A proposta feita a todas as forzas políticas polo PSdeG o pasado 6 de febreiro para un PACTO POLO TERRITORIO consta de 7 propostas concretas, nas cales a número 4 fai referencia ao Instituto de Estudos do Territorio:
4.Co obxecto de crear e manter un espazo de debate e reflexión para o deseño das políticas territoriais, as forzas políticas pactarán a composición do Instituto de Estudos do Territorio, dotando ao mesmo de recursos humanos e económicos para convertelo nun foro multidisciplinar e pluriinstitucional que permita o debate sosegado e cunha perspectiva temporal ampla.
20100206 - Proposta do PSdeG para un PACTO POLO TERRITORIO. (xornalgalicia.com)
2010/03/23
DOCUMENTACIÓN E NOVAS A TER EN CONTA NA DISOLUCIÓN DE SODECO
.
.
.- 19951205 - Lei 10/1995, do 23 novembro, de ordenación do territorio de Galicia.
- 19960719 - Lei 7/1996, do 10 de xullo, de desenvolvemento comarcal.
- 19990826 - Anuncio público de convocatoria de prazas. SODECO
- 20001229 - Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo.(Creación de Agader)
- 20010420 - Decreto 79/2001, do 6 de abril, polo que se aproba o Regulamento da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
- 20070516 - Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia.
- 20081020 - Resolución do 20 de outubro de 2008, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.
- 20081217 -Lei 12/2008, do 3 de decembro, pola que se modifican a Lei 7/1996, do 10 de xullo,
de desenvolvemento comarcal, e a Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, e se racionalizan os instrumentos de xestión comarcal e de desenvolvemento rural. - 20100206 - El PSdeG propone un pacto por el territorio que dure al menos 30 años (xornal.com)
- 20100206 - Os socialistas galegos consideramos que a ordenación do territorio é unha das cuestións fundamentais que se deben abordar no noso país. (xornalgalicia.com)
- 20100219 - Feijóo ve ‘puntos de encuentro’ para un pacto territorial tras la propuesta del PSdeG, que propone una mayoría reforzada. (Atlántico Diario)
- 20100317 - Proposta 1 de reordenacion da administracion galega_do Grupo parlamentario Popular de Galicia
- 20100317 - resolucions aprobadas da proposta 1 no debate xeral de politica anual
- 20100318 - Borrador do Anteproxecto de lei.
- 20100318 - Consenso para reorganizar el sector público y suprimir entes duplicados. (La Voz de Galicia)
- 20100318 - PP y PSdeG dejan en un ʹlimboʹ Touriñán y pactan la Lei do Solo. (El Correo Gallego)
- 20100320 - A Xunta reorganizará os seus entes de desenvolvemento rural cunha nova lei que busca unha maior eficiencia e austeridade. (Xunta.es)
- 20100320 - El proyecto de Ley que integrará las funciones de Bantegal y Sodeco en Agader irá a Consello da Xunta en un mes. (La Region)
- 20100321 - Medio Rural reestructura la gestión comarcal y prevé la contratación laboral de 33 gerentes de las fundaciones. (La Voz de Galicia)
- 20100323 - Marcha atrás del PSdeG en su respaldo a la Lei do Solo (El Correo Gallego)
- 20100323 - Pachi Vázquez cede a la presión de los críticos y se aleja de la Lei do Solo (La Voz de Galicia)
- 20100406 - As consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural reorganizarán o sistema de información territorial para optimizar o seu funcionamento (Xunta.es)
- 20100406 - Propostas de modificación e solicitudes de aclaración ao borrador de anteproxecto de lei entregado o 18 de marzo de 2010
- 20100422 - El Gobierno gallego abre el proceso para eliminar mas de 30 entes y ahorrar de 8 a 10 millones año (La Voz de Galicia)
- 20100422 - Tijeretazo de Fiejoo a mas de la mitad de los chiringuitos de la Xunta (El Correo Gallego)
- 20100422 - A Xunta levará a cabo unha ambiciosa reforma da súa administración paralela coa supresión ou refundición de 46 organismos (Consello da Xunta)
- 20100427 - Cronicas del Territorio. Las comarcas y otras cosas. Andrés Precedo Ledo (La Voz de galicia)
- 20100623 - Informe desfavorable
- 20100623 - Alegacións Comité de empresa
- 20100624 - Anteproxesto de "Lei Agader"
2010/03/18
BORRADOR DO ANTEPROXECTO DE LEI
.
