2010/09/24

A CIG DEMANDARÁ A VARIAS EMPRESAS PÚBLICAS POR APLICAR ILEGALMENTE A REDUCCIÓN SALARIAL DO 5% OS SEUS TRABALLADORES/AS

A CIG demandará a varias empresas públicas por aplicar ilegalmente a redución salarial do 5% os seus traballadores/as

Reclama que se declare o dereito dos traballadores/as a seguir percibindo os mesmos salarios que antes de aplicarse a medida
.
.
Os secretarios comarcais das federacións de Banca, Administración, Metal, FGAMT e Servizos compareceron hoxe para anunciar a presentación de demandas de conflito colectivo -que se intentará, cando sexa posíbel, facelo coas outras organizacións sindicais- contra as empresas públicas nas que se está a aplicar de forma ilegal o Real Decreto Lei 8/2010 de medidas para reducir o déficit público.
.
Segundo explicou o secretario de Organización da CIG de Compostela, Renato Núñez, numerosas empresas públicas, como a CRTVG, RETEGAL, Turgalicia, SODECO ou Xacobeo están a aplicar aos seus traballadores/as a redución do 5% nos seus salarios, malia no propio R.D especificarse, na disposición adicional IX, que esa redución non é de aplicación nas sociedades mercantís do sector público e que só se aplicará se hai acordo no proceso de negociación colectiva.
.
Núñez indicou que en ningún dos casos houbo acordo no proceso de negociación colectiva e que mesmo nalgunhas das empresas non houbo sequera houbo unha convocatoria de reunión para a negociación con anterioridade, para aplicar a redución salarial do 5%.
.
Nas demandas de conflito colectivo solicítase que se declare o dereito dos traballadores/as destas sociedades a seguir percibindo os mesmos salarios que antes de aplicarse esta redución.
.
Neste sentido, o secretario de Organización denunciou a “hipocrisía” do presidente da Xunta, do goberno galego e do PP, por criticar estas medidas publicamente e logo aplicalas en toda a súa extensión e lembrou que todas estas políticas son as que se queren frear coa folga xeral do 29 de setembro, á que chamou a participar masivamente a todas as traballadoras e traballadores galegos.

(Fonte: Xornal Dixital Avantar 23/09/2010)




No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.