2010/04/08

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO 5 DE ABRIL DE 2010

.
.

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA
DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL
DE GALICIA DO 5 DE ABRIL DE 2010
ACTA 04/2010



ASISTENTES:

Pola CIG:
Manuel Jorge Dorrego Taín
Gonzalo González Bernárdez
Roberto Blanco Martínez
Ana Isabel Paz Villar
Por UGT:
Dominique Aller González
Inmaculada Serantes Durán

Por CCOO:
María Dolores Rodríguez Campos

En Santiago de Compostela, sendo as 10:00 horas do día 5 de abril de 2010, reúnese en sesión ordinaria o Pleno do Comité de Empresa no centro de traballo da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia coa asistencia das persoas anteriormente relacionadas, segundo a seguinte orde do día:

Punto primeiro.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
Punto segundo.- Análise e discusión das propostas de modificación e solicitudes de aclaración do Anteproxecto de Lei. Incorporación de posibles achegas dos/as traballadores/as. Aprobación, se procede, da redacción do borrador de alegacións e/ou observacións.
Punto terceiro.- Achegas e preguntas

Punto primeiro:
Foi lida e aprobada por unanimidade a acta da reunión anterior.

Punto segundo:
CIG presenta a súa proposta de texto para a Disposición Adicional Primeira, puntos 3 e 4 e para a Disposición Transitoria Única. Apróbanse por unanimidade.
UGT presenta a súa proposta de texto para introducir a consolidación de emprego nun novo punto da Disposición Adicional Primeira. Apróbase por unanimidade.
UGT propón introducir a referencia ao V Convenio Colectivo na Disposición Adicional Primeira, puntos 6 e 7. Apróbase por unanimidade.
CIG propón cambiar a modificación aprobada na reunión anterior da Disposición Derrogatoria Única por unha solicitude de aclaración. Apróbase por unanimidade.
CIG presenta o texto das solicitudes de aclaración da Disposición Adicional Primeira en relación á adscrición dos traballadores/as ao SITGA, e da Disposición Adicional Oitava en relación á estrutura do SITGA no Instituto de estudos do Territorio e do resto de
SODECO en AGADER. Apróbanse por unanimidade.

O Secretario incorpora as achegas dos/as traballadores/as. Son as entregadas polos/as traballadores/as seguintes:
xxxxxx xxxxx, xxxxx xxxxx, xxxxx xxxxx, xxxxx xxxxx, xxxxx xxxxx, xxxxx xxxxx, xxxxx xxxxx, xxxxx xxxxx, xxxxx xxxxx, xxxxx xxxxx (entregada a M.Dolores Rodríguez), xxxxx xxxxx (entregada a M.Dolores Rodríguez), xxxxx xxxxx, xxxxx xxxxx, xxxxx xxxxx e xxxxx xxxxx.
Todas as solicitudes están debidamente asinadas e todas elas fan referencia á incorporación dun proceso de consolidación de emprego no corpo do Anteproxecto de Lei. Analizadas todas as propostas coas súas variantes acórdase por unanimidade que a súa petición queda recollida na redacción do novo punto na Disposición Adicional Primeira.

Apróbase polo tanto o texto completo de propostas de modificación e solicitudes de aclaración ao Anteproxecto de Lei, que se xunta a esta Acta e que será enviado á Dirección e publicado para todos/as os/as traballadores/as.

Punto terceiro:
Non se formularon achegas nin preguntas.

Dáse por finalizada a sesión ás 11:30h. En proba de conformidade todos os asistentes asinan a presente Acta no lugar e data recollidos no encabezamento desta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.