2010/10/25

NOTA INFORMATIVA COMITÉ DE EMPRESA 25 DE OUTUBRO DE 2010

 .
  Estimad@s compañeir@s,

  O texto da nota sería o seguinte:

  Envíovos como Secretario a seguinte información do Comité de Empresa:

  No día de hoxe tomáronse por unanimidade os seguintes acordos:

1.       Solicitar unha comparecencia pública ante os/as traballadores/as do Conselleiro Delegado e o Director Xerente para explicar o alcance e consecuencias do Proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas aprobado no Consello da Xunta do 19 de outubro en relación aos traballadores/as de SODECO.
2.       Constituír unha Comisión de Traballo que se dirixirá aos grupos parlamentarios galegos para expoñerlles a problemática dos traballadores/as con contratos temporais e indefinidos non fixos, dado que na redacción do Proxecto de Lei non queda suficientemente clara a súa opción de integración nas entidades de destino.
3.       Preguntar ao Conselleiro Delegado se os traballadores/as con contratos temporais manterán os seus contratos nas entidades de destino en base ao párrafo quinto da alínea Un do Artigo 16 do Proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas.
4.       Preguntar ao Conselleiro Delegado se os traballadores/as con contratos indefinidos sen cobertura definitiva do posto manterán os seus contratos nas entidades de destino en base ao párrafo quinto da alínea Un do Artigo 16 do Proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas.
5.       Solicitar ao Conselleiro Delegado unha relación de persoal de SODECO con contratos indefinidos e temporais na que figure o código e a denominación do posto, o nome do traballador/a ocupante do posto e o tipo de contrato.

  Nota sobre o acordo dous:  O Comité de Empresa designou a Xurxo Dorrego (CIG), Dominique Aller (UGT e colectivo temporais) e María Dolores Rodríguez (CCOO) como integrantes desta Comisión. Dado que sería interesante que un traballador/a do colectivo de contratados indefinidos non fixos estivese presente na comisión, o Comité ofrece a participación na mesma de calquer/a traballador/a deste colectivo que así o desexe, dado que a representante no Comité Ana Isabel Paz (integrante deste colectivo) atópase en período vacacional. Propostas de voluntarios/as ata mañá martes ás 20:00h.
 
  Agardo a vosa resposta para publicar a nota hoxe mesmo.

  Un saúdo,
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.