2010/12/14

CONCENTRACIÓNS DA CIG NAS OFICINAS DO INEM, O DIA 15, PARA EXIXIR O MANTEMENTO DA AXUDA DE 426 € A PARADOS SEN PRESTACIÓNS

A central sindical quere manifestar a súa solidariedade con este colectivo e denunciar que, ao tempo, o goberno elimina o imposto de sociedades e privatiza Aena e Loterías

Este mércores día 15 de decembro, a CIG celebrará asembleas de delegados/as en todas as cidades e convocará concentracións diante das oficinas do INEM, para exixir do goberno que se manteña a axuda de 426 euros para os parados que esgotaron a prestación por desemprego e para manifestar a súa solidariedade con este colectivo que se verá abocado, segundo afirmou Suso Seixo, secretario xeral “á marxinación e á pobreza”, mentres se manteñen as medidas de apoio ao capital financeiro.

As concentracións serán:

A Coruña: ás 12:30 horas, diante do Departamento Territorial do Servizo Público de Emprego (Avda. do Exército, 14)

Ferrol: ás 12:00 horas, na oficina de emprego da Avenida de Vigo, 137

Burela: ás 12:00 horas diante da oficina de emprego situada na Rúa Pardo Bazán, 21

Carballo: ás 12:00 horas diante da oficina de emprego da Rúa Luís Calvo, s/n

Compostela: ás 12:00 horas diante da oficina do INEM da Rúa Ramón Piñeiro.

Vigo: Ás 11:30 h, diante da oficina do INEM da rúa Gregorio Espiño

Ourense: Ás 11:30 horas, diante da Subdelegación do Goberno

Pontevedra: Ás 12:00 h, diante da oficina do INEM da Rúa Eduardo Pondal

Lugo: Ás 12:30, na Dirección Provincial do INEM, na Ronda da Muralla.

Na rolda de prensa convocada para anunciar estas concentracións, o secretario xeral da CIG manifestou a total oposición da central sindical con esta medida aprobada no Consello de Ministros do pasado día 3 de decembro, asegurando que “é escandaloso que un goberno que se di progresista -ou quere aparentalo, aínda que as medidas que vén adoptando evidencian todo o contrario- teña unha actitude tan condescendente coa oligarquía financeira, que se reúna cos seus máximos representantes e acto seguido entre as medidas que anuncia elimine as axudas aos parados, o que vai supor que miles de persoas teñan que padecer unha situación de marxinación e pobreza”.

Fronte a isto, Seixo denunciou que o goberno non adoptou ningunha medida para controlar as actividades financeiras e que “permite á banca seguir actuando con absoluta liberdade especulando con todo, incluído coa débeda pública”. Políticas que deixan ao descuberto que se está a pór “ao Estado e á poboación ao servizo da banca para custearlle entre todos os negocios ruinosos e especulativos dese sector”.

Asegurou que se trata de medidas “inadmisíbeis” contra as que chamou a reaccionar. Por iso, alén destas concentracións de delegados, anunciou que a CIG mobilizarase tamén contra os orzamentos públicos, tanto do Estado como da Xunta de Galiza, polos “recortes tan duros para a maioría social” que por esa vía se introducen.

Redución do imposto de sociedades

Alén diso, denunciou tamén outras das medidas aprobadas no último Consello de Ministros, nomeadamente a redución do imposto de sociedades. “Nunha situación na que se requiren ingresos para reducir o déficit público e para poder incrementar o gasto público e reactivar a economía, seguir esta política de adelgazamento do estado é profundamente equivocado”, afirmou e lembrou que a media do imposto de sociedades no ano 2008 estaba no 18,4% segundo datos oficiais, cando o tipo impositivo mínimo que pagaron o conxunto dos traballadores/as da súa renda está no 23%. Unha diferenza que xa evidenciaba “o seu carácter discriminatorio” e constataba “cal é o tipo de política impositiva que se sigue respecto dos traballadores e respecto das empresas”, dixo.

Privatización de AENA e Lotarías

Xunto a iso denunciou a intención do goberno de privatizar parte de Aena e da lotaría “a prezos de saldo”. Unha decisión que considera que “é pan para hoxe e fame para mañá”.

O secretario xeral da CIG entende que efectivamente o estado vai conseguir de forma inmediata ingresos poñéndoas en mans privadas. Porén, considera que ao tempo pérdense dúas importantes fontes de ingresos que dificultarán aínda máis a capacidade do Estado para poder intervir en política económica, e a posibilidade de que se adopten medidas que favorezan á maioría social e non que se limiten a atender os intereses do capital privado. “Séguese con esta política de adelgazamento do Estado que fai que cada vez estea máis en mans dos grupos económicos e do capital financeiro”.

Por iso lembrou que esta non é a primeira vez que se privatizan empresas que xeraban importantes ingresos para as arcas públicas e puxo como exemplo a privatización de Endesa, Telefónica ou Argentaria, afirmando que se trata de “medidas profundamente equivocadas que non van a contribuír á saída da crise económica, senón que a van acentuar moito máis o déficit do estado”.

Diante desta situación Suso Seixo advertiu que “o pouco que se pode ir corrixindo vai ser a custo de que os traballadores/as perdamos dos nosos salarios e das nosas condicións sociais e de vida”.

2010/11/26

A FUSIÓN DE 'CHIRINGUITOS' XA ELIMINOU 103 EMPREGOS

.

Feijóo gábase de estarse a “anticipar a Europa” coa supresión de parte da Administración paralela


O Consello da Xunta tivo onte novamente sobre a mesa un informe sobre a marcha do plan co que o Goberno galego pretende “adelgazar” a Administración paralela, os popularmente coñecidos como “chiringuitos” e que, segundo recoñece o presidente, Alberto Núñez Feijóo, xa supuxo a “extinción” de 103 contratos. Estes contratos, di Feijóo, deixaron de ser “necesarios” coa “racionalización” da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico, un ente creado polo Goberno de Manuel Fraga en 1996 e impulsado pola Consellería de Innovación de Industria do bipartito no que o Xulgado do Social de Santiago detectou “represión sindical” sobre, cando menos, 14 traballadores, despedidos despois de térense achegado á Confederación Intersindical Galega (CIG) para organizar as eleccións sindicais.

Alén do controvertido proceso vivido neste organismo, Feijóo asegura que ofrecerá todos os datos referidos aos postos de traballo eliminados no momento en que finalice o proceso de recorte de chiringuitos, que actualmente xa ten en proceso de “liquidación” seis entes, entre os que se atopan a Fundación para a Sociedade do Coñecemento, impulsada polo ex presidente, Emilio Pérez Touriño, a Axencia Humanitaria de Galicia ou a Fundación Galicia Emigración.

Do mesmo xeito, foron xa completados os trámites da extinción do Servizo Galego de Igualdade, fortemente criticada por PSdeG e BNG, e da venda das accións da Sociedade Galega de Servizos Sociais (Sogaserso), entidade que xestiona, entre outros, centros de asistencia a persoas maiores que agora depende da caixa resultante da fusión de Caixa Galicia e Caixanova.

A fin da sociedade que xestiona o Banco de Terras, a disolución do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar ou a fusión por absorción do Centro Tecnolóxico Lácteo no Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo forman tamén parte do plan que, segundo o presidente da Xunta, mostra que a Xunta se está a “anticipar a Europa” no que a racionalización administrativa se refire, nun proceso que prevé tamén a fin das Fundacións Comarcais, xa prevista polo bipartito.

LA XUNTA AMORTIZA 103 CONTRATOS AL CERRAR LA FUNDACIÓN PARA O FOMENTO DA CALIDADE INDUSTRIAL, QUE PUSO EN MARCHA FRAGA

.

Esa fundación, creada por la Xunta de Fraga en 1996, será absorbida por una de nueva creación, la Axencia de Innovación Tecnolóxica


Feijoo asegura que será necesario completar la primera fase del plan de racionalización de la Administración paralela para concretar «en maio ou xuño» del 2011 el número de trabajadores que se verán afectados por la supresión de chiringuitos, pero a medida que va avanzando el proceso salen a la luz datos sobre la amortización de contratos. El propio presidente informó ayer que el cierre de la Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia se traduce en que no ha renovado 103 contratos temporales, que en su mayoría eran comisiones de servicios o asistencias técnicas.

Esa fundación, creada por la Xunta de Fraga en 1996, será absorbida por una de nueva creación, la Axencia de Innovación Tecnolóxica, uno de los cuatro organismos que el Gobierno de Feijoo pondrá en marcha con la Lei de Organización e Funcionamento da Administración, que también implicará la disolución de la sociedad Aceousa, que gestiona la autovía Lalín-Ourense.

Feijoo, que indicó que esa fundación adscrita a Industria es la que cuenta con más contratos entre las eliminadas, señaló que «todos os que non son necesarios non os podemos renovar, por responsabilidade e por respecto ao funcionamento eficiente da Administración».

A falta de que la Xunta cierre el balance del personal afectado, la única estimación sobre el alcance de la reestructuración de chiringuitos es la que aportó en abril, cuando presentó el plan para eliminar o reordenar entes duplicados. Entonces, el Gobierno gallego cifró en 370 los trabajadores que será necesario recolocar. Al menos un centenar corresponden a las 34 fundaciones comarcales, cuya disolución ya dejó encarrilada el bipartito y que desaparecerán de forma definitiva con la aprobación, en diciembre, de la Lei de Acompañamento de los Presupostos. Las competencias de esos entes y del Banco de Terras de Galicia pasan a la Axencia de Desenvolvemento Rural (Agader).

Feijoo explicó que la Xunta ha actuado ya sobre los 48 organismos de la Administración paralela que, en esta primera fase del plan, decidió suprimir, reformular o fusionar.

Un ahorro de 12,7 millones

Además de los citados, la Xunta tiene en liquidación las fundaciones para a Sociedade Galega do Coñecemento, Milenio, Centro Superior Cinexético e Piscícola, de Prevención de Riscos Laborais y la Axencia Humanitaria de Galicia; ha completado los trámites para cerrar el Servizo de Igualdade, que se integra en la secretaría xeral; y ha vendido a las cajas gallegas las acciones en Sogaserso.

Estos ajustes permitirán un ahorro de 12,7 millones, frente a los 10 anunciados inicialmente por el Gobierno gallego.

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO 16 DE NOVEMBRO DE 2010

 .
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA
DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL
DE GALICIA DO 16 DE NOVEMBRO DE 2010
ACTA 15/2010


ASISTENTES:

Pola CIG:
Manuel Jorge Dorrego Taín
Gonzalo González Bernárdez
Roberto Blanco Martínez
Carolina Sevilla Carbón
Ana Isabel Paz Villar

Por UGT:
Dominique Aller González
Inmaculada Serantes Duran
María Elena Bernárdez López

Por CCOO:
María Dolores Rodríguez Campos

En Santiago de Compostela, sendo as 13:00 horas do día 16 de novembro de 2010, reúnese en sesión ordinaria o Pleno do Comité de Empresa no centro de traballo da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia coa asistencia das persoas anteriormente relacionadas, segundo a seguinte orde do día:

Punto primeiro.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
Punto segundo.- Información das actividades da Comisión de Traballo creada o 25 de outubro para informar aos grupos parlamentarios das consecuencias do Proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas.
Punto terceiro.- Proposta de disolución da Comisión de Traballo creada o 25 de outubro para informar aos grupos parlamentarios das consecuencias do Proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas. Debate e votación, se procede.
Punto cuarto.- Análise da nova proposta de formación
Punto quinto.- Achegas e preguntas

Punto primeiro:
Foi lida e aprobada por unanimidade a acta da reunión anterior.

Punto segundo:
En calidade de integrante da comisión de traballo, asiste con voz pero sen voto a este punto da orde do día a traballadora Amparo Martín.

Manuel Jorge Dorrego expón que a comisión de traballo entregou no Parlamento o 2 de novembro o escrito xenérico acordado na anterior reunión. Ao escrito do Comité xuntouse un escrito do colectivo de indefinidos sen praza, tras a solicitude por parte de Ana Rosa Doval e o acordo no Comité na anterior reunión. Finalmente o colectivo de temporais non entregou escrito algún para ser incorporado ao do Comité.

Manuel Jorge Dorrego indica que ese mesmo 2 de novembro a comisión de traballo reuniuse con José Manuel Lage Tuñas, do grupo parlamentario socialista, quen dixo que ía falar cos outros grupos parlamentarios para presentar unha emenda conxunta que permitise a estabilidade laboral e que chamaría para dar resposta. Non houbo resposta por parte deste deputado.

O 9 de novembro Antonio Rodríguez Miranda contestou que o grupo parlamentario popular aínda non ten unha decisión tomada en relación a presentación ou non dunha emenda ao Proxecto de Lei e que chamaría en canto tivese a resposta definitiva. Non houbo nova resposta por parte deste deputado.

Amparo Martín pregunta se non habería que informar ao resto dos traballadores. Dominique Aller indica que a información da Comisión está na propia acta do Comité de Empresa. Acórdase por unanimidade que o Comité de Empresa faga unha nota informativa explicando as actividades da comisión de traballo.

Punto terceiro:
CIG propón disolver a comisión de traballo creada o 25 de outubro, unha vez que xa cumpriu os fins para os que foi creada. Acórdase por unanimidade a disolución da comisión de traballo.

Punto cuarto:
María Dolores Rodríguez fai entrega da nova proposta formativa entregada por Juan José Alonso Valente. Analizada esta nova proposta, na que se comproba que os cambios que foran solicitados están todos aceptados, acórdase por unanimidade aceptar a proposta solicitando tamén máis información relativa as datas de realización, criterios de participación e relación de docentes.

Punto quinto:
María Dolores Rodríguez comenta que nas novas de prensa relativas á sentenza do TSXG sobre o recorte salarial en SODECO figura como demandante CIG e debería figurar o Comité de Empresa.

Manuel Jorge Dorrego pregunta a María Dolores Rodríguez se sabe algo acerca da publicación na web de CCOO sobre unhas alegacións presentadas a Medio Rural sobre o Proxecto de Lei posto que el mesmo falou cun responsable de CCOO, pero que este negouse a facilitalas. María Dolores Rodríguez indica que non lle pareceu ben esta actitude de CCOO pero explica que ela non ten autorización de CCOO para dar esa información no seo do Comité de Empresa pero que lla dará a calquera traballador que lla pida.

Dáse por finalizada a sesión ás 14:15h. En proba de conformidade todos os asistentes asinan a presente Acta no lugar e data recollidos no encabezamento desta.

2010/11/23

CELANOVA TRATARÁ DE SALVAR EL SERVICIO TURÍSTICO EN VILANOVA

El Parlamento debate este mes la disolución de la sociedad comarcal que gestiona los centros


Los visitantes que se acerquen hasta el núcleo medieval de Vilanova dos Infantes podrían quedar sin la atención turística, el principal servicio que se dispensa desde el centro comarcal celanovés. Así lo advierten los trabajadores de los centros comarcales de Galicia, que la pasada semana se reunieron con distintos representantes políticos ante el inminente debate en el Parlamento de la ley que marcará el futuro de dichas entidades.

Los centros comarcales fueron creados con el objetivo de potencias y desarrollar las comarcas a través de apoyos a los diferentes sectores (rural, económico y turístico). Sin embargo, la Xunta los ha incluido dentro de la 'Lei de Acompañamento dos Orzamentos 2011' que regulará el reordenamiento de la administración con la extinción, entre otros, de la Sociedade de Desenvolvemento Comarcal de Galicia (Sodeco), entidad dependiente de la Consellería de Medio Rural, que los regula. 'Ninguén me comunicou o peche das instalacións', aseguraba el alcalde celanovés, Antonio Mouriño, quien matizó que 'aínda que o centro non cumpre ao 100% os obxectivos para o cal foi creado, presta un bo servizo turístico e vamos a loitar para que se manteña'.

Desde la Consellería de Medio Rural negaban que con la aprobación de la ley se vayan a cerrar directamente las instalaciones. 'Estamos a la espera de que otras consellerías digan qué centros y para qué pueden reorientarse', apuntaban fuentes del departamento que dirige Samuel Juárez.

Al cierre de las instalaciones hay que añadirle las más que posible pérdida de puestos de trabajo. 'Os medios persoais e materiais da Sodeco quedarán adscritos á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural salvo o persoal indefinido, caso das xestoras dos centros de Ourense', alertaban los trabajadores de la provincia. En este sentido, y a petición de los empleados, la pasada semana el PP presentó una enmienda al proyecto de Ley que, en su articulo 16 regula la disolución de Sodeco, 'no que se garantiza o mesmo trato para tódolos traballadores, pero no cambia o status ou vinculación ca Consellería', explicaba el portavoz del PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda.

La Region

EL CIERRE DE LOS CENTROS COMARCALES PLANTEA MUCHAS DUDAS A LOS TRABAJADORES SIN PUESTO DE TRABAJO FIJO

El cierre de los centros comarcales plantea muchas dudas a los trabajadores sin puesto de trabajo fijo

El cierre de los centros comarcales gallegos con la disolución de SODECO, la sociedad que los gestiona, preocupa a los trabajadores que, teniendo contrato indefinido, no tienen asignada cobertura definitiva a su puesto de trabajo. Piden una salida que les equipare al resto de trabajadores, y valoran negativamente el cierre de un servicio que contabiliza en Ourense 370.000 consultas atendidas


La decisión de la Xunta de Galicia de disolver la Sociedad Anónima de Desenvolvemento Comarcar, la SODECO, preocupa a los trabajadores de los centros comarcales que temen que pueda tener “graves consecuencias”. Ello porque la Lei de Acompañamento de los Presupuestos de 2011 de la Xunta de Galicia que regula la integración del personal que presta sus servicios en esta sociedad, no establece alternativas para la recolocación de dicho personal con contratos indefinidos pero sin cobertura definitiva en su puesto de trabajo. En este caso se encuentran 21 trabajadores de varios centros comarcales de Galicia.

Los del Centro Comarcal de Carballiño, concretamente, denuncian la incertidumbre que para ellos crea la decisión de la Xunta de Galicia, y señalan en un comunicado que “non se fai alusión á integración na cidata Axencia do persoal con contrato indefinido sen cobertura definitiva de posto”, modalidad que en la que se encuentran 21 trabajadores de las SODECO.
Estos trabajadores dicen que, atendido al principio constitucional de igualdad, “debería regularse a integración de todo o persoal” ya que, de lo contrario, “se estaría a vulnerar un dereito adquirido polos traballadores dos centros comarcais”.
Y se recuerda a la Xunta la existencia de sentencias judiciales reconociendo la condición de personal laboral fijo de plantilla a trabajadores que se encontraron en casos similares.

Estos trabajadores piden ahora una reunión con director gerente de SODECO, así como con el de Desenvolvemento Comarcal e, incluso, con el conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez.
Señalan que con el cierre de los centros comarcales dejarían de funcionar “servizos públicos básicos” que atendieron en la provincia de Ourense desde que se abrieron a más de 370.000 usuarios.
Sólo en la comarca de Carballiño, el Centro Comarcal atendió desde que fue abierto en 2001 a casi 67.000 visitantes que acudieron a este centro recabando información de muy distinto tipo.

2010/11/22

EMENDAS PRESENTADAS AO PROXECTO DE LEI DE MEDIDAS FISCAIS E ADMINISTRATIVAS

 .

  • Emendas presentadas polo GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR DE GALICIA:

Rexistro

  1. Emenda nº 3 o artigo 16
  2. Emenda nº 4 o artigo 16
  3. Emenda nº 5 o artigo 16
  4. Emenda nº 13 a disposición transitoria unica

  • Emendas presentadas polo GRUPO PARLAMENTARIO SOCIALISTAS DE GALICIA:

Rexistro

  1. Emenda nº 29 a Disposición transitoria unica
  2. Emenda nº 33 a Disposición derradeira 3
  3. Emenda nº 34 a Disposición derradeira 4


  • Emendas presentadas polo GRUPO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO:

Rexistro

  1. Emenda nº 7 supresion capitulo II
  2. Emenda nº 10 supresion artigo 16
  3. Emenda nº 32 supresion a Disposición transitoria unica
  4. Emenda nº 33 supresion a Disposición derrogatoria unica
  5. Emenda nº 36 supresion a Disposición derradeira terceira
  6. Emenda nº 37 supresion a Disposición derradeira cuarta

________________________________________________________________
.

 .
 .
.
.

2010/11/18

CIG SODECO INFORMA: PRESENTADA EMENDA AO ARTIGO 16

.
Estimad@s compañeir@s,

Rematado hoxe xoves 18 no Parlamento o prazo de presentación de emendas ao Proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas, que no seu artigo 16 regula a disolución de SODECO, informamos que o grupo parlamentario popular rexistrou unha emenda ao citado artigo co seguinte literal:
_________________________________________________________________

Emenda nº 5, ao apartado Sete, de Modificación. Artigo 16

Débese engadir ao apartado sete do artigo 16, no seu terceiro parágrafo o seguinte texto:

"O persoal laboral temporal das entidades ás que se refiren as alíneas un a tres deste artigo non verá modificada a natureza da súa relación contractual, e será por decreto do Consello da Xunta como se poderá determinar a súa nova vinculación, no seu caso".


_________________________________________________________________

Lei de Medidas Fiscais e Administrativas

EL PP FACILITARÁ CON ENMIENDAS QUE LA XUNTA RETOQUE OTRA VEZ LA LEI DO SOLO CON LOS PRESUPOSTOS

PARLAMENTO 

El PP facilitará con enmiendas que la Xunta retoque otra vez la Lei do Solo con los Presupostos

Pedro Puy y Ruiz Rivas destacaron que las enmiendas permitirán desarrollar determinados planes sectoriales e industriales en suelo rústico


Pedro Puy y Ruiz Rivas destacaron que las enmiendas permitirán desarrollar determinados planes sectoriales e industriales en suelo rústico
.
El grupo parlamentario del PP presentó ayer un total de 15 enmiendas para retocar la Lei de Acompañamento de los Presupostos, impulsada por el propio PP desde la Xunta, una normativa que le permitirá al Gobierno modificar normas como la Lei de Función Pública o la Lei do Solo, que ya fue objeto de revisión hace nueve meses.
.
Precisamente cinco de estas quince enmiendas están dirigidas a corregir o aclarar la modificación de la Lei do Solo que pretendía hacer el Ejecutivo gallego hace tan solo un mes, que dejaba entrever que aumentaba la desprotección de las cuencas fluviales o de los espacios naturales, aparte de los terrenos de dedicación agraria y forestal.
.
Los diputados Pedro Puy y Ruiz Rivas destacaron que las enmiendas permitirán desarrollar determinados planes sectoriales e industriales en suelo rústico, como la Plisan de Salvaterra y varios parques empresariales.

Fonte: 

2010/11/17

MANIFESTACIÓN O 18 N CONTRA AS REFORMAS DO CAPITAL E OS ORZAMENTOS DA XUNTA

CIG - Novas da CIG
Martes, 16 Novembro 2010 01:08
A CIG chama a continuar mobilizándose para denunciar as políticas regresivas da Xunta de Galiza e do goberno central
A Confederación Intersindical Galega acordou continuar coas mobilizacións, logo da folga xeral do 29 de setembro, para exixir a retirada da reforma laboral, para denunciar os regresivos orzamentos da Xunta de Galiza e para frear a reforma das pensións e da negociación colectiva. A central sindical entende que a clase traballadora só poderá defender os seus dereitos e loitar por un novo modelo económico e social máis xusto e solidario como o fixo historicamente, a través da mobilización.

As manifestacións están convocadas nas sete cidades, de forma case simultánea e as horas e lugares de saída previstos son:

A Coruña: 20:00 h da Praza de Vigo
Compostela: 20:00 h da Praza Roxa
Ferrol: 20:00 h da Avda de Esteiro (diante do local sindical)
Lugo: 20:30 h da Ronda da Muralla (diante do local sindical)
Ourense: 20:00 h do Pavillón dos Remedios
Pontevedra: 20:00 h da Praza da Ferrería
Vigo: 20:00 h da Vía Norte
Vilagarcía: 20:00 h da Casa do Mar

Descargar manifesto

ALERTAN DEL PROBABLE CIERRE DEL CENTRO COMARCAL CARBALLIÑÉS

.

Los trabajadores muestran su preocupación por las repercusiones que tendrá 

C. Paradela Localidad: o carballiño/la voz. Fecha de publicación: 17/11/2010

El Centro Comarcal de O Carballiño atendió desde su inauguración, en el año 2001, a 66.998 visitantes, que acudieron a buscar información turística, para participar en algún curso, obradoiro o actividades formativas, para informarse de subvenciones o para visitar exposiciones temporales.

Dato que ofrecen los trabajadores del centro para reivindicar la labor de promoción y de formación realizada y que se podría dejar de prestar en la provincia de Ourense a partir del próximo año, ya que indican, así se desprende, «da Lei de Acompañamento dos Orzamentos».

Dichos centros pertenecen a la Sociedade de Desenvolvemento Comarcal de Galicia, (Sodeco) dependiente de la Consellería do Medio Rural, que quedará extinta durante el 2011, aunque los medios personales y materiales de la misma quedarán adscritos á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) «salvo o persoal indefinido, caso das xestoras dos centros de Ourense», aclaran los trabajadores.

El conflicto, aseguran, afecta en toda la comunidad autónoma a veintiuna personas, de trece centros diferentes y que el pasado día 10, se reunieron con el director gerente de la Sodeco, Severino Álvarez Monteserín, que les confirmó desconocer cuál será el futuro de los centros comarcales.

Los afectados advierten, además, que con el cierre de las instalaciones comarcales, «perderíanse uns servizos públicos que atenderon desde a súa apertura a máis de 300.000 usuarios en servizos gratuítos de acceso a Internet, salas de uso público e información global e turística da comarca». Responsabilizan de la situación a la Sodeco por la irregularidades laborales, al señalar que «as xestoras son por segunda vez vítimas dos efectos dunha inicial contratación ilegal a través de empresas subcontratadas que xa lles valeu o recoñecemento dos seus dereitos por vía xudicial fai anos». El personal indefinido está pendiente del proceso de consolidación de plazas.

Fonte:

La Voz de Galicia

.

NOTA INFORMATIVA COMITÉ DE EMPRESA 17 DE NOVEMBRE DE 2010

.
O Comité de Empresa informa, tras reunión mantida no día de onte, o seguinte:

En data 25 de outubro acordouse constituír unha comisión de traballo para presentar aos grupos parlamentarios a problemática dos traballadores temporais e indefinidos non fixos debido a que na redacción do novo Proxecto de Lei non queda clara a súa opción de integración nas entidades de destino.

Acordouse tamén que a comisión estea formada polos membros do comité de empresa Manuel Jorge Dorrego (CIG), Dominique Aller (UGT) e María Dolores Rodríguez (CCOO) e tamén propoñer a asistencia dalgún membro do colectivo de indefinidos non fixos e de temporais se así o desexan, como así o manifestaron despois algúns traballadores.

A comisión de traballo foi recibida no Parlamento o xoves 28 de outubro polo grupo parlamentario do BNG por Tereixa Paz e polo grupo parlamentario popular por Antonio Rodríguez Miranda. Expuxéronselles a ambos as problemáticas dos colectivos dos indefinidos e dos temporais no Proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas e ambos comentaron que analizarían no seu grupo parlamentario a posibilidade de presentar emendas ao texto do proxecto de lei. Pola súa parte, Antonio Rodríguez Miranda comprometeuse a dar unha contestación á comisión de traballo unha vez feitas as súas consultas no seu grupo parlamentario.

Este mesmo 28 de outubro compareceu no parlamento o Conselleiro de Medio Rural, que respostando a unha pregunta de Tereixa Paz: "Por que meten unha modificación legal a través da cal 42 persoas van quedar sen emprego?", dixo o seguinte: "O que se vai facer coa extinción da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal e co seu persoal é que aquél persoal que ingresou a través de procedementos reglados, principio de mérito e capacidade, váiselle ofrecer un acomodo dentro doutros organismos e eso é o que se vai facer exactamente. Aquél persoal que non ingresou na Administración polos procedementos regulares, éses que non entraron por procedementos regulares evidentemente non van a seguir porque, señora Paz, eu quixera que fixese unha pequena reflexión comigo: si extinguimos entes para quedarnos con todo o gasto entón estariamos facendo un fraude aos cidadáns, evidentemente. Eso é evidente. Polo tanto nós non vamos a facer fraude aos cidadáns e nós vamos a facer, de verdad, un exercicio de adelgazamento da Administración que pensamos que fai moita falta."

O venres 29 de outubro reúnese a comisión de traballo e decide presentar por escrito no Parlamento as peticións aos grupos parlamentarios, e que sexa o Comité de Empresa quen canalice estas peticións.

O 2 de novembro acórdase que o Comité de Empresa presente un escrito aos grupos parlamentarios de contido xenérico solicitando que se presenten as emendas precisas ao proxecto de lei para que dun xeito claro e inequívoco se estableza a continuidade laboral de todos/as os/as traballadores/as de SODECO, engadindo xuntos os argumentos que cada colectivo desexe. Acórdase que a comisión de traballo continúe a súa actividade e agardar á resposta dos grupos parlamentarios aos escritos presentados.

A comisión de traballo entregou no Parlamento o 2 de novembro o escrito xenérico acordado. Ao escrito do Comité xuntouse un escrito do colectivo de indefinidos sen praza, mentres o colectivo de temporais non entregou escrito algún para ser incorporado ao do Comité.

Ese mesmo 2 de novembro a comisión de traballo reuniuse con José Manuel Lage Tuñas, do grupo parlamentario socialista, quen dixo que ía falar cos outros grupos parlamentarios para presentar unha emenda conxunta que permitise a estabilidade laboral e que chamaría para dar resposta. Non houbo resposta por parte deste deputado.

O 9 de novembro Antonio Rodríguez Miranda contestou que o grupo parlamentario popular aínda non ten unha decisión tomada en relación a presentación ou non dunha emenda ao Proxecto de Lei e que chamaría en
canto tivese a resposta definitiva. Non houbo nova resposta por parte deste deputado.

Chegados a este punto o Comité de Empresa acordou no día de onte disolver a comisión de traballo creada unha vez finalizados os seus obxectivos de creación, como eran os de transmitir aos tres grupos parlamentarios a súa preocupación pola estabilidade do emprego en SODECO.

2010/11/16

LA CIG TEME QUE EL CIERRE DE LOS CENTROS COMARCALES DEJE EN LA CALLE AL PERSONAL DE EXPOSALNÉS

Vilagarcía/la voz. Fecha de publicación: 16/11/2010
La CIG ha denunciado públicamente la situación en la que se encuentran los trabajadores del Centro Comarcal de O Salnés, que podrían quedar en la calle con el cierre del servicio. Aunque en un principio se había negociado la recolocación de los trabajadores de los centros comarcales, en el que caso de O Salnés se trata de personal indefinido sin cobertura definitiva de puesto, una modalidad que no viene reflejada en la Lei de Acompañamento dos Orzamentos 2011.
Según explica la CIG, es una situación derivada de «irregularidades laborais que se deron anteriormente coas empresas subcontratadas que xestionaban os centros comarcais e que levaron tanto a Inspección de Traballo como as Xulgados do Social a declarar unha cesión ilegal dos traballadores que obrigou a converter os contratos temporais en indefinidos, para posteriormente pasar a formar parte do cadro de persoal».
Lei de Acompañamento
Por esta circunstancia, la CIG recuerda que son trabajadores en igualdad de condiciones respecto a los que sí van a ser recolocados, y para que no se produzca esa discriminación que los podría dejar en la calle, ya han solicitado entrevistas con el director xeral de Desenvolvemento Rural y con el conselleiro de Medio Rural. Además, solicitan a los tres grupos parlamentarios que enmienden el texto de la Lei de Acompañamento «para que se lles garantan as mesmas oportunidades que o resto dos compañeiros».
 .
Fonte: . .
La Voz de Galicia

UNA NUEVA LEGISLACIÓN HACE PELIGRAR LOS EMPLEOS DEL CENTRO COMARCAL

.
La Confederación Intersindical Galega denuncia que la nueva Lei de Acompañamento incluida en los presupuestos de la Xunta de Galicia para el año 2011 podría traer graves consecuencias para el personal de los centros comarcales integrado en la Sociedade Anónima de Desenvolvemento Comarcal (Sodeco). Esta nueva normativa fuerza a la supresión de esta sociedad y deja en el aire el futuro de una veintena de trabajadores de toda Galicia, entre ellos dos adscritos al Centro Comarcal do Salnés con sede central en Cambados.
 .
Así lo señalaba ayer el secretario comarcal de CIG-Salnés, Xoán Xosé Bouzas Aboi, que matizaba que estos movimientos administrativos por parte de la Xunta de Galicia derivan en que “non se establecen alternativas para a recolocación do persoal con contrato indefinido sen cobertura definitiva no posto do traballo”.
 .
Y es que los problemas laborales en los centros comarcales de toda Galicia se remontan a tiempo atrás. La CIG advierte que ya hace años se pusieron de manifiesto una serie de “irregularidades laborales” que fueron llevadas tanto a la Inspección de Traballo como a los Xulgados do Social en donde se declaró la decisión ilegal de varios trabajadores que tuvieron que ser revertidos de temporales a indefinidos.
 .
Y es que desde el sindicato no acaban de concebir cual es el problema real que lleva a la Xunta de Galicia a tomar una decisión tan drástica. Xoán Xosé Bouzas matiza que “na relación de postos de traballo xa figuran como persoal laboral indefinido e os seus postos de traballo xa están orzamentados para o vindeiro ano polo que non suporía un incremento das partidas orzamentarias contempladas como gasto na Consellería de Medio Rural”.
 .
Lo cierto es que las negociaciones entre el Comité de trabajadores y los distintos responsables tanto de SODECO como de la Xunta de Galicia ya han sido iniciadas. Ahora, la CIG insta que, al igual que ya hizo el BNG mediante una pregunta parlamentaria, sean los distintos partidos políticos los que tomen partido en el mismo sentido.
 .
De hecho, solicitan que los tres partidos enmienden el texto de la Lei de Acompañamento para “que se lles garanta as mesmas oportunidades que o resto dos compañeiros logrando a estabilidade no emprego que no seu momento nos vimos obrigados a denunciar”.
 .
Datos concretos > La CIG pone los datos sobre la mesa y recalca que “co peche do Centro Comarcal do Salnés a comarca perdería uns servizos públicos que atenderon dende a súa apertura a máis de 370.000 visitantes e tivo máis de 2.700 actividades nas súas salas con case 60.000 persoas que acudiron a ditas instalacións”.
.
Además, especifican que en Exposalnés “atópase o Centro da Rede de Dinamización que tivo 101 obradoiros cunha duración total de 812 horas nos cales participaron 828 persoas”. En este sentido incide también en que “o Centro contaba con 693 usuarios e agora atópase pechado”.
La situación perjudica a más mujeres que a hombres a nivel de Galicia.

.

Fonte:
Diario de Arousa 
Martes, 16 de Noviembre de 2010   
Cambados

2010/11/14

A XUNTA DESPIDE A MÁIS DE 40 TRABALLADORES DAS SOCIEDADES COMARCAIS

.

É persoal que ten contratos indefinidos e que serán despedidos coa disolución de SODECO e coas "precisións" da Lei de Acompañamento aos orzamentos do 2011.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 14/11/2010

"Temos que dicir que a nosa situación produciuse por unha serie de irregularidades laborais que se deron anteriormente coas empresas subcontratadas que xestionaban estes centros comarcais, declarándose tanto por parte da Inspección de Traballo como polo Xulgado do Social, unha cesión ilegal de traballadores, tendo que convertir os nosos contratos temporais en indefinidos para posteriormente pasar a formar parte da plantilla da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal".

Así de contundentes se manifestaron estes traballadores que denuncian que a Xunta utilizou a "porta de atrás", coa disolución de Sociedade de Desenvolvemento Comarcal (SODECO) a través da Lei de Acompañamento dos orzamentos 2011, que prevé a integración dos seus traballadores na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

"Violando dereitos constitucionais"

Pero nesa lei non se fai alusión á integración, en Agader, do persoal con contrato indefinido sen cobertura definitiva de posto; en total, preto de 40 persoas. Por iso denuncian que se están violando os seus dereitos constitucionais que se "conseguiu por Sentenza Xudicial" e porque, por parte da Xunta houbo un "Acordo de Recoñecemento dos seus Dereitos Laborais".

"As traballadoras dos centros comarcais non temos a culpa da actual crise financeira que sufre o sistema, nin temos porqué pagar a austeridade nas contas do actual goberno da Xunta, xa que pensamos que recortar gastos pódese facer doutra maneira e non mediante despidos", aseguran nun comunicado remitido a GC.

Peticións aos grupos parlamentarios


Por todo iso solicitan dos grupos parlamentarios do PPdeG, PSdeG e BNG que emenden o texto da normativa que se está a debater no Parlamento para ter "as mesmas oportunidades que o resto dos compañeiros, logrando a estabilidade no emprego que no seu momento nos vimos obrigadas a denunciar tanto nos Xulgados do Social, como na Inspección de Traballo como nos diferentes medios de comunicación".

A súa situación é moi diferente a dos xerentes dos centros comarcais que serán readmitidos na nova estructura de Agader. Precisamente, durante o bipartito, acordouse a fusión de SODECO e Agader e xa se recollía a disolución da xerencia destes centros. Durante a campaña electoral o PPdeG prometeu que os ía incorporar novamente á estructura de Medio Rural. Sen embargo, deixa desprotexidos aos traballadores indefinidos da mesma sociedade.

 Galicia Confidencial

 

2010/11/12

EMPLEADOS DE LOS CENTROS COMARCALES DE VIVEIRO Y MONDOÑEDO TEMEN EL CIERRE Y QUEDAR SIN EMPLEO

Empleados de los centros comarcales de Viveiro y Mondoñedo temen el cierre y quedar sin empleo 

viveiro/la voz. Fecha de publicación: 12/11/2010

«Os centros comarcais de Viveiro e Mondoñedo poden desaparecer o próximo ano», en opinión del colectivo de 21 trabajadores de toda Galicia que perderían sus empleos en trece centros comarcales de toda la autonomía.

Aseguran que sus puestos están en peligro por las «irregularidades laborais cometidas pola Sociedade de Desenvolvemento Comarcal de Galicia». Se declaran «vítimas dos efectos dunha inicial contratación ilegal a través de empresas subcontratadas». Son personal indefinido y que, por tanto, no será integrado en la Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Cerrar los centros comarcales supondría «perder uns servizos que atenderon» desde que abrieron a «máis de 65.000 usuarios» en Viveiro y a «máis de 9.000» en Mondoñedo, añaden los empleados.


