DOG Núm. 68
Martes, 10 de abril de 2012
Páx. 12523
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
ORDE do 4
de abril de 2012 pola que se fixa a data de entrada en funcionamento do
organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio adscrito a esta
consellería.
O artigo 31 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do
territorio de Galicia, establece que se creará o Instituto de Estudos do
Territorio coa natureza, fins e medios que se establezan na súa lei
reguladora. En cumprimento do mandado legal citado, a través da Lei
6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do
territorio e do litoral de Galicia, créase o Instituto e disponse a súa
adscrición á consellería competente en materia de ordenación do
territorio e urbanismo, e asemade regúlanse os aspectos indicados na Lei
10/1995, do 23 de novembro.
O Instituto de Estudos do Territorio configúrase como un organismo
autónomo dos regulados na sección 2.ª do capítulo II do título III da
Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da
Administración xeral e o sector público autonómico de Galicia, e os seus
estatutos foron aprobados polo Decreto 244/2011, do 29 de decembro,
publicado no Diario Oficial de Galicia do 2 de xaneiro de 2012.
O organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio constituíuse
formalmente o día 7 de febreiro de 2012, coa realización da sesión
constitutiva do seu Consello Reitor. Cómpre agora, unha vez ultimadas as
actuacións necesarias para a súa posta en marcha, fixar a data da súa
efectiva entrada en funcionamento.
Polo exposto, en exercicio das facultades conferidas polo artigo 34 da
Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa
Presidencia
DISPOÑO:
Fixar como data de entrada en funcionamento do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, o día 7 de abril de 2012.
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2012.
Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
No hay comentarios:
Publicar un comentario