2012/08/07

O DESPIDO LIBRE DE RAJOY. A ADMINISTRACIÓN SÓ PARA OS MEUS

En marcha o real decreto dos despidos colectivos de empregados públicos PDF Imprimir Correo-e
Anuncios - Anuncios importantes. Visualizacion automatica
Escrito por CIG-Autonómica   
Mércores, 01 Agosto 2012 14:59
Na senda de liquidación das Administracións Públicas que leva emprendida o PP, introdúcese agora o elemento máis devastador de todos cantos cabía esperar: a regulación do despedimento colectivo no Sector Público (descargar o borrador do RD).
1º. Se se regula é porque se vai aplicar. Quen ninguén se chame a engano pensando que se trata simplemente dun desenvolvemento regulamentario sen máis. Unha vez que as instancias políticas dispoñan dese instrumento vai ser utilizado.
2º. Afecta a todas as Administracións Públicas incluída á Administración da Xunta de Galiza.
3º. Afecta a todo o persoal laboral, non so a temporais e indefinidos, senón ao persoal laboral fixo que ten superado procesos selectivos para ao acceso a tal condición.
4º. Está en poder da Administración decidir se existen causas de despido colectivo ou non:
  • No caso de causas económicas, abonda con infradotar orzamentariamente cun 10% a calquera consellaría ou ente para que se entre nun proceso de despedimento colectivo
  • No caso de causas organizativas, abonda con xustificar que o servizo se poida prestar externamente reducindo custos.

5º. O único criterio para priorizar a afectación dos despedimentos vai ser o ter pasado un proceso selectivo. A partir de aí non existen criterios, nin a antigüidade, nin ningún outro, quedando expedita a vía da selección arbitraria por parte da Administración de a quen despedir e a quen non.
6º. Constitúe unha referencia para a modificación do EBEP de cara a rematar coa permanencia dos/as empregados/as públicos/as, especialmente dos funcionarios/as de carreira, que poderían ver como no futuro desaparece calquera garantía neste sentido.
7º. É un paso máis non só para reducir a Administración, senón para privatizala, ao permitir que empresas privadas asuman tarefas desenvolvidas por empregados públicos.
É tamén realmente preocupante que un borrador desta importancia para a xeneralidade dos empregados públicos, non fose posto en coñecemento da CIG. Foi durante a rolda de intervencións da Mesa Xeral de Empregados Públicos da Xunta de Galiza, o pasado mércores 1 de agosto, cando a Dirección Xeral da Función Pública anunciou que estaba en trámite esta disposición a nivel do Estado, sen facilitárselle á CIG documento ningún, apesar de que a CIG ten a consideración de sindicato máis representativo e con presenza na Mesa Xeral de Administracións Públicas en Madrid. Dáse a circunstancia de que outras organizacións sindicais dispoñen deste borrador como mínimo desde o 27 de xullo, data do documento do que hoxe se fai eco a prensa e que xa a está a circular por internet.
Rexeitamos tamén que se veñan de facer alegacións por parte dalgunhas centrais sindicais no lugar de rexeitar de plano este aberrante Real Decreto.
Desde a CIG facemos un chamamento a todos/as empregados/as publicos/as a continuar mobilizándose contra todas as medidas de destrución das Administracións Públicas e dos Servizos Públicos.

Descargar o borrador do Real Decreto de despidos colectivos

Máis información en prensa:

2012/07/02

MODIFICACION DA RPT NO IET - DOG Nº 130 2012/07/02

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2012 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de xuño de 2012, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio.


A posta en funcionamento do Instituto de Estudos do Territorio (IET) implica a supresión da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, que é asumida por este organismo. O IET asume as competencias atribuídas á citada dirección xeral, subrogándose nos dereitos e obrigas derivados das competencias do devandito órgano, agás naquelas relativas á ordenación do territorio, nas cales se subrogará á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, segundo o disposto na estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Por outra banda o IET, ademais, subrógase nos dereitos e obrigas da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia (Sodeco) no que se refire á Subdirección do Sistema de Información Territorial de Galicia, no momento que se procedeu á extinción desta sociedade.

A proposta que se formula pretende a modificación da relación de postos de traballo do IET, tendo en conta o estudo organizativo do servizo, a racionalización das estruturas orgánicas, a evitación de tarefas redundantes e duplicidades, e as previsións orzamentarias, todo de conformidade co disposto nas disposicións adicionais sétima e oitava dos seus estatutos. Este estudo organizativo realizado polo IET con data do 6 de xuño do 2012 prevé unha reorganización administrativa e dos seus recursos humanos, adaptándoos aos seus obxectivos extratéxicos e ao orzamento con que conta.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 29 de xuño de 2012, adoptou o seguinte 

ACORDO:
Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.
Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 29 de xuño de 2012, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo do organísmo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, coa finalidade de cumprir ese acordo dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2012
Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda





2012/06/29

COMISIÓN DE PERSOAL DO 27 DE XUÑO

Nacional - Mesas negociación e órganos representación
Escrito por Anxo Anta   
Venres, 29 Xuño 2012 07:32
Na Comisión de Persoal do 27 de xuño votábanse os seguintes temas: RPT do Instituto de estudos do territorio, bases do concurso de gardacostas, de estatística e de consumo. En varios, a CIG expuxo a súa queixa pola desastrosa entrada en funcionamento da Axencia de Modernización Tecnolóxica (AMTEGA) e se falou do tema dos/as promotores/as de emprego.