Link a noticia na Voz de Galicia

2010/11/11

EMENDAS A TOTALIDADE DE DEVOLUCIÓN AO PROXECTO DA LEI DE ORZAMENTOS 2011

 .
.
EMENDAS A TOTALIDADE DE DEVOLUCIÓN AO PROXECTO DE LEI DE ORZAMENTOS 2011 XUNTA DE GALICIA

 EMENDAS A TOTALIDADE  DE DEVOLUCIÓN AO PROXECTO DE LEI DE MEDIDAS FISCAIS E ADMINISTRATIVAS 2011 XUNTA DE GALICA

DENUNCIAN QUE A XUNTA NON PREVÉ A RECOLOCACIÓN DAS TRABALLADORAS DOS CENTROS COMARCAIS INTEGRADOS EN SODECO

.
.
A normativa contempla a recolocación dunha parte do cadro de persoal pero non estabelece alternativas para o persoal indefinido sen cobertura definitiva de posto
.
A decisión da Xunta de Galiza de disolver a Sociedade Anónima de Desenvolvemento Comarcal (SODECO) podería ter graves consecuencia para o persoal dos centros comarcais integrados nesta sociedade. Representantes do Comité de Empresa e traballadores/as denunciaron que a Lei de Acompañamento dos orzamentos 2011 regula as distintas posibilidades de integración do persoal que presta servizos nesta sociedade, pero non estabelece alternativas para a recolocación do persoal con contrato indefinido sen cobertura definitiva no posto de traballo.
.
Segundo explicaron, a súa situación deriva dunha serie de irregularidades laborais que se deron anteriormente coas empresas subcontratadas que xestionaban este centros comarcais e que levaron tanto á Inspección de Traballo como aos Xulgados do Social a declarar unha cesión ilegal de traballadores/as, o que obrigou a converter os contratos temporais en indefinidos, para posteriormente pasar a formar parte do cadro de persoal.
.
Xunto a isto, denunciaron que no artigo 16 da Lei de Medidas Fiscais e Administrativas (Lei de Acompañamento dos orzamentos 2011), que se está a debater xunto cos orzamentos de Galiza, fálase da reorganización dos instrumentos de xestión da Xunta de Galiza no eido do desenvolvemento rural e regúlanse as distintas posibilidades de integración do persoal que presta servizos para a citada sociedade, dentro da Axencia de Desenvolvemento Rural.
.
Porén, non se fai alusión á integración na devandita Axencia, do persoal con contrato indefinido sen cobertura definitiva de posto, que é o seu caso. Por iso, denuncian que “para dar cumprimento ao principio constitucional de igualdade debería regularse a integración de todo o persoal”, advertindo que, “do contrario, se estaría a vulnerar un dereito adquirido polos traballadores/as dos Centros Comarcais”.
.
Lembran que a unha parte das traballadoras se lles recoñeceu por Acordo de Sentenza Xudicial a condición de indefinidas e que outra parte asinou un Acordo de Recoñecemento de Dereitos Laborais, no que se contempla expresamente a condición de traballadores/as contratados por tempo indefinido adquirindo “tanto uns como outros, a condición de persoal laboral fixo de plantilla de superar o proceso selectivo que regulamentariamente se convoque ao efecto”. Un proceso que aínda non se convocou e do que afirmaron “descoñecemos os motivos de por que non se fixo”.
.
Sinalan ademais, que na Relación de Postos de Traballo (RTP) xa figuran como “persoal laboral indefinido” e que os seus postos de traballo xa están orzamentados para o vindeiro ano polo que aseguran que “non suporía un incremento das partidas orzamentarias” contempladas como gasto na consellaría de Medio Rural.
.
Xuntanza co Director Xerente de SODECO
.
Representantes do Comité e traballadoras/es sinalaron que estes foron os aspectos transmitidos ao Director Xerente de SODECO, Severino Álvarez Monteserín, con quen se reuniron esta mesma mañá e quen como toda resposta díxolles que “descoñece o futuro dos centras comarcais no que respecta ao seu persoal” pero que, en todo caso se remitía ás declaracións realizadas polo conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, no Parlamento.
.
O Comité de Empresa agarda recibir resposta á súa solicitude de entrevista co Director Xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, que é ademais conselleiro delegado de SODECO e ten solicitada tamén unha xuntanza co conselleiro, da que agardan resposta.
.
Ademais xa se entrevistaron cos grupos parlamentarios. A este respecto explicaron que Tereixa Paz, do BNG, xa fixo unha pregunta en Comisión ao conselleiro de Medio Rural, a este respecto e que agardan a resposta do PP e do PSOE, que se comprometeron, o primeiro a tratar o asunto no seu grupo e o segundo a falar cos outros dous grupos para presentar unha emenda conxunta.
.
Recortar gastos
.
As traballadoras dos centros comarcais aseguraron que non son responsábeis “da actual crise financeira que sofre o sistema, nin temos por que pagar a austeridade nas contas do actual goberno da Xunta, xa que pensamos que de recortar gastos pódese facer doutra maneira e non por medio de despedimentos”.
.
Por iso solicitaron dos tres grupos parlamentarios que emenden o texto da Lei de Acompañamento, para que se lles garantan as mesmas oportunidades que o resto dos compañeiros “logrando a estabilidade no emprego que, no seu momento nos vimos obrigadas a denunciar, tanto nos xulgados do social como na Inspección de Traballo ou nos diferentes medios de comunicación.
.
Neste sentido, Roberto Alonso, de CIG-Servizos denunciou que tras desta situación agóchase a intención da Xunta de Galiza de recortar gastos a través dos despedimentos e impoñendo medidas como a redución do 5% nos salarios dos empregados/as públicos/as. Unha medida que casualmente, no caso de SODECO, ven de ser anulada polo propio Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.
.
Alonso cuestionou que fronte a isto, non se adoptan outras medidas, como eliminar o famoso “plus de altos cargos” e denunciou que, casualmente as máis afectadas son mulleres, como ocorre neste caso (todas agás un). Por iso anunciou que se no debate parlamentario non se introducen modificacións no texto e se as traballadoras así o deciden, a CIG está disposta a iniciar mobilizacións.
.

Antonio Pais Andrade (UGT) - Xurxo Dorrego (Presidente Comité Empresa SODECO) - Ana González Miragaya (Xestora Centros Comarcais SODECO) - Roberto Alonso (CIG)

Denuncian que a Xunta non prevé a recolocación das traballadoras dos centros comarcais integrados en SODECO (VIDEO)

 

 Antonio Pais Andrade (UGT) - Xurxo Dorrego (Presidente comité de empresa SODECO) - Ana González Miragaya (Xestora Centros Comarcais) - Roberto Alonso (CIG)

.
As traballadoras dos diferentes Centros Comarcais, integrados na Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal (SODECO), queremos denunciar que actualmente a decisión da Xunta de disolver esta Sociedade pode ter graves consecuencias para os nosos postos de traballo por canto na Lei de Acompañamento dos orzamentos 2011 se regulan as distintas posibilidades de integración do personal que presta servicios nesta sociedade, pero non se establece alternativas para a nosa recolocación, tendo todas contrato indefinido sen cobertura definitiva do posto de traballo.

Temos que dicir que a nosa situación produciuse por unha serie de irregularidades laborais que se deron anteriormente coas empresas subcontratadas que xestionaban estes centros comarcais, declarándose tanto por parte da Inspección de Traballo como polo Xulgado do Social, unha cesión ilegal de traballadores, tendo que convertir os nosos contratos temporais en indefinidos para posteriormente pasar a formar parte da plantilla da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal.

No artigo 16 da Lei de Medidas Fiscais e Administrativas (Lei de Acompañamento dos orzamentos 2011), que se está a debater nos orzamentos de Galicia fálase da reorganización dos instrumentos de xestión da Xunta de Galicia no eido do desenvolvemento rural, e regúlanse as distintas posibilidades de integración do personal que presta servicios para a citada sociedade, dentro da Axencia de Desenvolvemento Rural.

Porén, non se fai alusión á integración na devandita Axencia do persoal con contrato indefinido sen cobertura definitiva do posto, sendo ese o noso caso. O caso da non integración.

Por iso, denunciamos que para dar cumprimento ao principio constitucional de igualdade debería regularse a integración de todo o personal, xa que entendemos que do contrario, se estaría a vulnerar un dereito adquirido por nós, dereito, que como xa dixemos, conseguiuse por Sentenza Xudicial e a condición de indefinidas e posteriormente a outra parte asinou un Acordo de Recoñecemento dos seus Dereitos Laborais, nos que se contempla expresamente a condición de traballadoras contratadas por tempo indefinido adquirindo “tanto uns como outros, a condición de personal laboral fixo de plantilla de superar o proceso selectivo que regulamentariamente se convocase ao efecto”. Un proceso que aínda non se convocou, descoñecendo os motivos de porqué non se fixo, esa non convocatoria.

Sinalamos ademais, que na Relación de Postos de Traballo (RTP) xa figuramos como “personal laboral indefinido” e que os nosos postos de traballo xa están orzamentados para o vindeiro ano polo que “non suporía incremento das partidas orzamentarias” contempladas como gasto na consellaría de Medio Rural.

En canto a xuntanza que mantivemos hoxe co Director Xerente de Sodeco, Severino Alvarez Monteserín, tanto os nosos representantes do Comité de Empresa como as diferentes compañeiras transmitímoslle ao Director Xerente de SODECO, Severino Alvarez, a nosa situación e mantemos unha xuntanza hoxe pola mañan con el. Nesta xuntanza comunícanos que aínda que el descoñece o futuro dos Centros Comarcais, no que concerne ao seu persoal remítenos ás declaracións do Conselleiro do Medio Rural Samuel Juárez no Parlamento.

