Nacional - Mesas negociación e órganos representación |
Escrito por Anxo Anta |
Venres, 29 Xuño 2012 07:32 |
Na Comisión de Persoal do 27 de xuño
votábanse os seguintes temas: RPT do Instituto de estudos do
territorio, bases do concurso de gardacostas, de estatística e de
consumo. En varios, a CIG expuxo a súa queixa pola desastrosa entrada en
funcionamento da Axencia de Modernización Tecnolóxica (AMTEGA) e se
falou do tema dos/as promotores/as de emprego.
1º Proposta de modificación da RPT do Instituto de Estudos do Territorio
A CIG manifesta que non atenderon ningunha das alegacións presentadas na mesa xeral:
Todas as organizacións sindicais presentes votamos en contra. Queda aprobada a modificación de RPT pola maioría da Administración.
2º Bases do concurso Gardacostas
O
director xeral de Función Pública informa que da documentación que se
deberá presentar para acreditar a base III.3.3.1 (agrupación familiar):
A CIG manifesta que non foron atendidas a maioría das nosas alegacións:
A CIG vota en contra. CCOO: en contra. UGT: abstención. CSIF: abstención. Quedan aprobadas as bases pola maioría da Administración. 3º Bases concurso escala estadísticos O director xeral da Función Pública informa que incluír na base a titulación diplomatura ou equivalente foi un erro. A CIG manifestase no mesmo que nas bases do concurso de gardacostas A CIG vota en contra. CCOO: en contra. UGT: abstención. CSIF: abstención. Quedan aprobadas as bases pola maioría da Administración. 4º Bases concurso escalas consumo A CIG manifestase no mesmo que nas bases do concurso de gardacostas A CIG vota en contra. CCOO: en contra. UGT: abstención. CSIF: abstención. Quedan aprobadas as bases pola maioría da Administración. Varios
Solicitamos por enésima vez unha reunión coa AMTEGA para
que nos dean conta das actuacións realizadas e sobre o persoal que vai
depender desta axencia. Temos constancia de que nin sequera se
molestaron en facer unha dilixencia a cada traballador para que teña
constancia de que xa depende desa axencia, e ao mesmo tempo non se
impulsa a RPT.
Ao final o director xeral de Función Pública comentou con relación aos promotores de emprego que como se financiában con fondos finalistas non era posible mantelos mais aló do 30-06-2012 e que será comunicado polos órganos competentes da Consellería de Traballo. Todas as organizacións sindicais manifestamos que hai outros fondos que poderían financiar este tema e polo tanto estabamos en desacordo coa decisión tomada. |
2012/06/29
COMISIÓN DE PERSOAL DO 27 DE XUÑO
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario