2012/06/22

MODIFICACION DA RPT DO IET: RESUMO DE XUNTANZA E ALEGACIÓNS

Modificación da RPT do Instituto de Estudos do Territorio: resumo da xuntanza e alegacións

Nacional - RPT e estrutura
Escrito por Roberto Varela   
Mércores, 20 Xuño 2012 12:00

O martes, 19 de xuño, tivo lugar a 1ª xuntanza de negociación sobre a proposta de modificación da RPT presentada polo Instituto de Estudos do Territorio (IET). a CIG oponse rotundamenta á amortización de 11 prazas.
O IET arg
umenta esta modificación esencialmente na necesidade que ten o IET de contar con persoal altamente cualificado para levar a cabo as funcións deste, de aí a cantidade de titulacións específicas e méritos varios que se inclúen nesta proposta de RPT. Como apoio a esta “necesidade”, o director entréganos a cada central sindical un dossier con profusa documentación técnica e fotografías varias.
A proposta de amortizacións tratou de xustificala baseándose no estudo organizativo do servizo e máis no orzamento do que dispón o IET. Para escoller os postos que serán amortizados, seguiron un criterio propio baseado na antigüidade e na formación académica complementaria.

A CIG opúxose rotundamente á proposta de amortización das 11 prazas (tres postos vacantes e un posto cuberto por persoal interino en persoal funcionario e sete postos ocupados por persoal laboral). Na nosa habitual liña sindical, tamén nos opuxemos a que os servizos sexan LD no canto de por concurso. Rexeitamos tamén a apertura de postos a outras administracións mentres non haxa un acordo de reciprocidade efectivo.

En canto ao abuso de titulacións académicas e á disparidade de algunhas destas en algún posto, manifestamos o noso rexeitamento absoluto. Asemade, denunciamos que esta RPT está feito á medida do persoal que está cubrindo eses postos, sobre todo para uns máis que para outros, aos que, polo feito de facer unhas funcións determinadas, valóraselles esa experiencia como mérito. Deste xeito manteñen “blindadas” esas prazas, ao tempo de que se está pechando a porta ao persoal que quixera optar a estes postos nun hipotético concurso de traslados, carreira administrativa, etc, pois ninguén máis que eles ten esa experiencia.

A experiencia nos postos cóllese traballando e a formación facendo cursos, por iso, criticamos os requisitos de experiencia e formación, sobre todo naqueles postos que a poñen como requisito imprescindible. Solicitamos que se retire e que utilicen a EGAP para formar a todo o seu persoal, sin escoller a uns si e a outros non.

Rexeitamos tamén que dous laborais estén exercendo funcións de encargados con persoal ao seu cargo, cando no persoal laboral non existe xerarquía de ningún tipo.

Negámonos tamén á súa pretensión de reflexar nesta RPT “en atención ás necesidades do servizo....” a xornada de mañán ou tarde para determinados postos que ata o de agora non tiñan ningunha especificación horaria, co conseguinte prexuízo para os traballadores/as. Tamén expuxemos que non contabamos coa memoria económica desta RPT.

No seu turno de réplica, o director dixo que estudiarían  o das titulacións específicas e o dos méritos, tamén dixo que nos enviaría o estudo organizativo e a memoria económica así como o certificado que lle envíou SODECO polo que aplicaron o criterio da antigüidade.

Descarga as alegacións completas

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.