Tamén o Comité de Empresa agarda recibir resposta á súa solicitude de entrevista co Director Xeral de Desenvolvemento Rural, Don Antonio Crespo, que é ademais conselleiro delegado de SODECO, igualmente temos solicitada unha reunión co Conselleiro Samuel Juarez da que agardamos resposta.

Tamén nos entrevistamos cos grupos parlamentarios. A deputada do BNG, Tereixa Paz, xa fixo unha pregunta en Comisión o conselleiro de Medio Rural, e a este respecto estamos agardando a resposta do PP e do PSOE, quen se comprometeron, os primeiros a tratar o asunto no seu grupo e os segundos a falar cos outros dous grupos para presentar unha emenda conxunta.

Onte o grupo parlamentario Popular comunicounos que aínda non tomou ningunha decisión.

As traballadoras dos centros comarcais non temos a culpa da actual crise financeira que sufre o sistema, nin temos porqué pagar a austeridade nas contas do actual goberno da Xunta, xa que pensamos que recortar gastos pódese facer doutra maneira e non mediante despidos.

Por todo o anterior solicitamos dos grupos parlamentarios do PP, PSOE e BNG que emenden o texto da normativa que se está a debater no Parlamento tendo as mesmas oportunidades que o resto dos compañeiros, logrando a estabilidade no emprego que no seu momento nos vimos obrigadas a denunciar tanto nos Xulgados do Social, como na Inspección de Traballo como nos diferentes medios de comunicación.
.
.

2010/11/10

A XUSTIZA FALOU MOI CLARO: MAR PEREIRA DEBE DIMITIR










Escrito por Alexandre Prieto   
Mércores, 10 Novembro 2010 00:44
Un ambiente de represión, terror e acoso laboral. Este é o resumo do ambiente laboral descrito no informe oficial emitido dende a Inspeción de Traballo sobre os despedimentos masivos de persoal dependente da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Administrativa dende que Mar Pereira fora nomeada a súa máxima responsábel. En base a este informe, o Xulgado do Social número un de Santiago de Compostela declarou a nulidade dos despedimentos denunciados, dándolle así á razón ás reiteradas denuncias que nos últimos meses vimos facendo dende a CIG-Autonómica.

Represión laboral e represión sindical

Nesta recente sentenza, a Xustiza recoñece que os despidos tiveron como causa real a persecución sindical e a represión laboral nos centros de traballo. Trátase do personal contratado nos distintos Centros Tecnolóxicos e de I+D que foran postos en marcha durante o bipartito e que comezaron a ser desmantelados ou privatizados coa volta a San Caetano do Partido Popular. Entre outros a xustiza dalle a razón aos traballadores e traballadoras de centros tecnolóxicos como Mancomún, a Rede de Dinamización e os distintos centros e proxectos de I+D+i.

Despilfarro e nova adxudicación de licenzas

Dende a CIG-Autonómica lembramos tamén o alto custe económico que estes procesos xudiciais supoñen para a cidadanía. Así, os gastos estimados resultantes de sumar as indemnizacións, taxas, gastos de asesoría xurídica e representación así como as improcedencias suporán un custe aproximado de 1 millón de euros.
Asímesmo é preciso lembrar as perdas derivadas polos cambios na xestión dos centros tecnolóxicos, das que son boa representación os 2 millóns de euros en axudas europeas que se perderon debido ao desmantelamento Mancomún. Tamén relacionado co software libre, compre sinalar que este despilfarro pode constatarse coa política de licenzas de software onde o Partido Popular adxudicou a traverso de Mar Pereira mais de 6 millóns de euros en licenzas de programas como Windows ou Office, que outras administracións están substituíndo por alternativas libres gratuítas como Ubuntu ou OpenOffice.
Neste sentido a CIG-Autonómica denuncia que a pesar das promesas de ter unificado a compra de licenzas nun único contrato, o pasado venres 5 de novembro a Secretaría Xeral de Modernización adxudicou 800.000 euros en novas licenzas para o "software de base" deste mesmo organismo. Desta forma Mar Pereira deixa blindada a entidade que dirixe contra o software libre durante alomenos tres anos. Non resulta posible outorgar a máis mínima credibilidade ás promesas dunha persona que fai o contrario do que dí públicamente.
O Partido Popular ofrecía no seu programa eleitoral a promesa do uso do software libre. En troques de inxectar unha cantidade inxente de fondos públicos nunha situación de crise a empresas privadas, de cumpriren o seu programa so faría falla unha pequena cantidade para obtermos unha verdadeira promoción dun tecido productivo propio ligado ao desenvolvemento de software, ás necesidades de instalación e de mantemento. Pero non, todo ese diñeiro vaise para xerar emprego fora do país. E sempre sen esquecer que o argumento do recorte salarial dos empregados públicos o xustifican coa reducción de ingresos e a necesidade política de contención do gasto.

A CIG esixe a dimisión de Mar Pereira

Dende a CIG-Autonómica, lembramos que a persecución por causas políticas ou sindicais é unha inxustificabel agresión contra a liberdade de opinión e de expresión, que por estar tipificada como delito no Código Penal podería ser causa de inhabilitación para o exercizo de cargo público. Todos os despedimentos considerados nulos tiveron lugar baixo a xestión de Mar Pereira, única responsabel política dos feitos denunciados.
No que se refire á política tecnolóxica, a Secretaria Xeral de Modernización non cumpriu a día de hoxe nin un só dos seus compromisos. Máis alá deso, resulta evidente que as adxudicacións reiteradas e masivas de licenzas de software contradín as promesas de implantar o software libre realizadas públicamente por ela, que desta forma queda completamente desacreditada para o cargo que ostenta.
Por todos estes motivos, dende a principal central sindical do país esiximos a destitución de Mar Pereira e a designación dunha persona competente para asumir as importantes funcións deste organismo.

Noticia publicada na:

2010/11/05

CIG SODECO INFORMA 9 DE NOVEMBRO DE 2010. SENTENZA CONFLITO COLECTIVO REDUCIÓN SALARIAL

.
.
  Estimad@s compañeir@s,

  Onte xoves 4 de novembro recibimos a sentenza do TSXG en relación ao conflito colectivo presentado pola redución salarial. Declárese nula de pleno dereito a decisión da empresa de efectuar unilateralmente tal redución, xa que ésta débese facer de xeito acordado polas dúas partes, cousa que non aconteceu. Ten a empresa agora a posibilidade de recurrir ante o Tribunal Supremo. Agardaremos á decisión que tome a dirección da empresa.

  Nos seguintes enlaces tedes máis información e valoracións do que supón esta sentenza: 


 Descarga a Sentenza: 


.


2010/11/04

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO 2 DE NOVEMBRO DE 2010

 .
.
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA
DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL
DE GALICIA DO 2 DE NOVEMBRO DE 2010
ACTA 14/2010



ASISTENTES:

Pola CIG:

Manuel Jorge Dorrego Taín
Gonzalo González Bernárdez
Ana Isabel Paz Villar

Por UGT:
Dominique Aller González
Inmaculada Serantes Duran

Por CCOO:
María Dolores Rodríguez Campos

En Santiago de Compostela, sendo as 10:00 horas do día 2 de novembro de 2010, reúnese en sesión ordinaria o Pleno do Comité de Empresa no centro de traballo da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia coa asistencia das persoas anteriormente relacionadas, segundo a seguinte orde do día:

Punto primeiro.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
Punto segundo.- Información das actividades da Comisión de Traballo creada o 25 de outubro para informar aos grupos parlamentarios das consecuencias do Proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas.
Punto terceiro.- Achegas e preguntas

Punto primeiro:
Foi lida e aprobada por unanimidade a acta da reunión anterior.

Punto segundo:
En calidade de integrantes da comisión de traballo, asisten con voz pero sen voto a este punto da orde do día as traballadoras Amparo Martín e Ana Rosa Doval.

Manuel Jorge Dorrego expón que a comisión de traballo foi recibida no Parlamento o xoves 28 de outubro polo grupo parlamentario do BNG por Tereixa Paz e polo grupo parlamentario popular por Antonio Rodríguez Miranda. Expuxéronselles a ambos as problemáticas dos colectivos dos indefinidos e dos temporais no Proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas e ambos comentaron que analizarían no seu grupo parlamentario a posibilidade de presentar emendas ao texto do proxecto de lei. Pola súa parte, Antonio Rodríguez Miranda comprometeuse a dar unha contestación á comisión de traballo unha vez feitas as súas consultas no seu grupo parlamentario. M.J. Dorrego indica que polo de agora non contestou nada.

