2010/10/21

NOTA INFORMATIVA COMITÉ DE EMPRESA 21 DE OUTUBRO DE 2010

Estimad@s compañeir@s,

  Envíovos como Secretario a seguinte información do Comité de Empresa:

 O pasado venres 15 informabamos da entrega que se nos fixera do borrador de Anteproxecto de Lei e da solicitude de alegacións por parte da Dirección. Pedímosvos o aporte de alegacións ou comentarios ata este venres 22.

  A día de hoxe o escenario cambiou radicalmente. Este martes 19 foron presentados os orzamentos 2011 que inclúen como Lei de Acompañamento a Lei de Medidas Fiscais e Administrativas, que no seu artigo 16, regula a disolución de SODECO.

  Podedes ver esta Lei no seguinte enlace:


  Non haberá pois, outro proxecto de lei relativa ao borrador de anteproxecto presentado o venres 15. A Lei como tal está xa en proceso de trámite parlamentario, polo que non se contemplan xa posibles alegacións persoais ou sindicais. Nesta situación tan só queda a vía parlamentaria con posibles emendas ao proxecto de lei, que terán que facer os grupos parlamentarios.

  O vindeiro luns 25 o Comité de Empresa reunirase para debater os pasos a seguir, polo que podedes enviar cantas suxestións, comentarios ou aportacións querades facer, pero xa non alegacións como tal. Amplíase o prazo para isto ata o luns 25 ás 12:00.

  Un saúdo,
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.