2010/06/23

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO 21 DE XUÑO DE 2010

 .
.
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA
DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL
DE GALICIA DO 21 DE XUÑO DE 2010
ACTA 08/2010



.
ASISTENTES:

Pola CIG:
Manuel Jorge Dorrego Taín
Gonzalo González Bernárdez
Roberto Blanco Martínez
Carolina Sevilla Carbón
Ana Isabel Paz Villar

Por UGT:
Dominique Aller González
Inmaculada Serantes Durán

Por CCOO:
María Dolores Rodríguez Campos

En Santiago de Compostela, sendo as 13:00 horas do día 21 de xuño de 2010, reúnese en sesión ordinaria o Pleno do Comité de Empresa no centro de traballo da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia coa asistencia das persoas anteriormente relacionadas, segundo a seguinte orde do día:

Punto primeiro.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
Punto segundo.- Análise da solicitude de informe do novo borrador de anteproxecto de lei. Presentación de propostas dos pasos a seguir. Debate e votación, se procede.
Punto terceiro.- Achegas e preguntas

Punto primeiro:
Foi lida e aprobada por unanimidade a acta da reunión anterior.

Punto segundo:
Preséntanse as seguintes propostas:
CIG: Emisión de informe desfavorable enviando novamente o documento de alegacións e solicitude de aclaracións.
UGT e CCOO: Celebración dunha Asemblea de traballadores para decidir á resposta á petición de informe.
Tras debater as propostas non se chega a un acordo unánime, polo que se procede á votación, co seguinte resultado:
Proposta CIG: 5 votos (CIG).
Proposta UGT e CCOO: 3 votos (UGT e CCOO).
Apróbase polo tanto por maioría a proposta de emisión de informe desfavorable enviando novamente o documento de alegacións e solicitude de aclaracións.
Continuando o debate, CIG presenta unha nova proposta de solicitude de aclaracións ao Director Xerente na reunión que manteremos con el o mércores 23 de xuño en relación á petición de informe neste momento. UGT e CCOO, argumentando que os prazos dos que dispoñemos son moi reducidos, propoñen solicitar nese momento unha reunión urxente co Director Xerente, sen necesidade de esperar ao mércores 23. Tras debater a proposta acórdase por unanimidade que o Presidente solicite verbalmente unha reunión urxente co Director Xerente, á que asistirán un representante de cada sindicato, para pedirlle explicacións sobre a petición do informe.

Punto terceiro:
Non se formularon achegas nin preguntas.

Dáse por finalizada a sesión ás 13:30h. En proba de conformidade todos os asistentes asinan a presente Acta no lugar e data recollidos no encabezamento desta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.