O venres 29 de outubro reúnese a comisión de traballo e decide presentar por escrito no Parlamento as peticións aos grupos parlamentarios, e que sexa o Comité de Empresa quen canalice estas peticións.

Ana Rosa Doval indica que o seu colectivo de indefinidos redactou un escrito para dirixir aos grupos parlamentarios argumentando a súa situación, escrito que entrega ao Comité de Empresa.

Acórdase por unanimidade que o Comité de Empresa presente un escrito aos grupos parlamentarios de contido xenérico solicitando que se presenten as emendas precisas ao proxecto de lei para que dun xeito claro e inequívoco se estableza a continuidade laboral de todos/as os/as traballadores/as de SODECO, engadindo xuntos os argumentos que cada colectivo desexe. Ana Rosa Doval solicita que se entregue conxuntamente o escrito entregado ao Comité de Empresa, acordándose así facelo. Dominique Aller indica que consultará ao colectivo de temporais se queren engadir algún escrito aos grupos parlamentarios.

Acórdase que o Comité de Empresa redacte o escrito xenérico, que será entregado hoxe mesmo no Parlamento, aproveitando que a comisión de traballo está citada co grupo parlamentario socialista.

Ana I. Paz indica que o colectivo de indefinidos mantivo unha reunión no día de onte na que acordaron celebrar unha rolda de prensa para explicar a súa situación. Pregunta se UGT e CCOO van dar o seu apoio a este acto, tanto a nivel sindical como na representación no Comité de Empresa, dado que o apoio da CIG xa lles foi manifestado.

María Dolores Rodríguez, por CCOO manifesta o seu apoio á rolda de prensa, dependendo do seu contido, e comprométese a facer a consulta ao seu sindicato, e no caso de tomar outrasmedidas, entende que deberán  ser coñecedores das mesmas o resto de compañeiros/as, mediante convocatoria ao efecto de Asemblea.

UGT indica que necesitan coñecer o texto da rolda de prensa antes de dar o seu apoio, ademais de saber a data posible e de someter a decisión de apoio á aprobación en asemblea pola maioría dos traballadores. A nivel sindical Dominique Aller comprometeuse a facer a consulta no seu sindicato e transmitila despois.

CIG indica que apoiará todas as medidas que propoñan o colectivo de indefinidos.

Amparo Martín propón, antes de tomar calquera medida, agardar a ter unha resposta dos grupos parlamentarios. Acórdase por unanimidade que a comisión de traballo continúe a súa actividade e agardar á resposta dos grupos parlamentarios aos escritos presentados.

Punto terceiro:
Non se formularon achegas e preguntas.

Dáse por finalizada a sesión ás 11:30h. En proba de conformidade todos os asistentes asinan a presente Acta no lugar e data recollidos no encabezamento desta.
.
.

2010/10/29

ULTIMAS NOVAS DE PRENSA

.
.

RESUMO DE REFERENCIAS A SODECO NO DEBATE PARLAMENTARIO DO 28.10.2010

.
.

As referencias a SODECO na sesión parlamentaria que podedes ver neste vídeo son as seguintes:

1. Intervención de Tereixa Paz (BNG). Inicio no tempo 00:40:45.

2. Réplica de Tereixa Paz (BNG). Inicio no tempo 01:24:50.

3. Contrarréplica do Conselleiro do Medio Rural Samuel Juárez. Inicio no tempo 01:42:24.

Transcrición das declaracións de Samuel Juárez:
"O que se vai facer coa extinción da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal e co seu persoal é que aquél persoal que ingresou a través de procedementos reglados, principio de mérito e capacidade, váiselle ofrecer un acomodo dentro doutros organismos e eso é o que se vai facer exactamente. Aquél persoal que non ingresou na Administración polos procedementos regulares, éses que non entraron por procedementos regulares evidentemente non van a seguir porque, señora Paz, eu quixera que fixese unha pequena reflexión comigo: si extinguimos entes para quedarnos con todo o gasto entón estariamos facendo un fraude aos cidadáns, evidentemente. Eso é evidente. Polo tanto nós non vamos a facer fraude aos cidadáns e nós vamos a facer, de verdad, un exercicio de adelgazamento da Administración que pensamos que fai moita falta."

Nota: Este vídeo atópase nun servidor do Parlamento e polo tanto a vixencia do enlace dependerá da web do Parlamento.
.
.

2010/10/28

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO 25 DE OUTUBRO DE 2010

 .
.
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA
DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL
DE GALICIA DO 25 DE OUTUBRO DE 2010
ACTA 13/2010




ASISTENTES:

Pola CIG:
Manuel Jorge Dorrego Taín
Gonzalo González Bernárdez
Roberto Blanco Martínez
Carolina Sevilla Carbón

Por UGT:
Dominique Aller González
Inmaculada Serantes Duran
María Elena Bernárdez López

Por CCOO:
María Dolores Rodríguez Campos

En Santiago de Compostela, sendo as 13:00 horas do día 25 de outubro de 2010, reúnese en sesión ordinaria o Pleno do Comité de Empresa no centro de traballo da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia coa asistencia das persoas anteriormente relacionadas, segundo a seguinte orde do día:

Punto primeiro.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
Punto segundo.- Análise do Proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas. Debate e aprobación, se procede, de medidas a tomar.
Punto terceiro.- Achegas e preguntas

Punto primeiro:
Foi lida e aprobada por unanimidade a acta da reunión anterior.

Punto segundo:
O Presidente expón a nova situación coa presentación do Proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas aprobado polo Consello da Xunta de 19 de outubro como Lei de acompañamento do Proxecto de Orzamentos 2011. Indica que na web do Parlamento aínda non está publicado o calendario de debate dos orzamentos 2011.

CCOO propón solicitar unha reunión co Conselleiro Delegado e o Director Xerente para pedirlle explicacións sobre o novo Proxecto de Lei.

CIG propón solicitar unha comparecencia pública do Conselleiro Delegado e o Director Xerente ante todos os traballadores para explicar o alcance e consecuencias da aplicación da nova Lei nos traballadores de SODECO e atender ás posibles dúbidas que se lle formulen.

Tras debater as propostas acórdase por unanimidade solicitar por escrito ao Conselleiro Delegado a comparecencia ante os traballadores de SODECO.
Dominique Aller indica que UGT recomendoulle presentar como Comité de empresa ante os grupos parlamentarios as demandas dos traballadores de SODECO en relación ao novo Proxecto de Lei.

Acórdase por unanimidade constituír unha comisión de traballo para presentar aos grupos parlamentarios a problemática dos traballadores temporais e indefinidos non fixos debido a que na redacción do novo Proxecto de Lei non queda clara a súa opción de integración nas entidades de destino.

Acórdase por unanimidade que a comisión estea formada polos membros do comité de empresa Manuel Jorge Dorrego (CIG), Dominique Aller (UGT) e María Dolores Rodríguez (CCOO) e tamén propoñer a asistencia dalgún membro do colectivo de indefinidos non fixos.

Punto terceiro:
Dominique Aller propón preguntar ao Conselleiro Delegado se os traballadores con contratos temporais manterán o seu contrato na entidade de destino en base ao parágrafo quinto da alínea Un do Artigo 16 do Proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas. Acéptase por unanimidade a proposta.

Gonzalo González propón preguntar tamén ao Conselleiro Delegado se en base ao mesmo parágrafo os traballadores indefinidos non fixos manterán os seus contratos na entidade de destino. Acéptase por unanimidade a proposta.

Dominique Aller propón solicitar ao Conselleiro Delegado unha actualización da RPT na que figuren todos os traballadores de SODECO incluídos os contratados por obra e servizo. Tras debater a proposta acórdase por unanimidade solicitar unha relación de persoal na que figuren todos os traballadores de SODECO indicando para cada un o código e a denominación do posto que ocupa, o nome do traballador e o tipo de contrato.

Dáse por finalizada a sesión ás 14:00h. En proba de conformidade todos os asistentes asinan a presente Acta no lugar e data recollidos no encabezamento desta.
 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.