1º Proposta de modificación da RPT do Instituto de Estudos do Territorio
A CIG manifesta que non atenderon ningunha das alegacións presentadas na mesa xeral:
  • Manifestámonos contra a amortización de postos de traballo no IET creados na RPT ante a mesa xeral. A baremación para facer estas amortizacións é erronea, polo que pedimos que revisen a alegación feita sobre algún posto na Mesa Xeral
  • Que os méritos que aparecen en moitos dos postos se fan para perfilalos, personalizalos e bilndalos.
  • Que a xornada de maña e tarde en moitos postos non se xustifica.
  • Que non admitimos que "de facto" existan dous postos de persoal laboral aos que se lles asigne tarefas de responsabilidades e dirección do traballo sobre os demais.
  • Que se están a manter asistencias técnicas mentras se amortiza.
Todas as organizacións sindicais presentes votamos en contra. Queda aprobada a modificación de RPT pola maioría da Administración.


2º Bases do concurso Gardacostas
O director xeral de Función Pública informa que da documentación que se deberá presentar para acreditar a base III.3.3.1 (agrupación familiar):
  • Empresa privada: Certificado de vida laboral e contrato de traballo por conta allea en vigor cun mínimo de tres meses de antelación á data de finalización do prazo de presentación de instancias.
  • Autónomos: Certificado de vida laboral e documento de alta no Réxime de autónomos  da Seguridade Social con efectos dun mínimo de tres meses de antelación á data de finalización do prazo de presentación de instancias.

A CIG manifesta que non foron atendidas a maioría das nosas alegacións:
  • Que a referencia á necesaria cobertura dos postos na fase de resultas permitiría amortizar postos de traballo, o que nos parece moi grave e debería desaparecer de esta e das demais bases de convocatorias dos concursos.
  • Que estaremos vixiantes de que non se autoricen comisións de servizo para postos de libre designación inmediatamente logo de resolución do presente concurso a traballadores que cambien de destino definitivo a consecuencia deste e que no caso de detectar irregularidades que iremos ao xulgado.


A CIG vota en contra. CCOO: en contra. UGT: abstención. CSIF: abstención. Quedan aprobadas as bases pola maioría da Administración.


3º Bases concurso escala estadísticos


O director xeral da Función Pública informa que incluír na base a titulación diplomatura ou equivalente foi un erro.


A CIG manifestase no mesmo que nas bases do concurso de gardacostas

A CIG vota en contra. CCOO: en contra. UGT: abstención. CSIF: abstención. Quedan aprobadas as bases pola maioría da Administración.


4º Bases concurso escalas consumo
A CIG manifestase no mesmo que nas bases do concurso de gardacostas

A CIG vota en contra. CCOO: en contra. UGT: abstención. CSIF: abstención. Quedan aprobadas as bases pola maioría da Administración.


Varios
Solicitamos por enésima vez unha reunión coa AMTEGA para que nos dean conta das actuacións realizadas e sobre o persoal que vai depender desta axencia. Temos constancia de que nin sequera se molestaron en facer unha dilixencia a cada traballador para que teña constancia de que xa depende desa axencia, e ao mesmo tempo non se impulsa a RPT.


Ao final o director xeral de Función Pública comentou con relación aos promotores de emprego que como se financiában con fondos finalistas non era posible mantelos mais aló do 30-06-2012 e que será comunicado polos órganos competentes da Consellería de Traballo.

Todas as organizacións sindicais manifestamos que hai outros fondos que poderían financiar este tema e polo tanto estabamos en desacordo coa decisión tomada.

2012/06/25

MESA XERAL DO 22.06.2012

Nacional - Mesas negociación e órganos representación
Escrito por Alexandre Prieto   
Luns, 25 Xuño 2012 10:49
O venres 22 de xuño tivemos unha Mesa Xeral de Empregados Públicos nos que tratamos cos representantes da Administración a Relación de Postos de Traballo do Instituto de Estudos do Territorio, os concursos de traslados de gardacostas, estatística e consumo, e varios asuntos de interese no apartado de rogos e preguntas.

RPT do IET

A postura da CIG foi moi crítica coa proposta da Administración tanto polas formas como polo fondo. Non aceptamos que nos convoquen a unha xuntanza previa sen tempo por diante e cunha documentación extensa de xeito que resulta imposíbel estudala en profundidade. Así, a CIG non comparte as felicitacións que transmitiron CCOO, UGT e CSIF.
En canto ao fondo:
  • Rexeitamos as amortización que propoñen, incluíndo os supostos criterios que levaron a decidir os postos concretos que eliminan. Dubidamos da obxectividade que pretenden transmitir, e en todo caso criticamos a utilización da titulación como criterio para eliminar postos. O feito de que muden os criterios segundo os grupos non nos dá ningunha garantía de obxectividade.
  • Rexeitamos que a forma de provisión das xefaturas de servizo siga a ser a libre designación.
  • Non aceptamos a excesiva cantidade de requisitos de titulacións académicas, algo habitual na CMATI.
  • Non queremos apertura de postos a outras administacións mentres non haxa acordo de reciprocidade negociado e efectivo.
  • Non comprendemos a disparidade entre algunhas titulacións para un mesmo posto.
  • Denunciamos que a RPT está feita a medida do persoal que a está a cubrir determinados postos, a quenes se lles valora a experiencia como mérito, co que están a blindar as prazas e pechar a porta ao resto do persoal.
  • Reclamamos eliminar a experiencia ben sexa como requisito ou como mérito. Pero en todo caso, que se convirta en formación como mérito.
  • Non estamos conformes co cambio de xornada para algúns traballadores que até agora tiñan xornada de mañá.

Fora da RPT, reiterámonos na denuncia que xa fixemos nunha anterior Mesa Xeral respecto da existencia de dous laborais "titulados grao medio" (antigos xefes en SODECO), exercendo responsabilidades con persoal a cargo.
 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.