Consellería de Facenda
RESOLUCIÓN
do 29 de xuño de 2012 pola que se ordena a publicación do acordo do
Consello da Xunta de Galicia, do 29 de xuño de 2012, polo que se aproba a
modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo
Instituto de Estudos do Territorio.
A posta en funcionamento do Instituto de
Estudos do Territorio (IET) implica a supresión da Dirección Xeral de
Sostibilidade e Paisaxe, que é asumida por este organismo. O IET asume
as competencias atribuídas á citada dirección xeral, subrogándose nos
dereitos e obrigas derivados das competencias do devandito órgano, agás
naquelas relativas á ordenación do territorio, nas cales se subrogará á
Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, segundo o
disposto na estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas.
Por outra banda o IET, ademais,
subrógase nos dereitos e obrigas da Sociedade Anónima para o
Desenvolvemento Comarcal de Galicia (Sodeco) no que se refire á
Subdirección do Sistema de Información Territorial de Galicia, no
momento que se procedeu á extinción desta sociedade.
A proposta que se formula pretende a
modificación da relación de postos de traballo do IET, tendo en conta o
estudo organizativo do servizo, a racionalización das estruturas
orgánicas, a evitación de tarefas redundantes e duplicidades, e as
previsións orzamentarias, todo de conformidade co disposto nas
disposicións adicionais sétima e oitava dos seus estatutos. Este estudo
organizativo realizado polo IET con data do 6 de xuño do 2012 prevé unha
reorganización administrativa e dos seus recursos humanos, adaptándoos
aos seus obxectivos extratéxicos e ao orzamento con que conta.
En consecuencia, por proposta da
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, consultadas
as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da
Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de
Galicia, na súa reunión do día 29 de xuño de 2012, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Apróbase a modificación da
relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto de
Estudos do Territorio, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.
Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o acordo adoptado polo Consello da
Xunta de Galicia na súa reunión do 29 de xuño de 2012, relativo á
aprobación da modificación da relación de postos de traballo do
organísmo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, coa finalidade de
cumprir ese acordo dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2012
Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda
Conselleira de Facenda
No hay comentarios:
Publicar un comentario