2010/05/31

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO 25 DE MAIO DE 2010 ACTA 06/2010

.
.

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO 25 DE MAIO DE 2010 ACTA 06/2010




ASISTENTES:

Pola CIG:
Manuel Jorge Dorrego Taín
Roberto Blanco Martínez
Carolina Sevilla Carbón

Por UGT:
Dominique Aller González
Inmaculada Serantes Duran
María Elena Bernárdez López

En Santiago de Compostela, sendo as 13:00 horas do día 25 de maio de 2010, reúnese en sesión ordinaria o Pleno do Comité de Empresa no centro de traballo da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia coa asistencia das persoas anteriormente relacionadas, segundo a seguinte orde do día:

Punto primeiro.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
Punto segundo.- Análise das propostas presentadas para os cursos de formación. Preparación de informe final para dar resposta a Recursos Humanos.
Punto terceiro.- Achegas e preguntas


Punto primeiro:
Foi lida e aprobada por unanimidade a acta da reunión anterior.

Punto segundo:
Acordouse por unanimidade entregar ao Director Xerente a totalidade dos cursos demandados cos seu detalles e presuposto, así como solicitarlle unha reunión para este tema. Acordouse asemade enviar unha nota informativa a todos/as os/as traballadores/as co resumo dos cursos presentados.

Punto terceiro:
Dominique Aller solicita que nas comunicacións do Secretario que se fagan como respostas ou como aclaracións á consideracións dos membros do Comité de Empresa, se faga referencia á toda a cadea de mensaxes orixinados para non perder fío do tratado. O Presidente indica que así se fará e se lle dará traslado ao Secretario, ausente nesta sesión.

Elena Bernárdez pregunta se hai algunha novidade no borrador de Anteproxecto de Lei. O Presidente indica que ata o de agora non se recibiu comunicación algunha. Acórdase por unanimidade facerlle esta pregunta ao Director Xerente na xuntanza de formación.

Roberto Blanco indica que o xeito de comunicación por parte da Dirección dalgunhas cuestións como xxxxxxxxxx non está sendo todo o discreto que debería ser. Acórdase por unanimidade comentarlle este tema ao Director Xerente na xuntanza de formación.

O Presidente fai lectura dun escrito dirixido pola traballadora xxxxx xxxxx, do Centro Comarcal de xxxxxxxxxx, reclamando o calendario de vacacións posto que no Centro non teñen constancia da aceptación da súa solicitude de vacacións. Acórdase por unanimidade solicitarlle por escrito ao Director Xerente a publicación do calendario de vacacións en todos os Centros Comarcais.

Dáse por finalizada a sesión ás 14:00h. En proba de conformidade todos os asistentes asinan a presente Acta no lugar e data recollidos no encabezamento desta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.