Nacional - RPT e estrutura |
Escrito por Roberto Varela |
Mércores, 20 Xuño 2012 12:00 |
O martes, 19 de xuño, tivo lugar a 1ª xuntanza de negociación sobre a proposta de modificación da RPT presentada polo Instituto de Estudos do Territorio (IET). a CIG oponse rotundamenta á amortización de 11 prazas.
O
IET arg
umenta esta modificación esencialmente na necesidade que ten o
IET de contar con persoal altamente cualificado para levar a cabo as
funcións deste, de aí a cantidade de titulacións específicas e méritos
varios que se inclúen nesta proposta de RPT. Como apoio a esta
“necesidade”, o director entréganos a cada central sindical un dossier
con profusa documentación técnica e fotografías varias.
A
proposta de amortizacións tratou de xustificala baseándose no estudo
organizativo do servizo e máis no orzamento do que dispón o IET. Para
escoller os postos que serán amortizados, seguiron un criterio propio
baseado na antigüidade e na formación académica complementaria.
A CIG opúxose rotundamente á proposta de amortización das 11 prazas
(tres postos vacantes e un posto cuberto por persoal interino en
persoal funcionario e sete postos ocupados por persoal laboral). Na nosa
habitual liña sindical, tamén nos opuxemos a que os servizos sexan LD
no canto de por concurso. Rexeitamos tamén a apertura de postos a outras
administracións mentres non haxa un acordo de reciprocidade efectivo.
En canto ao abuso de titulacións académicas
e á disparidade de algunhas destas en algún posto, manifestamos o noso
rexeitamento absoluto. Asemade, denunciamos que esta RPT está feito á
medida do persoal que está cubrindo eses postos, sobre todo para uns
máis que para outros, aos que, polo feito de facer unhas funcións
determinadas, valóraselles esa experiencia como mérito. Deste xeito
manteñen “blindadas” esas prazas, ao tempo de que se está pechando a
porta ao persoal que quixera optar a estes postos nun hipotético
concurso de traslados, carreira administrativa, etc, pois ninguén máis
que eles ten esa experiencia.
A experiencia nos postos cóllese traballando e a formación facendo
cursos, por iso, criticamos os requisitos de experiencia e formación,
sobre todo naqueles postos que a poñen como requisito imprescindible.
Solicitamos que se retire e que utilicen a EGAP para formar a todo o seu
persoal, sin escoller a uns si e a outros non.
Rexeitamos
tamén que dous laborais estén exercendo funcións de encargados con
persoal ao seu cargo, cando no persoal laboral non existe xerarquía de
ningún tipo.
Negámonos tamén á súa pretensión de reflexar nesta RPT “en atención ás necesidades do servizo....” a xornada de mañán ou tarde
para determinados postos que ata o de agora non tiñan ningunha
especificación horaria, co conseguinte prexuízo para os
traballadores/as. Tamén expuxemos que non contabamos coa memoria
económica desta RPT.
Descarga as alegacións completas |
2012/06/22
MODIFICACION DA RPT DO IET: RESUMO DE XUNTANZA E ALEGACIÓNS
Modificación da RPT do Instituto de Estudos do Territorio: resumo da xuntanza e alegacións
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario