Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
2012/06/14
DECRETO 129/2012, DO 31 DE MAIO, POLO QUE SE REGULA O RÉXIME APLICABLE A PERSOAL DAS ENTIDADES INSTRUMENTAIS INTEGRANTES DO SECTOR PÚBLICO AUTONÓMICO DE GALICIA QUE SEXAN OBXETO DE CREACIÓN, ADAPTACIÓN OU EXTINCIÓN.
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
2012/05/31
A XUNTA UNIFORMIZA O RÉXIME DE PERSOAL DAS ENTIDADES PÚBLICAS INSTRUMENTAIS CO DA ADMINISTRACIÓN XERAL GALEGA
A XUNTA UNIFORMIZA O RÉXIME DE PERSOAL DAS ENTIDADES PÚBLICAS INSTRUMENTAIS CO DA ADMINISTRACIÓN XERAL GALEGA
- O Consello aprobou hoxe o decreto que regula o réxime aplicable ao persoal das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico
- O decreto homoxeneiza as relacións de emprego no ámbito do sector público autonómico, gañando en eficiencia e favorecendo a mobilidade
- O texto desenvolve o previsto na Lofaxga para integrar como persoal laboral da Xunta o persoal laboral fixo das entidades instrumentais
O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto que regula o réxime aplicable ao persoal das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico de Galicia, que van permitir homoxeneizar as relacións de emprego en todo o ámbito do sector público autonómico ao uniformizar o réxime de persoal destas entidades instrumentais co da Administración xeral galega.
O decreto desenvolve unha previsión establecida na Lofaxga e regula, polo tanto, os procedementos que habilitan a progresiva integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo das entidades instrumentais, é dicir, de organismos autónomos, axencias públicas autonómicas, entidades públicas empresariais, consorcios, sociedades mercantís públicas e fundación do sector público.
O obxectivo da norma é homoxeneizar as relacións de emprego no ámbito do sector público autonómico, co fin de mellorar a eficacia na xestión do persoal e gañar así en eficiencia, ademais de favorecer a mobilidade horizontal e vertical do persoal. Estamos a falar da integración de persoal laboral fixo que foi seleccionado respectando os principios de mérito, igualdade, capacidade e publicidade.
Nesta liña de homoxeneizar as relacións de emprego no ámbito do sector público autonómico, o texto alude á equiparación, de forma progresiva e durante un prazo máximo de 6 anos, tanto das retribucións superiores como daquelas que sexan inferiores ás establecidas no Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia, unificando desta forma o réxime retributivo de todo o persoal laboral fixo do sector público autonómico.
Procedemento de integración
O procedemento de integración porase en marcha coa publicación dunha orde da Consellería de Facenda -competente en materia de función pública-, por proposta da consellería á que este adscrita a entidade instrumental cuxo persoal cumpra os requisitos exixidos para a integración.
Entre estes requisitos será obrigatorio ter un contrato laboral fixo con algunha das entidades, instrumentais do sector público autonómico, formalizado tras un proceso de selección realizado baixo os principios constitucionais de publicidade, mérito e capacidade, así como a titulación e os demais requisitos esixidos para o acceso ao grupo e á categoría de homologación do Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta
de Galicia, e estar en situación de servizo activo ou que orixine dereito á reserva de praza ou posto.
de Galicia, e estar en situación de servizo activo ou que orixine dereito á reserva de praza ou posto.
A integración finalmente resolverase mediante orde da consellería competente en materia de función pública onde se recollerán as previsións necesarias para que esta se realice en termos de homoxeneidade co réxime laboral establecido no Convenio colectivo da Xunta de Galicia.
Entidades en proceso de liquidación
No decreto recóllese, ademais, o caso particular do persoal procedente de determinadas entidades que se atopan en proceso de liquidación, coa finalidade de culminar o proceso e, pola súa vez, proceder á equiparación do persoal procedente destas entidades seleccionado baixo os principios de publicidade, mérito e capacidade, co resto do persoal laboral da Xunta de Galicia.
Este é o caso do persoal fixo das extinguidas fundacións para o desenvolvemento das comarcas que foron integradas en entidades onde non era de aplicación o Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia, así como do persoal da Fundación Galicia Emigración e Fundación Axencia Humanitaria de Galicia.
