00 h. sen tramo obrigatorio. 

Manterase durante este periodo estival para todos os traballadores con xornada continua o dreitto a unha pausa retribuída de 30 min. durante a xornada, na franxa horaria de 11:00 h. a 12:00 h. e de 15 minutos se reazlizasen xornada partida. 

En Santiago de Compostela a 16 de xuño de 2011. 

________________________________________________________

2011/06/06

ACORDO POLO QUE SE ESTABLECE A FORMA DE DAR CUMPRIMENTO AO EXERCICIO DA OPCIÓN DE INTEGRACIÓN AO PERSOAL PROCEDENTE DAS FUNDACIÓNS DE DESENVOLVEMENTO COMARCAL ÁS ENTIDADES INSTRUMENTAIS DO SECTOR PÚBLICO AUTONÓMICO COMPETENTES EN MATERIA DE MEDIO RURAL.

DESCARGA A DOCUMENTACIÓN

O CONSELLO ADSCRIBE AO PERSOAL DAS FUNDACIÓNS COMARCAIS EN ENTES DE MEDIO RURAL, EN EXECUCIÓN DO PLAN DE AVALIACIÓN DE ORGANISMOS DEPENDENTES

O CONSELLO ADSCRIBE AO PERSOAL DAS FUNDACIÓNS COMARCAIS EN
ENTES DE MEDIO RURAL, EN EXECUCIÓN DO PLAN DE AVALIACIÓN DE
ORGANISMOS DEPENDENTES

  • A medida enmárcase no cumprimento da Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, a través da cal o Consello da Xunta autorizou o pasado 13 de xaneiro a extinción das fundacións comarcais
  • Esta lei posibilita que o persoal laboral indefinido -que fose seleccionado baixo os principios de publicidade, mérito e capacidade- se adscriba a entidades instrumentais do sector público autonómico competentes en materia de medio rural

O Consello da Xunta aprobou hoxe o acordo polo que se adscribe provisionalmente ao persoal procedente das fundacións de desenvolvemento comarcal ás entidades instrumentais do sector público autonómico competentes en materia de medio rural.

A medida enmárcase no cumprimento da Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, a través da cal o Consello da Xunta autorizou o pasado 13 de xaneiro a extinción das fundacións para o desenvolvemento das comarcas. Esta lei posibilita que o persoal laboral indefinido -que fose seleccionado baixo os principios de publicidade, mérito e capacidade- se integre nas entidades instrumentais do sector público autonómico competentes en materia de medio rural.

Esta acción contémplase dentro das actuacións para a execución do Plan de Avaliación de Organismos dependentes da Xunta de Galicia aprobado en abril do pasado ano 2010. A medida adóptase dentro dunha situación actual de austeridade e supón un aforro anual de máis de 400.000 euros.

Fundacións comarcais
As Fundacións comarcais foron creadas no ano 1990 para lograr a aplicación do plan comarcal, estas tarefas poden realizarse actualmente dende outros departamentos da Xunta, sen a necesidade de ter estes organismos de dedicación exclusiva. De xeito, os programas europeos (LEADER e PRODER) e outras estratexias de desenvolvemento rural están sendo xestionados e coordinados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), ente adscrito á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

REFERENCIA DO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA
QUE TIVO LUGAR EN SAN CAETANO,
O 3 DE XUÑO DE 2011,
BAIXO A PRESIDENCIA DO
SR. D. ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO

Gabinete de Comunicación
San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela
Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41
Correo-e: gabinete@xunta.es

A XUNTA COMPLETA A EXTINCIÓN DE 42 ORGANISMOS INCLUÍDOS NO PLAN DE RACIONALIZACIÓN E PON EN MARCHA A SEGUNDA FASE

A XUNTA COMPLETA A EXTINCIÓN DE 42 ORGANISMOS INCLUÍDOS NO
PLAN DE RACIONALIZACIÓN E PON EN MARCHA A SEGUNDA FASE


  • O aforro duplica o estimado inicialmente e ronda os 21 millóns de euros
  • Galicia foi pioneira en apostar polo adelgazamento da Administración paralela
  • O II Plan de racionalización analizará outros 52 entes para buscar máis eficacia

O Consello da Xunta analizou hoxe o cuarto informe trimestral de seguimento da execución do Plan de racionalización dos organismos dependentes do Goberno galego, onde se destaca que, un ano despois da súa posta en marcha, se completou a eliminación dos 42 organismos que tiñan orde de extinción e se duplicou o aforro estimado inicialmente, chegando aos 20,9 millóns de euros.

Boa parte do aforro, ata o 60 por cento, provén dos 42 entes eliminados e dos outros 6 nos que se afrontou unha reestruturación, aínda que é de destacar que o outro 40 por cento –máis de 8 millóns de euros- provén das melloras introducidas nos outros 16 organismos avaliados nos que o plan apostaba pola súa continuidade, introducindo cambios para buscar unha maior eficacia e eficiencia.

