2012/02/15

RECORTES NA XUNTA: Unha Xunta contumaz obvia a demanda sindical de recorte en partidas de gasto supérfluo

Unha Xunta contumaz obvia a demanda sindical de recorte en partidas de gasto supérfluo 



Nacional - Outras informacións e conflitos xerais
Escrito por Alexandre Prieto   
Mércores, 15 Febreiro 2012 21:15
Impón un imposto sobre a enfermidade aos empregados públicos e minijobs para máis de mil interinos e temporais.
Este mércores día 15 celebrouse a Comisión de Persoal da Xunta de Galiza negándose o PP a retirar o texto do anteproxecto e a dialogar sobre outros recortes que non foran os que queren impoñer.
Nin  se retira o anteproxecto nin aprecia a necesidade de establecer un debate sobre a necesidade de recortar noutras partidas de gasto escandaloso en asesores, altos cargos, excesivas subdireccións, hipertrofia da estrutura superior da Xunta, gastos protocolarios, asistencias técnicas, publicidade e propaganda institucional, etc.
En ningún momento a Administración esgrimiu datos reais chegando a extremos ridículos ao citar como argumento de autoridade os anuncios de Esperanza Aguirre sobre a redución do gasto.
So debido ao custe político que xerou á presión dos traballadores e a resposta unánime concitada se viron obrigados a facer algunha modificación de cara á galería na regulación das IT para restarlle carácter agresivo ao texto pero que en ningún momento quixeron saírse do guión.
Con este anteproxecto imos configurar unha Administración dual con precarización a través de minijobs para interinos e temporais que afectará a máis de 1500 traballadores, co que a excepcionalidade desta medida anunciada polo PP non é tal.
E unha Administración que en vez de enfrontar valentemente un debate sereno sobre o absentismo e de detectarse, sobre as medidas a adoptar, onde ía contar co apoio da CIG-Autonómica, recorre a castigar a todos/as traballadores/as que teñan unha incapacidade.
Se confirma así que o goberno de Feijoo quere seguir recadando a conta dos empregados públicos para poder soster unha estrutura administrativa, feudal, clientelar e hipertrofiada que se nega a recortar.
Queda polo tanto expedito o camiño da mobilización social para parar este proceso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.