2009/11/13

ACTA DE CONSTITUCIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA



ACTA DE CONSTITUCIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA

DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O
DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA

En Santiago de Compostela, sendo as 13:00 horas do día 12 de novembro de 2009, reúnense, no centro de traballo da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia as persoas que a continuación se citan:

Pola CIG:
Manuel Jorge Dorrego Taín
Gonzalo González Bernárdez
Roberto Blanco Martínez
Carolina Sevilla Carbón
Ana Isabel Paz Villar

Por UGT:
Dominique Aller González
Inmaculada Serantes Duran
María Elena Bernárdez López

Por CCOO:
María Dolores Rodríguez Campos

A finalidade desta reunión é a de constituír o novo Comité de Empresa da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia tras as eleccións parciais celebradas para a elección de 7 representantes e segundo a seguinte orde do día:

Punto primeiro.- Constitución do novo Comité de Empresa
Punto segundo.- Elección de Presidente/a
Punto terceiro.- Elección de Secretario/a
Punto cuarto.- Rogos e preguntas

Punto primeiro:
Acórdase por unanimidade constituír o Comité de Empresa da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia cos nove representantes dos traballadores citados.

Punto segundo:
Preséntase como único candidato a Presidente o representante da CIG Manuel Jorge Dorrego Taín. Procédese á votación co resultado de 5 votos a favor (CIG) e 4 abstencións (UGT e CCOO). Ao obter a maioría absoluta na primeira votación queda elixido Manuel Jorge Dorrego Taín como Presidente.

Punto terceiro:
Preséntase como único candidato a Secretario o representante da CIG Gonzalo González Bernárdez. Procédese á votación co resultado de 5 votos a favor (CIG) e 4 abstencións (UGT e CCOO). Ao obter a maioría absoluta na primeira votación queda elixido Gonzalo González Bernárdez como Secretario.

Punto cuarto:
Non se formularon rogos e preguntas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.