Precisamente na procura desa maior eficacia e eficiencia na Administración paralela, o Consello da Xunta deulle hoxe o visto e prace á posta en marcha da segunda fase do Plan de Racionalización dos Organismos dependentes, unha vez está xa ultimada a primeira fase. Un proceso de avaliación no que Galicia foi pioneira, converténdose na primeira Administración do Estado en abordar un proceso integral de adelgazamento e racionalización da chamada Administración paralela.

Todo iso a través dun plan cuxa execución se iniciou en abril de 2010, que está a permitir evitar duplicidades, gañar eficiencia e eficacia e adecuar a dimensión e contidos da Administración galega ás necesidades actuais. Uns obxectivos que tamén persegue a segunda fase do plan, na que se avaliarán outros 52 organismos, da chamada Administración paralela, para concluír, se é preciso o seu mantemento, a súa reformulación ou á súa extinción.

Os organismos que se van analizar nesta segunda fase son o Consorcio Galicia 2005 ‘Volta ao mundo a vela’; os consorcios comarcais de servizos contra incendios do Carballiño-Ribeiro, A Limia, Valdeorras, Verín, Morrazo, Salnés, Baixo Miño, Condado e Louriña e Deza e Tabeirós; a Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp); a Escola Galega de Administración Pública (Egap); o Instituto Galego de Cooperación Iberoamericana (IGACI); A Fundación Galicia Europa; o Consorcio Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) e os Xestur da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Tamén se analizarán nesta quenda a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada; Expourense; a Fundación Feiras e Exposicións de Lugo; a Fundación Feiras e Exposicións para o desenvolvemento de Galicia (Fexdega); a Fundación Instituto Feiral da Coruña (Ifeco); a Fundación Instituto Feiral de Vigo (Ifevi); o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA); o Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (CEEI Galicia); Galicia Calidade; o Centro Oncolóxico de Galicia; a Fundación Galega de Medicina Xenómica; e as fundacións públicas Centro de Transfusións de Galicia, Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS) e Urxencia Sanitaria 061; Instituto Galego de Oftalmoloxía; e Galaria, empresa Pública
de Servizos Sanitarios.

Así mesmo, a Xestión Plan Xacobeo SA; a Fundación Cidade da Cultura; o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA); a Fundación Centro tecnolóxico da Carne; o Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA); a Xenética Fontao; o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (INTECMAR), a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e Portos de Galicia, tamén serán obxecto de análise.

Por último, o Plan tamén avaliará o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI); a Estación de Inverno de Manzaneda; a Fundación Centro Tecnolóxico Téxtil; a Fundación Centro Galego do Plástico; os cursos internacionais Universidade Santiago de Compostela; o Centro Galego de Arte Contemporánea; o Consello de Xuventude de Galicia; a Fundación Escola Agrícola Pedro Murias e a Fundación Mar de Galicia.

Balanzo primeira fase
En canto aos entes incluídos na primeira fase do plan, procedeuse xa á extinción do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller; da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento, das 34 fundacións comarcais, da Fundación Milenio; da Fundación Centro Superior Cinexético e Piscícola; da Axencia Humanitaria de Galicia; da Fundación Galega para a Prevención de Riscos Laborais; e da Fundación Galicia Emigración.

No caso do último que quedaba por suprimir, a Sociedade Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense S.A., autorizouse no Consello da Xunta do pasado 31 de marzo a súa absorción pola Sociedade Pública de Investimentos, estando prevista que a súa refundición neste organismo sexa plenamente efectiva este mesmo mes, coa inscrición da Escritura Pública no Rexistro Mercantil.

Reformulación e mellora
En canto ao resto de organismos, todo está ultimado para que o Consello da Xunta proceda á disolución do Bantegal e a asunción das súas competencias por parte de Agader; xa se teñen completados os trámites para que se poida completar a fusión por absorción da Fundación Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia (CETIL) no Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL); e formalizouse a separación da Xunta de Galicia da Sociedade Galega de Servizos Sociais (Sogaserso), mediante a venda ante notario das accións do Executivo galego na dita sociedade.

Finalmente, os organismos sometidos a procesos de reordenación son os que, pola súa estrutura e competencias, ofrecen unha maior complexidade, de tal xeito que as actuacións a levar a cabo neles se estenderán máis alá de 2011, tal e como estaba xa previsto no plan. Trátase da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

REFERENCIA DO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA
QUE TIVO LUGAR EN SAN CAETANO,
O 3 DE XUÑO DE 2011,
BAIXO A PRESIDENCIA DO
SR. D. ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO

Gabinete de Comunicación
San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela
Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41
Correo-e: gabinete@xunta.es

2011/06/01

Reunión informativa coa Dirección Xeral da Función Pública de 26/05/2011

Escrito por Fulgencio Fernández Martínez e Roxerio Roxo Carrillo
Xoves, 26 Maio 2011 20:39

O xoves 26 de maio, a Dirección Xeral da Función Pública mantivo unha reunión con todas as organizacións sindicais para informar dos seguintes temas:

O xoves 26 de maio, a Dirección Xeral da Función Pública mantivo unha reunión con todas as organizacións sindicais para informar dos seguintes temas:

- O venres 27 de maio publicarase no DOG a Orde do 25 de maio de 2011 pola que se regula a tarxeta do persoal ao servizo do sector público autonómico. A intención da Administración é implantar este novo sistema en servizos centrais, extendéndoo progresivamente a todo o persoal da Xunta de Galicia. Procederase a mudar as actuais tarxetas identificativas usadas pola maioría das consellerías por unhas novas tarxetas dixitais, que servirán tanto para asinar desde o ordenador (sinatura electronica) e como para o control da xornada laboral do persoal.

