2010/10/08

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO 7 DE OUTUBRO DE 2010

.
.
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA
DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL
DE GALICIA DO 7 DE OUTUBRO DE 2010
ACTA 12/2010


ASISTENTES:

Pola CIG:
Gonzalo González Bernárdez
Roberto Blanco Martínez
Ana Isabel Paz Villar

Por UGT:
Dominique Aller González
Inmaculada Serantes Durán
María Elena Bernárdez López

En Santiago de Compostela, sendo as 12:30 horas do día 7 de outubro de 2010, reúnese en sesión ordinaria o Pleno do Comité de Empresa no centro de traballo da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia coa asistencia das persoas anteriormente relacionadas, segundo a seguinte orde do día:

Punto primeiro.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
Punto segundo.- Análise do estado do anteproxecto de lei. Debate e aprobación, se procede, de medidas a tomar.
Punto terceiro.- Análise do estado dos cursos de formación
Punto cuarto.- Achegas e preguntas

Punto primeiro:
En ausencia do Presidente modera a sesión o Secretario, que fai lectura da acta da reunión anterior. Unha vez lida, os membros de UGT fan constar o desacordo coa súa redacción entregando neste acto escrito razoado que se xunta a esta acta e manifestando a súa decisión de non asinar a acta. Por non existir maioría suficiente se declara a acta anterior non aprobada.

Punto segundo:
O Secretario indica que o tratarse este punto dunha continuidade do punto segundo da acta anterior, se declara anulado.

Punto terceiro:
O Secretario indica que o tratarse este punto dunha continuidade do punto terceiro da acta anterior, se declara anulado.

Punto cuarto:
O Secretario informa que no día de onte 6 de outubro celebrouse no TSXG o xuízo polo conflito colectivo presentado contra a empresa, ao que os sindicatos UGT e CCOO se adheriron plenamente á demanda. Quedou visto para sentenza e quedamos agardando o fallo.

Dominique Aller pregunta se o texto do borrador chegado a Gonzalo González foi transmitido ás Fundacións Comarcais de xeito oficial, e no caso de ser así, propón solicitalo oficialmente á Dirección. Gonzalo González explica que o Director Xerente xa lle confirmara que as Fundacións Comarcais recibiran ese borrador oficialmente. Dominique Aller insiste en que sexan as Fundacións Comarcais quen confirmen se llo entregaron a eles oficialmente e solicita que sexa Gonzalo González quen faga esa xestión. Gonzalo González resposta que el non é quen para pedir iso ás Fundacións Comarcais.

Elena Bernárdez propón solicitar verbalmente unha reunión co Director Xerente para preguntarlle sobre o estado actual do anteproxecto de lei. Acórdase que o Secretario solicite cita para falar co Director Xerente.

Dáse por finalizada a sesión ás 13:30h. En proba de conformidade todos os asistentes asinan a presente Acta no lugar e data recollidos no encabezamento desta.
.
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.