2011/12/29

Consello da Xunta do 29 de decembro de 2011


A XUNTA CREA O INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO PARA REFORZAR O LABOR DE ASESORAMENTO AOS CONCELLOS E AOS CIDADÁNS EN MATERIA DE URBANISMO E PROTECCIÓN DA PAISAXE

  • Neste organismo integraranse a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, e oSistema de Información Territorial de Galicia (SITGA), o que redundará nunha mayor eficacia na  xestión e un aforro económico de máis de 3 millóns de euros, evitando duplicidades innecesarias
  • O Instituto representa un novo avance do Goberno galego en prol da protección, mellora e ordenación do territorio galego, ao tempo que se da resposta ao mandato legal incluído na Lei de ordenación do territorio e Galicia

O Consello da Xunta na súa reunión de hoxe aprobou o decreto polo que se aproban os estatutos do Instituto de Estudos do Territorio, que o Goberno galego prevé poñer en funcionamento no ano 2012. Trátase dun organismo autónomo que dependerá da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, departamento que crea este instituto para reforzar o labor de asesoramento aos concellos en materia de urbanismo, así como unha resposta áxil e eficaz, a través da utilización eficiente dos recursos públicos, ás necesidades dos cidadáns e dos equipos técnicos que traballan en cuestións relacionadas co territorio e a paisaxe.

Coa constitución deste ente non se incrementará o gasto de persoal e mellorarase a eficiencia e a organización administrativa, evitando duplicidades innecesarias. O instituto integrará a actual Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, a Subdirección de Sistemas de Información Territorial de Galicia (é dicir, o SITGA, ata o de agora incluído na Sociedade de Desenvolvemento Comarcal) e a Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartográfica. Así mesmo, no seo do instituto crearase o Observatorio Galego da Paisaxe.

Ademais, coa proposta elaborada estímanse importantes aforros na xestión da información do territorio, dotando a propia Xunta de Galicia, os concellos galegos e os cidadáns, dunha ferramenta necesaria para unha xestión dinámica e eficiente deste.

A incorporación do equipo técnico do SITGA fará posible a realización de traballos de produción, mantemento e actualización das bases cartográficas oficiais da Xunta de Galicia. Estas tarefas producirán un aforro de máis do 30% (estimados nuns 3 millóns de euros en catro anos) na elaboración dos datos e dun 80% na actualización continua destes.

A nova composición implica a modificación da actual estrutura tanto da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe como da Sociedade de Desenvolvemento Comarcal na procura dunha maior eficiencia na súa organización e para evitar a duplicidade de servizos, sen que iso supoña un incremento de gasto de persoal.

Este novo ente constitúe un novo avance do Goberno galego en prol da protección, mellora e ordenación do territorio galego, e unha aposta clara pola eficiencia, o aforro e a sustentabilidade.

Natureza e funcións
O Instituto de Estudos do Territorio crearase como organismo autónomo de carácter administrativo que ten por obxecto a análise, o estudo e o asesoramento das administracións autonómica e municipal en materia de urbanismo, a ordenación do territorio e a protección e xestión da paisaxe. Entre as súas funcións destacan:
  •  Realizar traballos de investigación, análise, estudo e difusión sobre urbanismo e ordenación do territorio.
  • Prestarlles asistencia e asesoramento aos concellos de Galicia para a elaboración do planeamento urbanístico e a xestión e execución do planeamento.
  • Prestarlle apoio á consellaría competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio.
  • A compilación e o tratamento da información do territorio galego, así como a produción cartográfica para as diferentes consellerías e organismos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os órganos de goberno deste organismo serán a Presidencia, que lle corresponderá á persoa titular da consellería competente en materia de ordenación do territorio e ubanismo; e o Consello Reitor, que é o órgano colexiado de goberno integrado pola presidencia, vicepresidencia, secretaría e sete vogais.

En relación coa súa estrutura administrativa destacan o Departamento Xestión Xurídico- Administrativa, que centralizará todo o labor relativo á dita denominación; e o Departamento Técnico de Estudos, no que se integrarán o Servizo de Planificación da Paisaxe, o Servizo de Coordinación e Información Territorial e o Servizo de Estudos respectivamente.

O nacemento do Instituto de Estudos do Territorio obedece á necesidade de dar resposta ao mandato legal inserto na Lei de ordenación do territorio de Galicia. Porén, o cumprimento deste mandato legal faise tendo en conta a oportunidade que supón a aprobación das directrices de Ordenación do Territorio e do Plan de Ordenación do Litoral e a Estratexia Galega da Paisaxe que durante estes dous últimos anos realizou a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe coa estreita colaboración da Subdirección de Sistemas de Información Territorial de Galicia da Sociedade de Desenvolvemento Comarcal.