Nestas últimas, en proceso de liquidación, o persoal continúa prestando os seus servizos e adscribiranse, respectivamente, á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e á Secretaría Xeral de Emigración, que asumirán as súas actividades e medios de conformidade cos respectivos acordos de extinción por precisar do persoal das características de que se trata.
2012/05/23
2012/05/11
RESUMO DA XUNTANZA DA RPT DO INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO: POSIBILIDADE DE NOVAS AMORTIZACIÓNS
| Resumo da xuntanza da RPT do Instituto de Estudos do Territorio: posibilidade de novas amortizacións |
|
|
|
| Nacional - RPT e estrutura |
| Escrito por Roberto Varela |
| Xoves, 10 Maio 2012 18:44 |
|
O mércores, 9 de maio,
tivo lugar unha xuntanza para tratar a proposta de RPT deste novo ente
que deriva do Decreto 244/2011, polo que se aproban os estatutos do
Instituto de Estudos do Territorio (IET) (DOG 02/01/2012). Incluído na Mesa Xeral do 11 de maio.
Segundo o director da axencia tratan de “poñer orde no IET” seguindo o establecido para estes efectos no decreto. Así, esta RPT sería unha primeira fase que consistiría na incorporación de varios postos da extinta Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe así como da integración do persoal procedente da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia (SODECO). Os postos da extinta dirección xeral son todos de persoal funcionario e os de SODECO son todos de persoal laboral.
A CIG presenta as seguintes alegacións:
Neste
punto, e ante a nosa insistencia, os representantes do IET explican que
están tirando do capítulo I da consellería para poder pagar as nóminas
dos 40 traballadores/as. Insistímoslles en que para evitar esta
situación deberían ter ben especificado na valoración económica de onde
sae o crédito orzamentario para levar a cabo a creación das ditas
prazas.
Tamén
manifesta a administración que o que se pretende inicialmente é “facer
unha foto” da situación actual, que o persoal seguirá mantendo a mesma
natureza contractual que ten agora, pero que nun futuro próximo (falan
de dous meses máis ou menos), e segundo o disposto no Decreto 244/2011,
“...o IET realizará un estudo organizativo do servizo, tendo en conta a
racionalización das estruturas orgánicas , a evitación de tarefas
redundantes e duplicidades e as previsións orzamentarias, a resultas do
cal proporase unha nova modificación de relación de postos de traballo
ou cadro de persoal do IET no se procederá á creación formal dos postos
de traballo, ou ben amortización, dentro das dispoñibilidades
orzamentarias existentes.”
Unha vez feito este estudo, convocarannos de novo para a modificación definitiva da RPT. A súa idea é facelo antes do verán.
Ante esta disxuntiva, todas as organizacións sindicais manifestamos o noso temor a posibles amortizacións, ao que a administración respostou que intentarán non ter que chegar a eso, pero en ningún momento negaron esa posibilidade.
No
trancurso da xuntanza tivemos coñecemento de que este venres, 11 de
maio, habería unha mesa xeral extraordinaria onde se tratarían entre
outros, a modificación da RPT do IET. Ante o asombro xeral de todos nós e
diante das acusacións de tomadura de pelo e paripé de todo isto, os
representantes do IET manifestaron que eles non sabían nada disto pero
que, en todo caso, na mesa xeral exporían o mesmo que fixeron hoxe, coa
salvedade de que intentarían ter corrixida a proposta de RPT segundo as
alegacións que lles manifestamos nesta xuntanza.
|
2012/05/10
PROPOSTA DE RPT DO INSITITUTO DO ESTUDOS DO TERRITORIO
| Proposta de RPT do Instituto de Estudos do Territorio |
| Nacional - RPT e estrutura |
| Escrito por Anxo Anta |
| Luns, 07 Maio 2012 11:23 |
Achéganos
a Administración a documentación da proposta da relación de postos de
traballo do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Esta negociación vai en tempo
record xa que nos cahegaron a documentación por correo electrónico o día
7 para unha xuntanza o día 9 e teñen intención de convocar na mesma semana a mesa xeral. Outra negociación exprés... Incorporado á convocatoria da Mesa Xeral do 11 de maio.
Descargar documentación |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
