2010/07/27

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO 23 DE XULLO DE 2010

 .
.
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA
DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL
DE GALICIA DO 23 DE XULLO DE 2010
ACTA 10/2010




ASISTENTES:

Por UGT:
Inmaculada Serantes Durán
María Elena Bernárdez López

Por CCOO:
María Dolores Rodríguez Campos

En Santiago de Compostela, sendo as 10:00 horas do día 23 de xullo de 2010, reúnese en sesión ordinaria o Pleno do Comité de Empresa no centro de traballo da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia coa asistencia das persoas anteriormente relacionadas, segundo a seguinte orde do día:

Punto primeiro.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
Punto segundo.- Análise da decisión unilateral da empresa de modificación das condicións de traballo. Presentación de propostas dos pasos a seguir. Debate e votación, se procede.
Punto terceiro.- Achegas e preguntas

Punto primeiro:
Foi lida e aprobada por unanimidade a acta da reunión anterior.

Punto segundo:
CIG, UGT e CCOO fan a proposta de impugnar xudicialmente como comité de empresa a decisión da dirección de SODECO de modificar as condicións de traballo segundo comunicado da empresa aos traballadores o 21 de xullo de 2010. Apróbase por unanimidade a proposta.

Continuando o debate, CIG indica que agora o Comité de empresa ten que designar avogado para os trámites xudiciais para o que presenta a proposta de que sexan os servizos xurídicos da CIG quen leven o caso, mentres que UGT e CCOO solicitan que sexan as asesorías xurídicas dos tres sindicatos as que conxuntamente fagan os trámites necesarios para levar a cabo a denuncia, ao que CIG resposta que nas datas nas que nos atopamos ese xeito de actuar poderá provocar retrasos. UGT indica que non ten por qué haber retrasos, xa que os servizos xurídicos dos tres sindicatos teñen actuado deste xeito noutras ocasións.

Como conclusión acórdase por unanimidade designar aos servizos xurídicos de CIG, UGT e CCOO para realizar a reclamación xudicial oportuna e que entre as tres centrais sindicais acorden a designación dun avogado.

Asemade acórdase por unanimidade facultar ao Secretario, para que en ausencia do Presidente asine os documentos e trámites precisos que esta demanda poda xerar.

Punto terceiro:
Non se formularon achegas nin preguntas.

Dáse por finalizada a sesión ás 11:00h. En proba de conformidade todos os asistentes asinan a presente Acta no lugar e data recollidos no encabezamento desta.
.
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.