2011/12/28

NOTA INFORMATIVA






Nota informativa das reunións celebradas o dia 27 de decembro nas dependencias da Barcia é na consellería do Medio Rural




A) Reunión na Sociedade Comarcal

O Director Xerente convoca ao Comité de Empresa para facer entrega do borrador da "Proposta de Resolución Conxunta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e do Medio Rural, pola que se concretran os postos de traballo que se adscriben ao organismos autónomo Instituto de Estudos do Territorio e á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural procedentes da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia e do Bantegal"
 
B) Reunión en MEDIO RURAL

Dende as Consellerías do Medio Ambiente e Medio Rural, convocouse as centrais sindicais para presentarlles a " Proposta de Resolución Conxunta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e do Medio Rural, pola que se concretran os postos de traballo que se adscriben ao organismos autónomo Instituto de Estudos do Territorio e á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural procedentes da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia e do Bantegal"
A esta reunión asistiron tres representantes do Comité de empresa de SODECO, un por cada sindicato, en calidade de "asesores"

Pola administración estaban presentes O Secretario Xeral do Medio Rural e o Vicesecretario Xeral de Medio Ambiente

RESUMO:



1.- Entrega do novo borrador da proposta (achégase copia)



2.- O Secretario do Medio Rural di que o "decreto polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio", se aprobará o dia 29 de decembro no consello da Xunta.



3.- Convocase a unha comisión para o venres 30 que analizará a "proposta de resolución conxunta" das consellerías, onde as centrais sindicais designarán a un representante, podendo facer comentarios ou alegacións sobre o texto.



4.- Unha vez publicado o "decreto dos estatutos do Instituto", constituirase unha "comisión de valoración", como se di na disposición adicional sexta punto catro.

Non se establece data para isto.




5.- A resolución da proposta terá que ser notificada aos interesados comunicandolles a súa adscrición





6.- Logo se dará opción de integración ao persoal laboral fixo (tampouco hai data), o resto de persoal o asumen directamente os novos entes.



7.- Tamen  se nos di que se asumen todos os obra e servizo como persoal indefinido non fixo, como asi aparece nos anexos do borrador da proposta de resolución conxunta.



8.- En resumen, que unha vez publicado o "decreto polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio", este desenvolverase segundo di o seu articulado e disposicións.

2011/12/19

COMUNICADO DE APOIO AOS AFECTADOS POLOS RECORTES DO CONCELLO DE AMES



O grupo CIG do Comité de Empresa da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia amosa o seu apoio aos traballadores/as do Concello de Ames afectados pola persecución que sofren polo goberno municipal mediante unha suposta regulación laboral que pon en risco os seus postos de traballo.

2011/12/16

CONVOCATORIA DE ASAMBLEA


Recibida autorización para celebrar Asamblea de traballadores da Sociedade, o Comité de Empresa convócavos a todos o vindeiro martes 20 de decembro ás 12.00 horas na Sala de Xuntas da Sociedade.

Orde do día:

1.- Análise do estado actual da disolución da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.
2.- Achegas e Preguntas.

Comité de Empresa, 16 de decembro de 2011


2011/12/01

INSITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO, AUGAS DE GALIZA E RPT DO IGC



Nacional - Mesas negociación e órganos representación

Escrito por Alexandre Prieto  
Xoves, 01 Decembro 2011 14:34


O mércores 30 de novembro discutimos na Mesa Xeral de Empregados Públicos unha modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego de Consumo, así como os decretos de creación e estatutos de dous novos entes: o Instituto de Estudos do Territorio (IET) e Augas de Galiza (con nova forma xurídica).

 

Instituto de Estudos do Territorio

O IET nace como organismo autónomo, con persoal funcionario e laboral transferido da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe que manterán o seu actual vínculo xurídico con Función Pública. Para eles, reclamamos máis seguridade coa inclusión explícita de que seguirá a ser persoal funcionario ou laboral da Xunta, non do ente. 

Tamén adscriben ao novo ente parte do persoal da Sociedade Galega para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza (SODECO) e do Banco de Terras (outros irán para a futura AGADER), quedando pendente o seu vínculo xurídico do futuro decreto marco de integración, inda que o actual texto xa nos indica cal vai ser o camiño.

