2010/04/26

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO 21 DE ABRIL DE 2010 ACTA 05/2010

 .
.

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA
DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL
DE GALICIA DO 21 DE ABRIL DE 2010
ACTA 05/2010


ASISTENTES:

Pola CIG:
Manuel Jorge Dorrego Taín
Gonzalo González Bernárdez
Roberto Blanco Martínez
Ana Isabel Paz Billar
Carolina Sevilla Carbón

Por UGT:
Dominique Aller González
Inmaculada Serantes Duran
María Elena Bernárdez López

Por CCOO:
María Dolores Rodríguez Campos

En Santiago de Compostela, sendo as 13:00 horas do día 21 de abril de 2010, reúnese en sesión ordinaria o Pleno do Comité de Empresa no centro de traballo da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia coa asistencia das persoas anteriormente relacionadas, segundo a seguinte orde do día:

Punto primeiro.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
Punto segundo.- Análise das propostas presentadas para os cursos de formación. Determinación das actuacións para dar resposta á Recursos Humanos
Punto terceiro.- Análise da solicitude de dúas xestoras de centro comarcal. Debate e votación, se procede, das medidas a tomar
Punto cuarto.- Proposta de nova solicitude dos convenios vixentes. Debate e aprobación, se procede
Punto quinto.- Achegas e preguntas

Punto primeiro:
Foi lida e aprobada por unanimidade a acta da reunión anterior.

Punto segundo:
O Secretario informa das propostas de cursos que os/as traballadores/as entregaron ao Comité. Son as seguintes:
XXXXX XXXXX:
Deseño de centros de visitantes. Interpretación do patrimonio.
XXXXX XXXXX:
ERDAS IMAGINE
ARCGIS
LIDAR
XXXXX XXXXX:
GVSIG Sextante
XXXXX XXXXX:
Plataforma de formación MOODLE
ERDAS IMAGINE
ARCGIS
XXXXX XXXXX:
SIX aplicado a dispositivos móviles
XXXXX XXXXX, XXXXX XXXXX e XXXXX XXXXX:
Servizos OGC e tecnoloxías Open Source

Acórdase por unanimidade solicitarlle aos/ás propoñentes unha información máis completa da proposta incluíndo datos de duración do curso, lugar de impartición, custe económico, número de destinatarios e programa aproximado, que serán enviados ao Secretario para a realización dun informe completo que será debatido posteriormente.

Punto terceiro:
O Secretario informa que as traballadoras XXXXX XXXXX, XXXXX XXXXX e o traballador XXXXX XXXXX entregaron ao Comité unha solicitude de mediación do Comité de Empresa ante unha situación de impago de horas extraordinarias realizadas en 2009.

Comprobado que XXXXX XXXXX causou baixa como traballador de SODECO segundo a comunicación recibida por Recursos Humanos en data 11 de marzo de 2010 acórdase por unanimidade non atender esta petición.

O Secretario indica que foi informado por XXXXX XXXXX de que o técnico superior de Recursos Humanos comunicoulles que o pagamento das horas extraordinarias adebedadas faríase na nómina do mes de abril. Acórdase por unanimidade agardar á recepción da nómina de abril para comprobar a solución do problema, quedando o Secretario encargado de comunicar esta decisión ás traballadoras.

Punto cuarto:
CIG propón solicitar novamente do Director Xerente os datos relativos aos convenios vixentes en SODECO, segundo compromiso do 19 de febreiro de 2010. Apróbase por unanimidade.

Punto quinto:
María Dolores Rodríguez fai entrega de tres escritos dirixidos ao Comité de Empresa polos traballadores do SITGA XXXXX XXXXX, XXXXX XXXXX e XXXXX XXXXX solicitando a eliminación da condición de libre designación para o seu posto de traballo e para os dos demais afectados. Tendo en conta que a RPT vixente establece a condición de libre designación para 6 postos de traballo pero tan só 3 traballadores afectados fan esta solicitude, acórdase por unanimidade atender esta petición, polo que o Comité de Empresa trasladará un escrito de solicitude ao Conselleiro Delegado de modificación de RPT para eliminar a condición de libre designación para eses tres postos de traballo.

Dominique Aller indica que os compoñentes de UGT foron informados pola súa asesoría xurídica de que a proposta de modificación 1 ao borrador do Anteproxecto de Lei feita pola CIG entregada o pasado 6 de abril que indica que “non se fai referencia temporal ao persoal de SODECO, por isto solicitamos incluír o literal no momento da integración na Disposición Adicional Primeira, puntos 3 e 4” podería causar algún problema na solicitude da integración, por exemplo no caso dunha traballadora en situación de baixa de maternidade. CIG indica que a súa asesoría xurídica non advertiu ningún problema para este caso concreto e que a razón de solicitar esta inclusión foi, como xa se debateu no seu momento, deixar cubertas novas posibles melloras nas condicións laborais desde o momento da entrada en vigor da Lei ata o momento efectivo da solicitude da integración. CIG comprometeuse en todo caso a volver a analizar esta cuestión.

Dáse por finalizada a sesión ás 14:45h. En proba de conformidade todos os asistentes asinan a presente Acta no lugar e data recollidos no encabezamento desta.

.
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.