Borrador do anteproxecto de Lei, pola que se modifica a Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo e se organizan os intrumentos de xestión da Xunta de Galicia no eido do desenvolvemento rural.
.
Borrador do anteproxecto de Lei, pola que se modifica a Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo e se organizan os intrumentos de xestión da Xunta de Galicia no eido do desenvolvemento rural.
.
2010/03/17
NOTA INFORMATIVA COMITE DE EMPRESA 17 DE MARZO DE 2010
.
O borrador do Anteproxecto de Modificación da Lei 12/2008 xa está a piques de ser rematado e será entregado a este Comité mañá xoves 18 para a emisión do preceptivo informe. En canto o teñamos se vos facilitará para a súa análise.
O Conselleiro Delegado adiantou os seguintes contidos:
- Mantéñense todos os postos de traballo, tanto indefinidos como eventuais, mantendo todas as condicións laborais actuais.
- Establécese a disolución de SODECO, Fundacións Comarcais e BANTEGAL.
- O persoal de SODECO (a excepción da Subdirección SITGA), das Fundacións Comarcais e do BANTEGAL integrarase en AGADER.
- O persoal da subdirección SITGA integrarase no Instituto de Estudos do Territorio, dependente da Consellería de Medio Ambiente.
Anotación da CIG:
Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia. "Instituto de Estudos do Territorio"
Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
2010/03/05
MANIFESTACIÓN CIG 10 DE MARZO
Fonte: Xornal dixital Avantar. 9 de marzo de 2010
A CIG celebra o 10 de Marzo, 'Día da Clase Obreira Galega' con mobilizacións nas sete cidades
Baixo o lema “O emprego, os salarios e as pensións deféndense loitando”
Diante das alternativas que se están a barallar por parte dos gobernos central e galego para atallar a crise económica, “a conta dun sacrificio enorme por parte da maioría social, que son os traballadores/as, mentres que aqueles que a provocaron van saír de rositas”, a CIG acordou darlle un carácter máis mobilizador a este 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega. Por iso, este ano convocará manifestacións nas sete cidades do país baixo o lema “O emprego, os salarios e as pensións deféndese loitando”. Ademais, celebrará, por cuarto ano consecutivo, o Premio do Día da Clase Obreira Galega, nun acto que terá lugar, en Compostela, o día 9 de marzo.
Emprego, salarios e reforma das pensións son algúns dos aspectos nos que a CIG centrará as mobilizacións do vindeiro 10 de Marzo. Xunto a isto e alén de presentar as súas alternativas, a central sindical denunciará as políticas que se están a seguir por parte dos gobernos, tanto central como galego, “coa complicidade das centrais sindicais estatais”. Así o explicou Suso Seixo, secretario xeral, na rolda de prensa convocada para explicar en que consistirá a campaña do Día da Clase Obreira Galega.
Seixo lembrou que ao comezo da crise, a CIG xa adiantaba que a saída podía darse por dúas vías, incidindo aínda máis en medidas neoliberais ou apostando por un modelo socioeconómico máis solidario, xusto e democrático. Lamentablemente, o primeiro “é o modelo que se está a seguir por parte dos gobernos, coa connivencia das centrais sindicais estatais. Non hai máis que ver o que está a ocorrer coa reforma laboral e co pacto salarial a nivel de estado, que supón na práctica un recorte de salario para os próximos 3 anos”.
O secretario xeral da CIG denunciou que a crise económica viu motivada polo fomento dunha economía especulativa que “xerou enorme lucro para os oligarcas e especuladores nos mercados financeiros”. Porén, a idea que se está a transmitir é que a saída da mesma “está na reforma laboral e no recorte de salarios”. Por iso, afirmou que “somos profundamente críticos co que se está a facer e hai que mobilizarse porque de darse algún tipo de reforma no mercado laboral, tería que ser para acabar cos altos índices de temporalidade e de precariedade e nunca para abaratar o despedimento”.
