2010/02/18

NOTA INFORMATIVA COMITÉ DE EMPRESA 18 DE FEBREIRO DE 2010




O Comité de Empresa informa que en sesión plenaria celebrada onte 17 de febreiro de 2009 acordouse por unanimidade dar publicidade á seguinte información recibida da Dirección:

1. Certificación dos acordos adoptados no Consello de Administración do pasado 1 de decembro de 2009
O Consello de Administración autoriza ao Conselleiro Delegado á convocatoria do proceso selectivo para cubrir as 21 prazas de Xestor/a de Centro Comarcal ocupadas de xeito indefinido non fixo así como a praza de Técnico Superior de Estudos ocupada en interinidade. Xúntase copia da certificación.

2. Listado de convenios vixentes
Entrégasenos o listado de convenios vixentes a data 12 de febreiro de 2009. Xúntase copia do listado.

3. Instalación de taboleiros de información nos Centros Comarcais
A empresa instalará en cada centro comarcal un taboleiro de información para o Comité de Empresa, ante a solicitude feita o pasado 29 de xaneiro.

4. Condicións das novas contratacións por obra ou servizo
Ante a solicitude feita o pasado 29 de xaneiro de que as novas contratacións por obra ou servizo se fagan en condicións de máxima estabilidade laboral e que na medida do posible ditas contratacións estean suxeitas aos diferentes convenios vixentes asinados pola empresa; sempre e cando as funcións a desempeñar no posto se adecúen a estes convenios, a Dirección resposta co literal que se xunta no anexo.

5. Actualización da RPT a decembro de 2009
Xúntase copia da Relación de Postos de Traballo actualizada.


Comité de Empresa, 18 de febreiro de 2010


No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.