Cremos fundamental o rescate dos servizos públicos que se prestan dende fora da Administración Xeral e finiquitar os chiringuitos, polo que a forma de "organismo autónomo" non a rexeitamos. Non queremos que coa desculpa da adscrición do persoal dos entes haxa perda de postos de traballo, polo que reclamamos ampliar as competencias da comisión paritaria de valoración que vai actuar sobre a futura relación de postos de traballo.

Reclamamos a creación dun órgano paritario, inda que so sexa consultivo, para informar sobre os contratos de asistencias técnicas que se vaian producir, pois estamos fartos de trapalladas e sentenzas xudiciais.
Os demais sindicatos centran a súa intervención na conveniencia de que primeiro se aprobe o futuro decreto marco de integración.

 

Augas de Galiza

Neste caso o cambio é a pior. Refunden nun único ente o actual organismo autónomo Augas de Galiza coa Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH), pero dandolle forma xurídica de empresa pública, polo que esto supón unha nova fuxida da Administración Xeral.

O actual persoal de Augas de Galiza non vai perder o seu vínculo xurídico con Función Pública, e do que ven da EPOSH, está por ver o que di o futuro decreto marco de integración, inda que xa o podemos deducir do decreto e estatutos que nos presentan.

O que nos chama a atención neste caso é que crean un Complemento Persoal Transitorio (CPT) para o persoal que veña transferido da actual EPOSH, o que supón unha garantía de que as súas retribucións non van minguar.

Fixemos memoria das veces en que Función Pública negou a posibilidade da de crear un CPT noutras situacións, e alucinamos de que agora si garantan as retribucións. Sendo mal pensados, e sabendo que o actual presidente de Augas de Galiza é persoal da EPOSH, a cabeza vaisenos a que o presidente actual de Augas quere garantir as suas propias retribucións no novo ente. 

Reclamamos a Función Pública que de manter a intención da consellaría en garantir as retribucións, que o fagan en sentido contrario, equiparando as retribucións do persoal funcionario e laboral da Xunta co persoal dos extintos entes.

O Director Xeral de Función Pública asegurounos que este tema o están a ver na asesoría xurídica, e que nos dará unha resposta o venres, indicando que o que se acorde irá recollido no futuro decreto marco de integración, extensíbel á totalidade de novos entes. 

Novamente reclamamos a creación dun órgano paritario, inda que so sexa de consulta, para informar sobre os contratos de asistencias técnicas que se vaian producir, pois estamos fartos de trapalladas e sentenzas xudiciais.

 

Relación de Postos de Traballo do Instituto Galego de Consumo

Preséntannos unha modificación parcial deste organismo, que en grandes liñas resumimos en:
  • Pechan todas as prazas da RPT para ser cubertas exclusivamente por persoal da Administración da Xunta de Galiza, co que estamos conformes.
  • Como non podía ser doutro xeito (advertimos que iriamos ao xulgado), bótanse atrás na súa intención de crear un complemento de singularidade a unha plaza concreta ocupada.
  • Defendimos sen éxito que o posto da sección de habilitación non debe ser de libre designación.
  • Denunciamos que a maior parte do traballo da Escola Galega de Consumo o están a delegar en asistencias técnicas, e nos opuxemos, tamén sen éxito, á supresión da praza non vacante por concurso asociada a esta unidade administrativa para crear un posto de libre designación e maior nivel (para esto non hai austeridade).
  • Seguen a xustificar o mantemento de requisitos imprescindíbeis de licenciatura en dereito para determinados postos.
  • Denunciamos que non é de recibo modificar unha RPT para satisfacer intereses persoais de localidade como sospeitamos que ocorre en postos de inspección e subinspección.
  • E rematamos coa nosa crítica á infradotación dos servizos periféricos, en especial Lugo e Ourense.

 

Rematando

O venres van á Comisión de Persoal (derradeiro órgano con representación sindical), estes asuntos, polo que en poucos días estará publicado no DOG.

COMISION DE PERSOAL EXTRAORDINARIA



Comisión de Persoal Extraordinaria 

Venres, 2. Decembro 2011, 14:00 

  • RPT do Instituto Galego de Consumo 
  • Estatutos do Instituto de Estudos do Territorio 
  • Estatutos do novo ente de Aguas de Galicia 
  • Proxeto de Orde de notificación telemática das nóminas do persoal da Xunta 

Lugar : Sala Manuel Colmeiro, EGAP, Santiago de Compostela
 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.