2012/02/13

RECORTES NA XUNTA: Feijoo impón recortes para manter persoal de gabinete e asistencias técnicas

Feijoo impón recortes para manter persoal de gabinete e asistencias técnicas  PDF Imprimir Correo-e
Nacional - Outras informacións e conflitos xerais
Escrito por Alexandre Prieto   
Luns, 13 Febreiro 2012 19:16
Este mércores día 15 está convocada a Comisión de Persoal sen que a Administración quixese sentarse a falar sobre as propostas dos/as traballadores/as presentadas polos órganos de representación.
Incumprindo o prometido o venres 10 na Mesa Xeral, o goberno de Feijoo, lonxe de querer falar do anteproxecto de lei de medidas no emprego público apura os prazos e convoca unha Comisión de Persoal, órgano da Administración Autonómica onde se votará o anteproxecto, co que pecha toda posibilidade de atender a demanda unánime dos empregados/as públicos/as de retirar un anteproxecto lesivo.
E péchase tamén a poñer enriba da mesa as razóns reais deste recorte, amparado na falla de datos, en estimacións falsas e en intentar establecer unha relación entre o recorte e o mantemento dos servizos públicos.
Resulta curioso que para manter tales servizos non recorra ao proposto de xeito unánime polos traballadores/as nas asembleas, como pode ser o recorte dos 7.858.676 € orzamentados para Altos Cargos e superdelegados de Administración Xeral ou os 6.567.736 € que nos gastamos os/as galegos/as mantendo a rede parasitaria de persoal de gabinete do Partido Popular tamén na Administración Xeral, por expoñer tan só dous dos elementos máis chamativos en que Feijoo non quere recortar.
Dende a CIG-Autonómica facemos un chamamento a continuar as mobilizacións para frear este anteproxecto e obrigar ao Partido Popular a que de a cara e explique as razóns reais desta imposición.
A Comisión de Persoal vaise xuntar o mércores 15 ás 13:30 na EGAP (Compostela). A CIG chama a todo o persoal a:
  • Acompañarnos na EGAP.
  • Saír ás portas do seu centro de traballo

Aínda queda percorrido ata a aprobación no Parlamento. Só conseguiremos reverter a situación se somos quen de mobilizarnos e que perciban o custe político que pode ter a reforma coa opinión en contra do 100% dos empregados públicos. Así que seguimos. No noso web tes información dos distintos actos nos que podes participar (xoves 16 e xoves 23, concentracións).

http://autonomica.cigadmon.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=1088%3Afeijoo-impon-recortes-para-manter-persoal-de-gabinete-e-asistencias-tecnicas&catid=16%3Aoutras-informacions-e-conflitos-xerais&Itemid=23

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.