2010/11/17

NOTA INFORMATIVA COMITÉ DE EMPRESA 17 DE NOVEMBRE DE 2010

.
O Comité de Empresa informa, tras reunión mantida no día de onte, o seguinte:

En data 25 de outubro acordouse constituír unha comisión de traballo para presentar aos grupos parlamentarios a problemática dos traballadores temporais e indefinidos non fixos debido a que na redacción do novo Proxecto de Lei non queda clara a súa opción de integración nas entidades de destino.

Acordouse tamén que a comisión estea formada polos membros do comité de empresa Manuel Jorge Dorrego (CIG), Dominique Aller (UGT) e María Dolores Rodríguez (CCOO) e tamén propoñer a asistencia dalgún membro do colectivo de indefinidos non fixos e de temporais se así o desexan, como así o manifestaron despois algúns traballadores.

A comisión de traballo foi recibida no Parlamento o xoves 28 de outubro polo grupo parlamentario do BNG por Tereixa Paz e polo grupo parlamentario popular por Antonio Rodríguez Miranda. Expuxéronselles a ambos as problemáticas dos colectivos dos indefinidos e dos temporais no Proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas e ambos comentaron que analizarían no seu grupo parlamentario a posibilidade de presentar emendas ao texto do proxecto de lei. Pola súa parte, Antonio Rodríguez Miranda comprometeuse a dar unha contestación á comisión de traballo unha vez feitas as súas consultas no seu grupo parlamentario.

Este mesmo 28 de outubro compareceu no parlamento o Conselleiro de Medio Rural, que respostando a unha pregunta de Tereixa Paz: "Por que meten unha modificación legal a través da cal 42 persoas van quedar sen emprego?", dixo o seguinte: "O que se vai facer coa extinción da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal e co seu persoal é que aquél persoal que ingresou a través de procedementos reglados, principio de mérito e capacidade, váiselle ofrecer un acomodo dentro doutros organismos e eso é o que se vai facer exactamente. Aquél persoal que non ingresou na Administración polos procedementos regulares, éses que non entraron por procedementos regulares evidentemente non van a seguir porque, señora Paz, eu quixera que fixese unha pequena reflexión comigo: si extinguimos entes para quedarnos con todo o gasto entón estariamos facendo un fraude aos cidadáns, evidentemente. Eso é evidente. Polo tanto nós non vamos a facer fraude aos cidadáns e nós vamos a facer, de verdad, un exercicio de adelgazamento da Administración que pensamos que fai moita falta."

O venres 29 de outubro reúnese a comisión de traballo e decide presentar por escrito no Parlamento as peticións aos grupos parlamentarios, e que sexa o Comité de Empresa quen canalice estas peticións.

O 2 de novembro acórdase que o Comité de Empresa presente un escrito aos grupos parlamentarios de contido xenérico solicitando que se presenten as emendas precisas ao proxecto de lei para que dun xeito claro e inequívoco se estableza a continuidade laboral de todos/as os/as traballadores/as de SODECO, engadindo xuntos os argumentos que cada colectivo desexe. Acórdase que a comisión de traballo continúe a súa actividade e agardar á resposta dos grupos parlamentarios aos escritos presentados.

A comisión de traballo entregou no Parlamento o 2 de novembro o escrito xenérico acordado. Ao escrito do Comité xuntouse un escrito do colectivo de indefinidos sen praza, mentres o colectivo de temporais non entregou escrito algún para ser incorporado ao do Comité.

Ese mesmo 2 de novembro a comisión de traballo reuniuse con José Manuel Lage Tuñas, do grupo parlamentario socialista, quen dixo que ía falar cos outros grupos parlamentarios para presentar unha emenda conxunta que permitise a estabilidade laboral e que chamaría para dar resposta. Non houbo resposta por parte deste deputado.

O 9 de novembro Antonio Rodríguez Miranda contestou que o grupo parlamentario popular aínda non ten unha decisión tomada en relación a presentación ou non dunha emenda ao Proxecto de Lei e que chamaría en
canto tivese a resposta definitiva. Non houbo nova resposta por parte deste deputado.

Chegados a este punto o Comité de Empresa acordou no día de onte disolver a comisión de traballo creada unha vez finalizados os seus obxectivos de creación, como eran os de transmitir aos tres grupos parlamentarios a súa preocupación pola estabilidade do emprego en SODECO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.