2010/11/26

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO 16 DE NOVEMBRO DE 2010

 .
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA
DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL
DE GALICIA DO 16 DE NOVEMBRO DE 2010
ACTA 15/2010


ASISTENTES:

Pola CIG:
Manuel Jorge Dorrego Taín
Gonzalo González Bernárdez
Roberto Blanco Martínez
Carolina Sevilla Carbón
Ana Isabel Paz Villar

Por UGT:
Dominique Aller González
Inmaculada Serantes Duran
María Elena Bernárdez López

Por CCOO:
María Dolores Rodríguez Campos

En Santiago de Compostela, sendo as 13:00 horas do día 16 de novembro de 2010, reúnese en sesión ordinaria o Pleno do Comité de Empresa no centro de traballo da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia coa asistencia das persoas anteriormente relacionadas, segundo a seguinte orde do día:

Punto primeiro.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
Punto segundo.- Información das actividades da Comisión de Traballo creada o 25 de outubro para informar aos grupos parlamentarios das consecuencias do Proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas.
Punto terceiro.- Proposta de disolución da Comisión de Traballo creada o 25 de outubro para informar aos grupos parlamentarios das consecuencias do Proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas. Debate e votación, se procede.
Punto cuarto.- Análise da nova proposta de formación
Punto quinto.- Achegas e preguntas

Punto primeiro:
Foi lida e aprobada por unanimidade a acta da reunión anterior.

Punto segundo:
En calidade de integrante da comisión de traballo, asiste con voz pero sen voto a este punto da orde do día a traballadora Amparo Martín.

Manuel Jorge Dorrego expón que a comisión de traballo entregou no Parlamento o 2 de novembro o escrito xenérico acordado na anterior reunión. Ao escrito do Comité xuntouse un escrito do colectivo de indefinidos sen praza, tras a solicitude por parte de Ana Rosa Doval e o acordo no Comité na anterior reunión. Finalmente o colectivo de temporais non entregou escrito algún para ser incorporado ao do Comité.

Manuel Jorge Dorrego indica que ese mesmo 2 de novembro a comisión de traballo reuniuse con José Manuel Lage Tuñas, do grupo parlamentario socialista, quen dixo que ía falar cos outros grupos parlamentarios para presentar unha emenda conxunta que permitise a estabilidade laboral e que chamaría para dar resposta. Non houbo resposta por parte deste deputado.

O 9 de novembro Antonio Rodríguez Miranda contestou que o grupo parlamentario popular aínda non ten unha decisión tomada en relación a presentación ou non dunha emenda ao Proxecto de Lei e que chamaría en canto tivese a resposta definitiva. Non houbo nova resposta por parte deste deputado.

Amparo Martín pregunta se non habería que informar ao resto dos traballadores. Dominique Aller indica que a información da Comisión está na propia acta do Comité de Empresa. Acórdase por unanimidade que o Comité de Empresa faga unha nota informativa explicando as actividades da comisión de traballo.

Punto terceiro:
CIG propón disolver a comisión de traballo creada o 25 de outubro, unha vez que xa cumpriu os fins para os que foi creada. Acórdase por unanimidade a disolución da comisión de traballo.

Punto cuarto:
María Dolores Rodríguez fai entrega da nova proposta formativa entregada por Juan José Alonso Valente. Analizada esta nova proposta, na que se comproba que os cambios que foran solicitados están todos aceptados, acórdase por unanimidade aceptar a proposta solicitando tamén máis información relativa as datas de realización, criterios de participación e relación de docentes.

Punto quinto:
María Dolores Rodríguez comenta que nas novas de prensa relativas á sentenza do TSXG sobre o recorte salarial en SODECO figura como demandante CIG e debería figurar o Comité de Empresa.

Manuel Jorge Dorrego pregunta a María Dolores Rodríguez se sabe algo acerca da publicación na web de CCOO sobre unhas alegacións presentadas a Medio Rural sobre o Proxecto de Lei posto que el mesmo falou cun responsable de CCOO, pero que este negouse a facilitalas. María Dolores Rodríguez indica que non lle pareceu ben esta actitude de CCOO pero explica que ela non ten autorización de CCOO para dar esa información no seo do Comité de Empresa pero que lla dará a calquera traballador que lla pida.

Dáse por finalizada a sesión ás 14:15h. En proba de conformidade todos os asistentes asinan a presente Acta no lugar e data recollidos no encabezamento desta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.