- En torno aos meses de setembro ou outubro, presentarase un novo decreto que regulara o teletraballo e os distinto tipos de xornada do persoal (flexible, etc.).

- En breve remitiranse ás OOSS propostas sobre integración das fundación comarcais de Medio Rural e a Fundación Galicia-Saúde.

- Canto ao control do absentismo laboral, Función Pública anunciou que haberá un seguimento pola Consellería de Sanidade en casos de baixas reiteradas ou de invalideces provisionais.

A CIG-Autonómica preguntou polos seguintes temas:

- Sobre o cronograma actual e as previsións de datas das futuras convocatorias de oposicións, Función Pública informou que a Consellería de Facenda comprobará en breve a dispoñibilidade de crédito para poder cumprir os prazos anunciados, tanto para o acceso libre como para a promoción interna.

-Función Pública informou que o futuro decreto de funcións e RPTs de Veterinarios aprobaranse probablemente o mes que vén, e que a intención da Administración é que o concurso deste corpo sexa antes do verán. Así mesmo, informouse de que se hai mais das prazas vacantes das ofertadas no 2008, a convocatoria será en xuño; en caso contrario, están pensando en reducir a oferta.

- Sobre os concursos de escalas: Función Pública anunciou que ten intención de aprobar o concurso da escala de informática antes do verán; no caso dos Gardacostas, Función Pública convocará ás OOSS en xuño para tratar o futuro concurso de traslados e a toma de posesión definitiva dos traballadores que están en destino provisional.

- En relación ao novo concurso de persoal funcionario de Administración xeral, Función Pública informou que tratarán de aprobalo en xuño ou, de non ser posible antes do verán, en setembro.

- Canto ao concurso de persoal laboral dos grupos I, II, III e IV, Función Pública informou que a intención da Administración é de aprobalo proximamente, e seguidamente tratar o proceso de consolidación de persoal laboral. Convocarán aos sindicatos en xuño.

- Función Pública informou tamén de que teñen intención de anunciar en xuño novidades sobre a promoción por consolidación de grao para o grupo C, pendente de desenvolver desde a aprobación do Acordo de mellora e ordenación do emprego do ano 2008.

-Por último, Función Pública anunciou que a elección de destino definitivo para o persoal funcionario do subgrupo C1 consolidación realizarase despois do concurso de traslados.

2011/05/26

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO 20 DE MAIO DE 2011

 .
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA
DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL
DE GALICIA DO 20 DE MAIO DE 2011
ACTA 3/2011


ASISTENTES:

Pola CIG:
Manuel Jorge Dorrego Taín
Gonzalo González Bernárdez
Roberto Blanco Martínez
Carolina Sevilla Carbón

Por UGT:
Dominique Aller González
Inmaculada Serantes Duran
María Elena Bernárdez López

Por CCOO:
María Dolores Rodríguez Campos

En Santiago de Compostela, sendo as 13:00 horas do día 20 de maio de 2011, reúnese en sesión ordinaria o Pleno do Comité de Empresa no centro de traballo da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia coa asistencia das persoas anteriormente relacionadas, segundo a seguinte orde do día:

Punto primeiro.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
Punto segundo.- Análise das propostas presentadas para o programa de formación 2011
Punto terceiro.- Achegas e preguntas

Punto primeiro:
Foi lida e aprobada por unanimidade a acta da reunión anterior.

Punto segundo:
Tras analizar as propostas presentadas, acórdase por unanimidade enviar á Dirección un resumo delas segundo o que segue:
  1. Continuidade do curso 2010 de ERDAS Imagine nun novo curso de nivel avanzado.
  2. Continuidade do curso 2010 de Desenvolvemento SIX en base a un nivel avanzado de OpenLayers e programación de Mapserver con bases de datos con PHP.
  3. GVSIG, GVSIG Sextante e GVSIG Mobile.
  4. LIDAR.
  5. Linguaxe administrativa.
  6. Microsoft Office de nivel avanzado.
  7. Deseño de páxinas web.
Asemade acórdase por unanimidade solicitar ao Director Xerente o orzamento dispoñible para formación para 2011, así como o listado de cursos aceptados para nunha reunión posterior poder concretar os seus temarios.

Punto terceiro:
Non se formularon achegas nin preguntas.

Dáse por finalizada a sesión ás 13:45h. En proba de conformidade todos os asistentes asinan a
presente Acta no lugar e data recollidos no encabezamento desta.
 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.