2010/02/19

NOTA INFORMATIVA COMITÉ DE EMPRESA 19 DE FEBREIRO DE 2010

O Comité de Empresa informa que no día de hoxe mantivo unha reunión co Director Xerente e o Técnico Superior de Recursos Humanos na que se nos informou dos seguintes puntos: 

1. Estado de desenvolvemento da Lei 12/2008

O Director Xerente transmitiunos por orde do Conselleiro Delegado o seguinte: Estase a traballar nun borrador de Anteproxecto de Modificación da Lei 12/2008 que nestes momentos está a ser estudado polos Secretarios Xerais das distintas Consellerías. No momento en que os Secretarios Xerais rematen o seu traballo a Dirección entregará ao Comité de Empresa o texto do Anteproxecto, e isto acontecerá proximamente.

O Director Xerente non adiantou contidos do borrador pero insistiu en que o obxectivo principal é garantir a estabilidade de todos os postos de traballo, incluídos os contratos por obra ou servizo.

En canto o Comité dispoña do texto será publicado para o voso coñecemento.

2. Convocatoria de prazas aprobadas no pasado Consello de Administración 

O Director Xerente informou que tendo formuladas 22 prazas, non poderán ser convocadas máis do 15% para 2010, polo tanto un total de 3, dentro dos límites que a normativa vixente impón como taxa de reposición de efectivos. A Dirección está a seguir os trámites pertinentes e se nos irán comunicando os pasos que se vaian dando nesta cuestión, do que vos informaremos puntualmente. O Director Xerente non especificou datas posibles para a convocatoria.

Por último, O Director Xerente quere transmitir que ten as portas do seu despacho abertas a todos e todas para calquera consulta, dúbida ou cuestión, e para evitar posibles rumores ou temores infundados.

Comité de Empresa, 19 de febreiro de 2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.