2012/06/25

MESA XERAL DO 22.06.2012

Nacional - Mesas negociación e órganos representación
Escrito por Alexandre Prieto   
Luns, 25 Xuño 2012 10:49
O venres 22 de xuño tivemos unha Mesa Xeral de Empregados Públicos nos que tratamos cos representantes da Administración a Relación de Postos de Traballo do Instituto de Estudos do Territorio, os concursos de traslados de gardacostas, estatística e consumo, e varios asuntos de interese no apartado de rogos e preguntas.

RPT do IET

A postura da CIG foi moi crítica coa proposta da Administración tanto polas formas como polo fondo. Non aceptamos que nos convoquen a unha xuntanza previa sen tempo por diante e cunha documentación extensa de xeito que resulta imposíbel estudala en profundidade. Así, a CIG non comparte as felicitacións que transmitiron CCOO, UGT e CSIF.
En canto ao fondo:
  • Rexeitamos as amortización que propoñen, incluíndo os supostos criterios que levaron a decidir os postos concretos que eliminan. Dubidamos da obxectividade que pretenden transmitir, e en todo caso criticamos a utilización da titulación como criterio para eliminar postos. O feito de que muden os criterios segundo os grupos non nos dá ningunha garantía de obxectividade.
  • Rexeitamos que a forma de provisión das xefaturas de servizo siga a ser a libre designación.
  • Non aceptamos a excesiva cantidade de requisitos de titulacións académicas, algo habitual na CMATI.
  • Non queremos apertura de postos a outras administacións mentres non haxa acordo de reciprocidade negociado e efectivo.
  • Non comprendemos a disparidade entre algunhas titulacións para un mesmo posto.
  • Denunciamos que a RPT está feita a medida do persoal que a está a cubrir determinados postos, a quenes se lles valora a experiencia como mérito, co que están a blindar as prazas e pechar a porta ao resto do persoal.
  • Reclamamos eliminar a experiencia ben sexa como requisito ou como mérito. Pero en todo caso, que se convirta en formación como mérito.
  • Non estamos conformes co cambio de xornada para algúns traballadores que até agora tiñan xornada de mañá.

Fora da RPT, reiterámonos na denuncia que xa fixemos nunha anterior Mesa Xeral respecto da existencia de dous laborais "titulados grao medio" (antigos xefes en SODECO), exercendo responsabilidades con persoal a cargo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.