2010/10/28

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO 25 DE OUTUBRO DE 2010

 .
.
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA
DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL
DE GALICIA DO 25 DE OUTUBRO DE 2010
ACTA 13/2010




ASISTENTES:

Pola CIG:
Manuel Jorge Dorrego Taín
Gonzalo González Bernárdez
Roberto Blanco Martínez
Carolina Sevilla Carbón

Por UGT:
Dominique Aller González
Inmaculada Serantes Duran
María Elena Bernárdez López

Por CCOO:
María Dolores Rodríguez Campos

En Santiago de Compostela, sendo as 13:00 horas do día 25 de outubro de 2010, reúnese en sesión ordinaria o Pleno do Comité de Empresa no centro de traballo da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia coa asistencia das persoas anteriormente relacionadas, segundo a seguinte orde do día:

Punto primeiro.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
Punto segundo.- Análise do Proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas. Debate e aprobación, se procede, de medidas a tomar.
Punto terceiro.- Achegas e preguntas

Punto primeiro:
Foi lida e aprobada por unanimidade a acta da reunión anterior.

Punto segundo:
O Presidente expón a nova situación coa presentación do Proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas aprobado polo Consello da Xunta de 19 de outubro como Lei de acompañamento do Proxecto de Orzamentos 2011. Indica que na web do Parlamento aínda non está publicado o calendario de debate dos orzamentos 2011.

CCOO propón solicitar unha reunión co Conselleiro Delegado e o Director Xerente para pedirlle explicacións sobre o novo Proxecto de Lei.

CIG propón solicitar unha comparecencia pública do Conselleiro Delegado e o Director Xerente ante todos os traballadores para explicar o alcance e consecuencias da aplicación da nova Lei nos traballadores de SODECO e atender ás posibles dúbidas que se lle formulen.

Tras debater as propostas acórdase por unanimidade solicitar por escrito ao Conselleiro Delegado a comparecencia ante os traballadores de SODECO.
Dominique Aller indica que UGT recomendoulle presentar como Comité de empresa ante os grupos parlamentarios as demandas dos traballadores de SODECO en relación ao novo Proxecto de Lei.

Acórdase por unanimidade constituír unha comisión de traballo para presentar aos grupos parlamentarios a problemática dos traballadores temporais e indefinidos non fixos debido a que na redacción do novo Proxecto de Lei non queda clara a súa opción de integración nas entidades de destino.

Acórdase por unanimidade que a comisión estea formada polos membros do comité de empresa Manuel Jorge Dorrego (CIG), Dominique Aller (UGT) e María Dolores Rodríguez (CCOO) e tamén propoñer a asistencia dalgún membro do colectivo de indefinidos non fixos.

Punto terceiro:
Dominique Aller propón preguntar ao Conselleiro Delegado se os traballadores con contratos temporais manterán o seu contrato na entidade de destino en base ao parágrafo quinto da alínea Un do Artigo 16 do Proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas. Acéptase por unanimidade a proposta.

Gonzalo González propón preguntar tamén ao Conselleiro Delegado se en base ao mesmo parágrafo os traballadores indefinidos non fixos manterán os seus contratos na entidade de destino. Acéptase por unanimidade a proposta.

Dominique Aller propón solicitar ao Conselleiro Delegado unha actualización da RPT na que figuren todos os traballadores de SODECO incluídos os contratados por obra e servizo. Tras debater a proposta acórdase por unanimidade solicitar unha relación de persoal na que figuren todos os traballadores de SODECO indicando para cada un o código e a denominación do posto que ocupa, o nome do traballador e o tipo de contrato.

Dáse por finalizada a sesión ás 14:00h. En proba de conformidade todos os asistentes asinan a presente Acta no lugar e data recollidos no encabezamento desta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.