2010/01/28

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO 27 DE XANEIRO DE 2010

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO 27 DE XANEIRO DE 2010
ACTA 01/2010



ASISTENTES:

Pola CIG:
Manuel Jorge Dorrego Taín
Gonzalo González Bernárdez
Roberto Blanco Martínez
Carolina Sevilla Carbón
Ana Isabel Paz Villar

Por UGT:
Dominique Aller González
Inmaculada Serantes Durán
María Elena Bernárdez López

Por CCOO:
María Dolores Rodríguez Campos

En Santiago de Compostela, sendo as 13:00 horas do día 27 de xaneiro de 2010, reúnese en sesión ordinaria o Pleno do Comité de Empresa no centro de traballo da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia coa asistencia das persoas anteriormente relacionadas, segundo a seguinte orde do día:

Punto primeiro.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
Punto segundo.- Proposta de novo envío ao Conselleiro Delegado da solicitude do 23 de novembro. Debate e aprobación, se procede
Punto terceiro.- Proposta de solicitude de taboleiros de información nos Centros Comarcais. Debate e aprobación, se procede
Punto cuarto.- Proposta de utilización do taboleiro do Comité de Empresa para os sindicatos integrantes. Debate e aprobación, se procede
Punto quinto.- Proposta de solicitude de asignación dos contratos de obra ou servizo a varios convenios. Debate e aprobación, se procede
Punto sexto.- Proposta de solicitude de información da previsión de convocatoria de prazas. Debate e aprobación, se procede
Punto sétimo.- Achegas e preguntas

Punto primeiro:
Foi lida e aprobada por unanimidade a acta da reunión anterior.

Punto segundo:
Tras debater o segundo punto todos os presentes se amosaron de acordo en enviar de novo ao Conselleiro Delegado a solicitude xa enviada o 23 de novembro así como a súa ampliación do 21 de decembro referente á solicitude da certificación dos acordos adoptados en materia de persoal no Consello de Administración do 1 de decembro de 2009. Apróbase por unanimidade.

Punto terceiro:
Apróbase por unanimidade a solicitude de taboleiros de información para o Comité de Empresa para instalar nos Centros Comarcais. Dirixirase esta petición ao Director xerente.

Punto cuarto:
CIG indica que se fai necesario un espazo de publicación propio para información dos sindicatos integrantes do Comité de Empresa. Apróbase por unanimidade a utilización do taboleiro do Comité de Empresa para este fin, respectando sempre a preferencia de espazo para a información común.

Punto quinto:
UGT indica que os novos contratos por obra e servizo deberían asignarse na medida do posible a varios convenios con vistas a obter maior estabilidade laboral. CIG indica que a potestade de establecemento das obras ou servizos corresponde sempre á empresa e que o feito de que nun contrato de traballo figure máis dun convenio non garante máis estabilidade laboral. Tras debater esta cuestión acordouse consensuar o seguinte texto de solicitude dirixida ao Director Xerente:
          “Propoñer que as novas contratacións por obra ou servizo se fagan en condicións de máxima estabilidade laboral e que na medida do posible ditas contratacións estean suxeitas aos diferentes convenios vixentes asinados pola empresa; sempre e cando as funcións a desempeñar no posto se adecúen a estes convenios.”
 Apróbase por unanimidade.

Punto sexto:
UGT indica que para pedir a previsión de convocatoria de prazas é imprescindible contar coa certificación dos acordos adoptados en materia de persoal no Consello de Administración do 1 de decembro de 2009. Acórdase por unanimidade insistir nesta petición, como así se acordou xa no punto segundo. CIG lembra que a petición de creación de novas prazas foi xa solicitada ao Conselleiro Delegado no escrito do 23 de novembro e que aínda estamos á espera da resposta. Acórdase por unanimidade deixar este punto como xa integrado no punto segundo.

Punto sétimo:
M.J. Dorrego propón insistir tamén na solicitude ao Director Xerente do 23 de novembro de 2009, xa que dos oito puntos solicitados tan só foi contestado o sétimo. Acéptase a proposta por unanimidade engadindo esta petición ás acordadas nos puntos terceiro e quinto.

Dáse por finalizada a sesión ás 14:30h. En proba de conformidade todos os asistentes asinan a presente Acta no lugar e data recollidos no encabezamento desta.


SODECO tuenti iPad facebook iPad

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.