2012/06/29

COMISIÓN DE PERSOAL DO 27 DE XUÑO

Nacional - Mesas negociación e órganos representación
Escrito por Anxo Anta   
Venres, 29 Xuño 2012 07:32
Na Comisión de Persoal do 27 de xuño votábanse os seguintes temas: RPT do Instituto de estudos do territorio, bases do concurso de gardacostas, de estatística e de consumo. En varios, a CIG expuxo a súa queixa pola desastrosa entrada en funcionamento da Axencia de Modernización Tecnolóxica (AMTEGA) e se falou do tema dos/as promotores/as de emprego.

1º Proposta de modificación da RPT do Instituto de Estudos do Territorio
A CIG manifesta que non atenderon ningunha das alegacións presentadas na mesa xeral:
  • Manifestámonos contra a amortización de postos de traballo no IET creados na RPT ante a mesa xeral. A baremación para facer estas amortizacións é erronea, polo que pedimos que revisen a alegación feita sobre algún posto na Mesa Xeral
  • Que os méritos que aparecen en moitos dos postos se fan para perfilalos, personalizalos e bilndalos.
  • Que a xornada de maña e tarde en moitos postos non se xustifica.
  • Que non admitimos que "de facto" existan dous postos de persoal laboral aos que se lles asigne tarefas de responsabilidades e dirección do traballo sobre os demais.
  • Que se están a manter asistencias técnicas mentras se amortiza.
Todas as organizacións sindicais presentes votamos en contra. Queda aprobada a modificación de RPT pola maioría da Administración.


2º Bases do concurso Gardacostas
O director xeral de Función Pública informa que da documentación que se deberá presentar para acreditar a base III.3.3.1 (agrupación familiar):
  • Empresa privada: Certificado de vida laboral e contrato de traballo por conta allea en vigor cun mínimo de tres meses de antelación á data de finalización do prazo de presentación de instancias.
  • Autónomos: Certificado de vida laboral e documento de alta no Réxime de autónomos  da Seguridade Social con efectos dun mínimo de tres meses de antelación á data de finalización do prazo de presentación de instancias.

A CIG manifesta que non foron atendidas a maioría das nosas alegacións:
  • Que a referencia á necesaria cobertura dos postos na fase de resultas permitiría amortizar postos de traballo, o que nos parece moi grave e debería desaparecer de esta e das demais bases de convocatorias dos concursos.
  • Que estaremos vixiantes de que non se autoricen comisións de servizo para postos de libre designación inmediatamente logo de resolución do presente concurso a traballadores que cambien de destino definitivo a consecuencia deste e que no caso de detectar irregularidades que iremos ao xulgado.


A CIG vota en contra. CCOO: en contra. UGT: abstención. CSIF: abstención. Quedan aprobadas as bases pola maioría da Administración.


3º Bases concurso escala estadísticos


O director xeral da Función Pública informa que incluír na base a titulación diplomatura ou equivalente foi un erro.


A CIG manifestase no mesmo que nas bases do concurso de gardacostas

A CIG vota en contra. CCOO: en contra. UGT: abstención. CSIF: abstención. Quedan aprobadas as bases pola maioría da Administración.


4º Bases concurso escalas consumo
A CIG manifestase no mesmo que nas bases do concurso de gardacostas

A CIG vota en contra. CCOO: en contra. UGT: abstención. CSIF: abstención. Quedan aprobadas as bases pola maioría da Administración.


Varios
Solicitamos por enésima vez unha reunión coa AMTEGA para que nos dean conta das actuacións realizadas e sobre o persoal que vai depender desta axencia. Temos constancia de que nin sequera se molestaron en facer unha dilixencia a cada traballador para que teña constancia de que xa depende desa axencia, e ao mesmo tempo non se impulsa a RPT.


Ao final o director xeral de Función Pública comentou con relación aos promotores de emprego que como se financiában con fondos finalistas non era posible mantelos mais aló do 30-06-2012 e que será comunicado polos órganos competentes da Consellería de Traballo.

Todas as organizacións sindicais manifestamos que hai outros fondos que poderían financiar este tema e polo tanto estabamos en desacordo coa decisión tomada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.