Alternativas
Fronte a isto, a CIG aposta por unha política de mellora do poder adquisitivo dos salarios, porque entende que unha das causas fundamentais da crise económica está en que “nos últimos anos os salarios perderon peso no PIB e os traballadores e traballadoras moito poder adquisitivo”. Segundo Seixo, entre mentres, incrementáronse os beneficios empresariais, que foron destinados, nunha grande parte, a especular nos mercados financeiros, no canto de destinarse a crear ou potenciar o tecido produtivo. “A recuperación da actividade económica vai vir pola vía de recuperar a capacidade adquisitiva dos salarios. Polo tanto calquera pacto de contención salarial vai en contra de favorecer a recuperación económica”, explicou.
A CIG tamén aposta por incrementar o gasto público, fronte o recorte anunciado, para investir en servizos públicos, servizos de asistencia social, I+D ou apoiar o tecido produtivo; facer unha reforma profunda da política fiscal, incrementando os impostos ás rendas máis altas, recuperando o imposto de patrimonio, perseguindo a fraude fiscal e eliminando os paraísos fiscais. “Así pódese rematar co déficit público e non cunha política de impostos indirectos ou recortando os impostos ás grandes fortunas”.
O secretario xeral da CIG tamén manifestou a aposta da central sindical por unha política de intervención pública nos sectores estratéxicos, “sectores claves na economía como son o sector financeiro, o enerxético ou o das telecomunicacións, que son profundamente especulativos. Porque a única maneira de cortar con esa especulación e coa xeración permanente de burbullas é a través da intervención pública”. E coa creación dunha banca pública que canalice recursos cara o tecido produtivo e cara as familias. “A banca privada o que está a facer co diñeiro barato que lle están proporcionando os bancos centrais, é dedicarse a especular nos mercados financeiros pero non os están canalizando cara o tecido produtivo. O problema da pequena e mediana empresa non está na reforma do mercado laboral, senón na falta de liquidez e nas dificultades que ten para acceder ao crédito”
Para a CIG, “estas son as políticas que non se están a seguir por parte do goberno e polas que temos que manifestarnos na rúa. Mentres non sexa así cremos que a saída á crise económica non é real e á volta dun breve período volveremos atoparnos na mesma situación”.
O papel da Xunta de Galiza
Suso Seixo, malia recoñecer que hai unha serie de materias clave como a política fiscal e financeira, nas que a Xunta de Galiza non ten competencias, si denunciou que o goberno galego non pode adoptar a actitude de “pasar” intentando que sexa o goberno central quen presente todas as alternativas. “É tremendamente criticábel o que están a facer nese sentido e en todo o que ten que ver cos servizos públicos e cos servizos de asistencia social, fundamentais para a calidade de vida dos galegos e galegas, pero tamén para a xeración de emprego”.
Mobilizacións
- A Coruña: Ás 20:00 horas da Praza da Palloza
- Compostela: Ás 20:00 horas da Praza Roxa
- Lugo: Ás 20:00 horas da Ronda da Muralla (local CIG)
- Ferrol: Ás 20:00 horas da Avda de Esteiro (local CIG)
- Ourense: Ás 20:00 horas, do Pavillón dos Remedios
- Pontevedra: Ás 20:30 horas da Praza da Ferrería
- Vigo: Saída ás 20:00 h da Vía Norte
Premio do Día da Clase Obreira Galega
O día 9 de marzo celebrarase o acto de entrega do Premio do Día da Clase Obreira Galega, no marco dun xantar de confraternidade que terá lugar en Compostela. Desde a CIG concíbese este agasallo como unha forma de recoñecer o conflito ou o sector que, coa súa mobilización, teña contribuído a dignificar a loita polos dereitos da clase traballadora.
Entregaranse ademais uns pergamiños de recoñecemento a sobranceiros/as militantes sindicais que contribuíron a desenvolver, ampliar e consolidar o sindicalismo nacionalista.
Cómpre lembrar que o 10 de marzo a CIG conmemora a histórica defensa da liberdade e dos dereitos laborais dos traballadores e traballadoras galegos que, no ano 1972, se enfrontaron ao fascismo e, nomeadamente, a Amador e Daniel, que foron asasinados pola ditadura franquista polo simple feito de defenderen, xunto cos seus compañeiros, a súa dignidade, como traballadores e como galegos.
Fonte: Xornal dixital Avantar. 9 de marzo de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
