2012/02/16

RECORTES NA XUNTA: A Xunta aproba unilateralmente o anteproxecto de recortes na Comisión de Persoal

A Xunta aproba unilateralmente o anteproxecto de recortes na Comisión de Persoal
Descargar o texto do Anteproxecto entregado na Comisión de Persoal do 15/02/2012


Nacional - Retribucións
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo   
Xoves, 16 Febreiro 2012 08:52
Na Comisión de Persoal realizada o 15/02/2012 na EGAP, ao tempo que realizaban concentracións de empregados/as públicos/as nalgúns lugares da xeografía galega, a Administración presentou un novo texto do anteproxecto, no que unilateralmente modulan certos aspectos do artigo 2 sobre Incapacidade temporal.
O texto será aprobado, co voto en contra de todos os sindicatos, polo consello da Xunta do xoves 16. Comeza agora o trámite parlamentar, e continuarán as mobilizacións co máximo de contundencia e apoio de todos os traballadores e traballadoras ao servizo da Administración Galega.
Os cambios son os seguintes: 
Se pagará o 100% das retribucións dede o primeiro día de baixa nos seguintes casos:
  • Continxencias profesionais: Accidente de traballo e enfermidade profesional.
  • Polas continxencias comúns que xeren Hospitalización / Intervención cirúrxica

Tamén se cobraría o 100% desde o primeiro día polas seguintes continxencias (porque así o regula a Seguridade Social, aínda que a Xunta o queira presentar como unha concesión):
  • Maternidade 
  • Risco por embarazo
  • Risco durante a lactancia natural
  • Paternidade

Respecto ao resto de incapacidades temporais derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o complemento  calcúlase do seguinte xeito:
Días 1 a 3Días 4 a 20Día 21 en diante
1ª baixa no ano natural: 50%
2ª baixa no ano natural: 40%
3ª e sucesivas baixas no ano natural: 0%
75%100%

A configuración final do anteproxecto, en conclusión, segue a dun IMPOSTO POR ENFERMIDADE aos empregados públicos da Xunta, dado que a quen enferma se lle detrae unha parte das súas retribucións, con criterios cando menos arbitrarios: por que pagar o 100% en caso de hospitalización pero non en caso de doenzas crónicas?
Por parte da CIG-Autonómica fixémoslle chegar á Administración o noso rotundo rexeitamento pola ausencia de negociación real, xa que non admitiron outra mecánica que non fose debater sobre o texto, pechándose a recoñecer a realidade social brutal da demanda dos traballadores e traballadoras, expresada a través de asembleas e mobilizacións, de establecer un debate sobre a necesidade de recortar noutras partidas e sobre o gasto escandaloso en asesores, altos cargos, subdireccións, gastos protocolarios, asistencias técnicas, propaganda institucional, etc.
Tamén rexeitamos a ignominia de establecer unha relación causal entre a necesidade de recortar o gasto nestas partidas e o mantemento dos servizos públicos.
Advertímoslles, para que conste na correspondente acta, que polo de agora trátase dun anteproxecto e polo tanto non é vontade do lexislador, do que se desprende que do feito de intentar afogar un convenio colectivo están a arrogarse competencias exclusivias das Cortes Xerais do Estado que é sobre quen recae lexislar en exclusiva sobre materia laboral, advertíndoo por se houber lugar a responsabilidade. 
Así mesmo, falamos dos minijobs no Administración e da precarización das condicións de traballo do persoal temporal e interino, e anunciámoslles mobilizacións, advertíndolles da crecende indignación do conxunto do persoal da Administración autonómica. 
Hai que salientar que a Administración nunca achegou datos sobre a incidencia das baixas, a frecuencia, o custe que supoñía e tampouco aportaron ningún outro dato excepto os coñecidos dos 800.000 € do plus dos altos cargos e os 10.000.000 € dos distintos FAS. Neste sentido,  a Dirección Xeral da Función Pública  non facilitou ningún dato sobre as IT (dato que, á parte das consellarías, pode dar o CIXTEC), supostamente "para non danar a imaxe dos empregados públicos". 
Os recortes segundo a Administración suporán un aforro de 75.000.000 €, dos que supostamente 9.000.000 € corresponderían á redución de 1/3 na xornada e retribucións dos empregados públicos interinos ou temporais. Cómpre alertar de que esta é a estimación informal que traslada a Xunta ás organizacións sindicais; en ningún momento se nos facilitaron as estatísticas ou os datos reais do aforro desagredado por partidas orzamentarias.
Canto á redución dos días de permiso por asuntos persoais, das xuntanzas mantidas coa Administración despréndese que só responde á necesidade de ter o Goberno de Feijóo un elemento ao que asirse para responder ás mobilizacións, tratando de prensentar ante a opinión pública unha imaxe falseada do colectivo de traballadores da Administración Pública, como privilexiados que se resistirían aos mais mínimos sacrificios en aras dun sedicente interese xeral. 
Desde a CIG-Autonómica debemos de deixar claro é que debido á presión dos traballadores é a resposta unánime concitada se viron obrigados a facer algunha modificación de cara á galería, para que restarlle unha levísima dose de agresividade ao texto, pero que en ningún momento por parte da Administración se atenderon as lexítimas demandas do persoal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.