2009/12/17

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO 16 DECEMBRO 2009


ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO 16 DECEMBRO 2009

ASISTENTES:

Pola CIG:
Manuel Jorge Dorrego Taín
Roberto Blanco Martínez
Carolina Sevilla Carbón

Por UGT:
Dominique Aller González
Inmaculada Serantes Durán
María Elena Bernárdez López

Por CCOO:
María Dolores Rodríguez Campos

En ausencia do Secretario Gonzalo González Bernárdez, actúa como tal nesta reunión o Presidente Manuel Jorge Dorrego Taín.

En Santiago de Compostela, sendo as 13:00 horas do día 16 de decembro de 2009, reúnese en sesión ordinaria o Pleno do Comité de Empresa no centro de traballo da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia coa asistencia das persoas anteriormente relacionadas, segundo a seguinte orde do día:

Punto primeiro.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
Punto segundo.- Lectura e aprobación, se procede, do novo Regulamento de Réxime Interno
Punto terceiro.- Proposta de novo envío ao Conselleiro Delegado da solicitude do 23 de novembro. Debate e aprobación, se procede
Punto cuarto.- Proposta de comunicación aos traballadores da mensaxe do Director Xerente do 11 de decembro. Debate e aprobación, se procede
Punto quinto.- Achegas e preguntas


Punto primeiro:
Foi lida e aprobada por unanimidade a acta da reunión anterior.

Punto segundo:
Foi lido e aprobado por unanimidade o Regulamento de Réxime Interno.

Punto terceiro:
Foi aprobada por unanimidade a proposta de enviarlle ao Conselleiro Delegado unha nova copia da solicitude de reunión do 23 de novembro. Asemade acordouse por unanimidade solicitar tamén do Director Xerente unha certificación dos acordos adoptados en materia de persoal no Consello de Administración do 1 de decembro de 2009.

Punto cuarto:
Foi aprobada por unanimidade a proposta de comunicación aos traballadores da mensaxe do Director Xerente do 11 de decembro de 2009. Acordouse encargar ao Secretario a redacción dun borrador para ser analizado por todos os membros do Comité de Empresa antes da súa publicación.

Punto quinto:
Non se formularon achegas e preguntas.

Dáse por finalizada a sesión ás 13:30h. En proba de conformidade todos os asistentes asinan a presente Acta no lugar e data recollidos no encabezamento desta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.