2010/07/20

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO 12 DE XULLO DE 2010

 .
 .
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA
DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL
DE GALICIA DO 12 DE XULLO DE 2010
ACTA 09/2010



ASISTENTES:

Por UGT:
Dominique Aller González
Inmaculada Serantes Duran
María Elena Bernárdez López

Por CCOO:
María Dolores Rodríguez Campos

En Santiago de Compostela, sendo as 13:15 horas do día 12 de xullo de 2010, reúnese en sesión ordinaria o Pleno do Comité de Empresa no centro de traballo da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia coa asistencia das persoas anteriormente relacionadas, segundo a seguinte orde do día:

Punto primeiro.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
Punto segundo.- Análise da proposta da empresa de modificación das condicións de traballo. Presentación de propostas dos pasos a seguir. Debate e votación, se procede.
Punto terceiro.- Achegas e preguntas

Punto primeiro:
Foi lida e aprobada por unanimidade a acta da reunión anterior.

Punto segundo:
CIG, UGT e CCOO presentan a proposta: Non aceptar a redución salarial proposta pola empresa. Apróbase a proposta por unanimidade.

Pásase a debater a redacción do escrito de contestación á empresa, para o que CIG presenta unha proposta de escrito tras ter consultado coa súa asesoría xurídica. UGT e CCOO argumentan que necesitan un tempo para analizar esta resposta, polo que se acorda por unanimidade suspender esta sesión ata o mércores 14 de xullo ás 13:00.

Retomada a sesión UGT e CCOO propoñen, traballando sobre a base da redacción da CIG, unha serie de matizacións sobre o escrito orixinal. Apróbanse por unanimidade as modificacións propostas polo que se enviará ao Conselleiro Delegado un escrito de peche de consultas que se xunta a este acta.

Punto terceiro:
Dominique Aller solicita información sobre a reunión que o Presidente mantivo co Director Xerente e unha delegación das xestoras dos centros comarcais con contratos indefinidos non fixos de plantilla o pasado xoves 8 de xullo de 2010. O Presidente informou que o Director Xerente comunicou que o texto do Anteproxecto de Lei atópase en estudo pola Asesoría Xurídica Xeral da Xunta pero que en todo caso non é intención da empresa deixar a ningún traballador de SODECO con contrato fóra da integración, ben en AGADER ou ben no Instituto de Estudos do Territorio.

Dominique Aller solicita que o Presidente informe deste tipo de xuntanzas cando actúe en representación do Comité de Empresa sen necesidade de telo que pedir explicitamente.

Dominique Aller quere deixar constancia de que, a raíz da nota informativa enviada pola CIG o luns 12 de xullo, na que se di “recolle as principais alegacións presentadas pola CIG o pasado 23 de xuño”, e pese ás interpretacións que se poden facer, todos os membros do comité estiveron sempre dacordo unanimemente na entrega das alegacións, e en concreto os integrantes de UGT nunca amosaron a súa oposición ao envío das alegacións realizadas conxuntamente por todo o Comité. CIG resposta que, sendo isto certo, as alegacións foron tecnicamente enviadas á Dirección cos únicos votos da CIG posto que o único xeito válido de entregar as alegacións é acompañándoas dun informe desfavorable, polo que a CIG en nada falsea a realidade na súa nota do 12 de xullo.

Dáse por finalizada a sesión ás 13:45h do 14 de xullo de 2010. En proba de conformidade todos os asistentes asinan a presente Acta.
 .
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.